Noticias

Las fuerzas políticas gallegas analizan los resultados de las elecciones generales del 20D pensando en las autonómicas de 2016

Los resultados obtenidos por las distintas fuerzas políticas en las elecciones generales del 20D lleva a sus responsables a plantear las claves de sus análisis pensando en los comicios autonómicos a la Presidencia de la Xunta previstos para 2016. En Galicia, el PPdeG logra la mayoría absoluta en más de un tercio de los ayuntamientos, el PSdeG es primera fuerza en 18 y NÓS-Candidatura Galega sólo lidera en Vilar dos Santos (Ourense). En Marea logra subir en las principales ciudades gallegas, excepto en Compostela.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou que no PPdeG “imos seguir traballando con reformas e con renovacións de persoas, equipos e actitudes na esperanza de que no futuro próximo os resultados tendan a mellorar e consolidar a estabilidade dun Goberno en Galicia”. Puy puxo de manifesto a “preocupación pola gobernabilidade do país” cos resultados das eleccións xerais celebradas onte, “logo da irrupción no Congreso de forzas populistas que se suman a formacións con clara intencionalidade de superar a ordenación territorial do Estado que ven na Constitución”.

Puy subliñou que o PPdeG “tiña unha tendencia á baixa que rematou nas eleccións europeas e neste momento estamos remontando”. Neste sentido, explicou que esta situación “ten que ver non só coa renovación de persoas, senón tamén das políticas” e avogou por “perseverar nunha liña que nos permite recuperarnos e ganar confianza”.

“Algunhas das circunstancias que fixeron abandonar o Partido Popular a moitos electores nas eleccións xerais son circunstancias que non acompañan ao goberno de Galicia nin ao PP de Galicia”, indicou o portavoz popular, quen reiterou que “o PP ten un maior arraigo en Galicia e nos últimos procesos electorais hai unha tendencia á alza”.

Respecto dos resultados electorais, Pedro Puy indicou que “a irrupción de forzas populistas e outras que queren unha reforma radical da Constitución fan moi difícil acadar un goberno estable, ben sexa liderado polo centro-dereita como pola esquerda”.

Puy explicou que das eleccións xerais xurdiu “unha amplísima maioría” no Parlamento español, integrada polos representantes do PP, PSOE e Cidadáns, que defende a continuidade das políticas económicas e o compromiso co cumprimento dos tratados europeos; a unidade de España; ou a loita internacional contra o terrorismo. “Estamos a falar do 64 por cento dos votos e de 244 deputados sobre 350 que comparten esta visión, fronte aos 90 escanos e o 26 por cento do voto que cuestionan as políticas europeas de estabilidade, que formulan referendos soberanistas ou de independencia; ou que manifestan dúbidas en relación á unión na loita contra o terrorismo”, apuntou.

“O país ten unha ampla maioría que debería dar moita estabilidade ás políticas económicas internacionais e no terreo da ordenación do poder a nivel territorial en España”, porén “temos unha posibilidade amplísima de que o goberno sexa inestable”. Segundo Puy, esta situación xa está a repercutir no día de hoxe na suba da prima de risco ou na baixada do valor dos activos que cotizan no mercado bursátil.

Así mesmo, Puy subliñou que “mentres que o PP segue a ser o partido hexemónico no centro-dereita, na esquerda hai dúas forzas moi igualadas”, polo que de cara ao futuro goberno vaticinou que “a decisión que debe tomar o partido socialista é moi complicada”.

“A situación é complicada e dáse o paradoxo de que hai unha amplísima maioría que coincide nas grandes políticas do país, en favor da construción europea, da unidade de España ou da loita contra o terrorismo, pero é difícil que se permita configurar unha maioría estable de goberno”, engadiu.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

O grupo de deputados e deputadas do Congreso e senador e senadora de En Marea electos agradeceron o histórico apoio acadado da cidadanía que fixo posible que Galicia teña por primeira vez na historia da democracia, grupo parlamentar propio no Congreso dos Deputados. Un apoio que deixou clara a vontade de cambio e que confirma que o camiño de En Marea é o que estaba a reclamar a xente do noso país. Unha candidatura que durante a campaña afirmouse “é a que máis se parece a este país” e que onte quedou demostrado.

O deputado electo pola Coruña, Antón Gómez-Reino, resaltou o papel de En Marea como impulsor dun novo xeito de facer político, unha ferramenta que vai continuar vendo nas vindeiras eleccións municipais. “Espazos como En Marea é o motor fundamental para desbancar ao Partido Popular da Xunta de Galicia en 2016 tamén”. “A sociedade galega expresou unha clara vontade de cambio” destacou Gómez-Reino.

A deputada electa por Pontevedra, Alexandra Fernández, pola súa banda remarcou un dos cambios fundamentais que xa se puxo de manifesto nas eleccións xerais de onte nas que “a xente votou con ilusión, non tivo que tapar o nariz cando depositou o seu voto, foi un voto convencido e con ilusión percibíase na rúa”. Así mesmo, resaltou igualmente que “hai que avanzar no cambio para que o vindeiro ano chegue tamén á Xunta” cunha ferramenta innovadora na que a cooperación, aglutinadora de organizacións políticas e xente non militante cun xeito de facer política desde abaixo.

O seguinte en falar foi o deputado electo ao Congreso por Lugo, Miguel Anxo Fernán-Vello, salientou que En Marea “no plano histórico logrou nesta segunda volga o que faltaba, por fin Lugo ten un deputado nacionalista, internacionalista e de esquerda”. “A intelixencia colectiva do noso país, a conciencia colectiva e activa falou democraticamente por un cambio no Estado e tamén en Galicia”.

Pola súa banda, o deputado electo pola provincia de Ourense, David Bruzos asegurou que hai 30 anos que non existe voz alternativa ao bipartidismo en Ourense e afirmou que con estas eleccións “comeza a decandecia do baltarismo” e da paso ao traballo de En Marea para recuperar o emprego, un medio rural vivo e rexenerar democraticamente este país.

A seguinte en intervir foi Ángela Rodríguez, segunda deputada electa de En Marea por Pontevedra ao Congreso, que afirmou que “estamos ante un resultado histórico que supón o primeiro paso para recuperar as institucións para a cidadanía, e gobernar para unha maioría social que ata agora non estaba representada no Goberno do Estado”.

Yolanda Díaz, segunda deputada electa de En Marea pola Coruña, anunciou que En Marea “vai debuxar a Galicia do século XXI”. Así comprometeuse a que unha das primeiras iniciativas que impulsará o grupo no Congreso estará orientada a defensa dos sectores produtivos galegos para que a xente deixe de emigrar e reivindicou a confluencia da esquerda como o único camiño para acabar co goberno do PP nas vindeiras eleccións autonómicas”.

O senador electo pola Coruña, José Maria García Buitrón, centrou o seu discurso en salientar o traballo que En Marea levará a cabo para cambiar “unha Cámara obsoleta como é o Senado para deixe de ser un retiro de elefantes”.

Por último, a senadora electa María Vanesa Angustia, incidiu no momento histórico para Galicia que por fin vai chegar con voz propia ao Senado para dignificar a institución e agradeceu de xeito especial a ilusión manifestada polo cambio e en concreto a “todas as mulleres que onte foron votar”. Así mesmo salientou a paridade da representación de En Marea nas dúas Cámaras.

Con todo isto, as mulleres e homes que conformarán o grupo parlamentario de En Marea parar o Congreso e no Senado comprometéronse a poñer por diante de todo os intereses de Galicia en todo momento, estando a disposición da cidadanía desde este mesmo momento.

Fotografía: gráfico CRTVG

R., 2015-12-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran-calor-ferrol.jpg) Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
Foto de la tercera plana (deporte-remo.jpg) O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corre a cargo dun equipo integrado por persoal investigador da USC, da Universidade de Cambridge e do Instituto Colombiano de Antropología e Historia (ICANH).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES