Noticias

Aumenta el paro en Galicia durante el mes de diciembre de 2015 y se sitúa como la comunidad en la que más sube el desempleo

Según el Ministerio de Empleo y Seguridad Social, el paro aumenta en diciembre en Galicia, aunque desciende en el conjunto del año 2015. Es la comunidad autónoma en la que más se incrementa el paro en el último mes, registrándose 228.808 desempleados a finales de diciembre de 2015. Una cifra que implica un aumento de 3.650 personas sin empleo, un 1.62% más que en el mes anterior. La Xunta dice que Galicia registra niveles de paro inferiores a los de hace 5 años y los sindicatos hablan de datos "pésimos".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Galicia cerró 2015 con 23.110 personas desempleadas menos que en diciembre de 2014. Así lo destacó la secretaria general de Empleo, Covadonga Toca, quien señaló que el paro registrado en la evolución interanual —de diciembre a diciembre— descendió en un -9,17%.

Esto supone un comportamiento mejor que el promedio del Estado, ya que Galicia baja 1,21 puntos más que España, que cerró el año con una bajada de -7,96%. Gracias a esta evolución, Toca afirmó que "nuestra Comunidad se sitúa a niveles de paro inferiores a los de diciembre de 2010, es decir, de hace 5 años”.

Galicia mantiene esta buena evolución interanual del paro registrado, pese la que en el dato intermensual (diciembre con respecto a noviembre) crece en un 1,6%. En este sentido, la secretaria general de Empleo explicó que diciembre es un mes en el que se producen ascensos del paro registrado durante toda la serie histórica, es decir, en todas las estadísticas publicadas desde 1996, factor que también tiene que ver con que el turismo en esta época del año en Galicia no tiene impacto sobre la creación de empleo como en otras comunidades, como pueden ser Cataluña, Madrid, Canarias y Andalucía.

Con respeto a los datos por provinciales, al cierre de 2015 todas redujeron el numero de personas desempleadas. A Coruña registró una bajada con respeto al 2014 de -9,38%; Lugo un descenso de -9,01%; Ourense un -7,63% y Pontevedra bajó un -9,43%.

Además, Toca afirmó que desde noviembre de 2013 es a vigésimo sexta bajada interanual consecutiva del paro registrado que experimenta nuestra Comunidad, al tiempo que señaló que por “tercero año consecutivo logra reducirse el paro en un mes de diciembre de manera interanual”. De hecho, la reducción de este año es la mayor de las tres producidas. Hace falta destacar, asimismo, que esta reducción interanual es la mayor de toda la serie histórica en términos y la tercera en términos relativos.

En la evolución de los contratos, es preciso señalar que Galicia cierra el año con 9.552 contratos más, lo que supone un incremento del 16,16%. En el conjunto del Estado, la subida fue de un 15,23%. La afiliación interanual aumenta en Galicia en un 2,12%, esto es, 19.641 afiliaciones más. Ya son 21 subidas consecutivas desde el mes de abril de 2014, en las que Galicia registra una interanual positiva en tener de afiliación a la Seguridad Social. Esto, según destacó Toca, quiere decir que el crecimiento se está consolidando.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de CC.OO-Galicia:

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) considera que os «pésimos» datos do paro en Galicia son «o reflexo da teima de Feijóo nos axustes». Segundo as cifras do paro rexistrado de decembro, a comunidade autónoma galega encabeza os postos de destrución de emprego no último mes, mentres que no conxunto do Estado si se crearon postos de traballo.

A secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza, lembra que o sindicato leva varias semanas denunciando que os orzamentos da Xunta para o ano 2016 non son os adecuados para saír da crise. Con todo, a sindicalista considera que «aínda cabe modificalos na execución».

Hoxe en día, o desemprego, a precariedade e a desprotección son os «principais problemas» de Galicia, afirma a sindicalista. Para lles atopar solución, «cómpre situar as persoas no centro das políticas», sinala Bouza. Porén, as persoas non son a prioridade da política do PPdG, malia que «son as persoas as que seguen pagando os efectos da crise», sentencia.

Bouza atribúe a destrución de emprego en Galicia a que os sectores produtivos básicos están «abandonados» e a que se seguiu apostando pola construción e os servizos de baixa calidade e pouco valor engadido, que continúan a ser unha «sangría» de postos de traballo. «Xa no verán advertimos da fraxilidade do emprego creado nos últimos meses e da ausencia de políticas para corrixir a situación; o tempo, por desgraza, dános a razón», insiste a sindicalista.

En decembro, novamente Galicia rexistrou un incremento do paro, mentres que no estado baixou. A nosa comunidade encabeza a suba do paro. Segundo os datos publicados, no mes de decembro había 228.808 persoas desempregadas inscritas nas oficinas do servizo público de emprego (106.824 homes e 121.984 mulleres). Dese total, 11.360 son menores de 25 anos (o 5 % das persoas desempregadas).

O paro rexistrado sobe por cuarto mes consecutivo en Galicia: había 3.650 persoas máis en paro ca no mes de novembro, o que equivale a unha suba do 1,62 %. Pola contra, na media estatal baixou un 1,34 % (en cifras absolutas, son 55.790 persoas paradas menos). A suba céntrase nos homes (4.115 máis fronte a 465 paradas menos) e nas persoas de 25 ou máis anos (3.918 máis fronte a 268 menos menores de 25 anos).

O paro rexistrado sobe en todos os sectores de actividade agás no colectivo sen emprego anterior (336 persoas paradas menos). Hai 2.095 persoas paradas máis na construción, 1.318 na industria, 459 no sector primario e 114 nos servizos.

Desde decembro de 2014, o desemprego baixou en 23.110 persoas (−9,17 %). O paro rexistrado diminúe máis nos homes ca nas mulleres (14.568 parados menos fronte a 8.542 paradas menos); de feito, a redución do desemprego por sectores é xeneralizada pero, en proporción, é máis intensa na construción (−17,71 %) e na industria (−16,23 %).

En decembro, rexístranse demasiados contratos temporais: 64.241 (o 93,58 % do total) fronte a só 4.405 indefinidos (o 6,42 % do total). A contratación indefinida baixa tanto na comparación mensual (874 indefinidos menos fronte a 1.450 temporais máis) coma na anual (39 indefinidos menos fronte a 9.591 temporais máis).

Outro mes máis volve caer a afiliación media á seguridade social na nosa comunidade autónoma (—0,32 %) e, pola contra, na media estatal sobe un 0,50 %. En termos anuais, a afiliación á seguridade social avanza menos en Galicia ca no conxunto do estado: un 2,12 % fronte ao 3,18 %.

O pasado mes de decembro había 946.122 afiliacións á seguridade social. Son unhas 3.000 menos ca no mes anterior: 2.537 menos no réxime xeral, 215 menos no de autónomos e 258 menos no do mar.

Desde decembro de 2014 hai 19.641 afiliacións máis, pero ese incremento non é xeneralizado. Por réximes, a cifra de afiliación baixa no do mar (766 menos), no de autónomos (257 menos) e no do fogar (42 menos). Ademais, baixa moito máis o paro rexistrado do que se incrementa a afiliación á seguridade social (23.110 persoas menos en paro fronte a 19.641 afiliacións máis) e entre as causas que o explican poden estar a emigración e a retirada do mercado laboral de persoas desanimadas pola falta de oportunidades.

No mes de novembro de 2015 había 110.815 persoas a cobraren unha prestación por desemprego, son 17.636 menos que hai un ano, e a situación agrávase porque hai máis percibindo un subsidio por desemprego que unha prestación contributiva. A súa repartición é a seguinte: 52.757 percibían un subsidio por desemprego, 45.279 contributivas, 11.839 a renda activa de inserción e 940 correspondían ao programa de activación de emprego.

A cobertura do sistema de protección por desemprego durante o mes de novembro de 2015 foi do 53,6 %, mentres que un ano antes era do 56,3 %. Polo tanto, en Galicia hai máis de 95.000 persoas paradas que teñen experiencia laboral pero non cobran prestacións por desemprego.

R., 2016-01-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma.JPG) O Proxecto Xenoma Galicia, que procura detectar variantes de risco para enfermidades hereditarias graves como o cancro de mama e ovario, a síndrome de Lynch ou a hipercolesterolemia familiar, xa permitiu detectar 42 persoas positivas entre as 2.504 mostras que se levan analizado. Este programa pioneiro de cribado xenético acada 2.504 mostras analizadas ata o de agora dos 4.261 participantes reclutados ata o momento, rexistrando unha taxa de positividade do 1,7 %. En decembro do ano 2024, botaba a andar o programa coa posta en marcha de dúas probas piloto, consistentes na recollida de mostras de sangue e de saliva.
Foto de la tercera plana (festaclown-2026.jpeg) O Festaclown volve a converter Vilagarcía de Arousa nun dos puntos de referencia do circo e das artes de rúa en Galicia, entre o 17 ao 22 de agosto, cunha programación que nesta edición reforza especialmente a súa dimensión internacional e o seu compromiso coa inclusión. Compañías e artistas procedentes de Colombia, Arxentina e Australia compartirán cartel con destacadas formacións galegas e do resto do Estado nun programa para todos os públicos que se desenvolverá fundamentalmente ao aire libre en rúas, parques e prazas da cidade.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corresponde á USC, á Universidade de Cambridge e ó Instituto Colombiano de Antropología e Historia.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES