Noticias

Os orzamentos da Xunta para 2016 inclúen a rebaixa fiscal máis importante da historia da autonomía

Os Orzamentos da Xunta para 2016, os primeiros expansivos desde 2008, inclúen tamén a rebaixa fiscal máis importante da historia da Autonomía. As contas públicas incluirán beneficios fiscais para familias, fogares e empresas por un importe de 364 millóns de euros, o que supón un aumento do 13,3% respecto ao actual exercicio.

Co deseño dos orzamentos para 2016, a Xunta de Galicia prioriza as estratexias económico-sociais para a segunda parte da década, onde o emprego, o benestar social, sectores prioritarios da economía e a cultura e o entorno dixital concentran as liñas de acción básicas. A Xunta disporá o vindeiro ano de 430 millóns de euros máis, polo incremento dos ingresos e polo aforro nos xuros da débeda.

A rebaixa fiscal será a máis importante da historia da Autonomía. Entre outras medidas, os Orzamentos da Xunta para 2016 incluirán beneficios fiscais para familias, fogares e empresas por un importe de 364 millóns de euros, o que supón un aumento do 13,3% respecto ao actual exercicio. Os beneficios fiscais son unha estimación do impacto sobre os tributos autonómicos das medidas de política económica e social da Xunta. Os beneficios fiscais aumentan un 13,3% e chegan ata os 364 millóns de euros, o que permitirá incrementar a renda dispoñible das familias galegas. Do total de beneficios fiscais en 2016, preto do 90% son beneficios de carácter social. Ademais, a previsión macroeconómica do Goberno galego inclúe unha revisión á alza da taxa de PIB para 2016 e unha baixada de 1,8 puntos na taxa de paro.

Estes Orzamentos teñen, ademáis, como prioridade a aposta polo emprego e o aumento dos investimentos, ao tempo que reforzan o gasto social e reducen o déficit e a débeda. Ademais, isto coincidirá cunha aceleración da recuperación económica –o PIB galego medrará en 2016 un 2,5%, unha décima máis do estimado-, mentres que a taxa de desemprego seguirá baixando e reducirase case dous puntos.

Polo que se refire ao gasto social, a Xunta elévao en 282 millóns dos que preto de 200 irán destinados a sanidade e educación. Galicia destinará en 2016 324 millóns no capítulo de Dependencia, e eleva a 53 millóns a partida da RISGA. E porá en marcha medidas como a achega de 100 euros por neno nado a partir do 1 de xaneiro e o Servizo de axuda no fogar. No tocante ás melloras no tecido industrial, os Orzamentos para 2016 elevan un 14% os investimentos, que chegan aos 1.417 millóns de euros, e destinan 100 millóns no apoio á industrialización e a internacionalización, mentres que as partidas para crecemento intelixente aumentan un 8,1%. O Goberno galego eleva un 15% as partidas para políticas activas de emprego, prestando especial atención a colectivos como os emprendedores ou os parados de longa duración.

En sectores estratéxicos da economía galega, como o ámbito rural, a Xunta completa un programa de impostos cero para favorecer a actividade neste eido. Así, ningunha transmisión de fincas en solo rústico pagará imposto de transmisións patrimoniais; deixará de tributar a transmisión ou ampliación de explotacións agrarias; e as agrupacións de fincas rústicas tampouco tributarán en AXD. No IRPF, aplicarase unha rebaixa de carácter progresivo que vai beneficiar ao 98,5% dos contribuíntes galegos, cun aforro de ata 380 euros ao ano. Esta rebaixa será maior nas rendas baixas e medias, e situará Galicia entre as comunidades coa menor tributación. En canto ao Imposto sobre Sucesións, desde o 1 de Xaneiro de 2016, a Xunta elevará a 400.000 euros o mínimo exento de tributación para que o 99% dos galegos non paguen este imposto cando herden como fillos, pais, avós, netos ou cónxuxes, e o 1% restante pagará menos.

APOSTA POLO REEQUILIBRIO TERRITORIAL

A Administración galega investirá 725 euros por habitante en Lugo e 688 euros en Ourense, seguidos dos 502 na Coruña e os 460 de Pontevedra. O obxectivo é afondar no reequilibrio territorial entre as provincias orientais e as atlánticas.

As de 2016 serán as primeiras contas expansivas da Administración galega dende 2008, de xeito que a Xunta disporá o vindeiro ano de 430 millóns de euros máis que no actual exercicio, o que permitirá elevar os investimentos produtivos e trasladar a recuperación económica a todos os fogares a través de novas medidas sociais e baixadas de impostos. O gasto non financeiro situarase en 8.804 millóns de euros, un 4,3% máis. En canto ao gasto por consellerías, os departamentos con máis dotación son Sanidade (3.513 millóns) e Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (2.249). Política Social contará con 620 millóns, e Medio Rural terá 505, mentres que o resto distribúese entre Economía, Emprego e Industria (403); Infraestruturas e Vivenda (340); Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (253); a Presidencia da Xunta (169); Mar (129); Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (109) e Facenda (53).

PLAN ESTRATÉXICO 2015-2020

Os Orzamentos da Xunta para 2016 conectan os eixes prioritarios do Plan Estratéxico 2015-2020 e dan prioridade ás políticas sociais contempladas de xeito preferente no eixe 1 (empregabilidade e crecemento intelixente) e o eixe 2 (benestar e cohesión social) que concentran máis de 7.000 millóns de euros. O eixe 3 (crecemento sustentable, territorio, mar, agricultura, gandería e montes) contará con 933 millóns, e o eixe 4 (sociedade dixital, lingua e cultura) terá 434 millóns. Ao eixe instrumental –administración moderna, eficiente e de calidade- asígnanse 179 millóns de euros.

O documento íntegro sobre os orzamentos pódese consultar neste enlace.

R., 2015-12-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma.JPG) O Proxecto Xenoma Galicia, que procura detectar variantes de risco para enfermidades hereditarias graves como o cancro de mama e ovario, a síndrome de Lynch ou a hipercolesterolemia familiar, xa permitiu detectar 42 persoas positivas entre as 2.504 mostras que se levan analizado. Este programa pioneiro de cribado xenético acada 2.504 mostras analizadas ata o de agora dos 4.261 participantes reclutados ata o momento, rexistrando unha taxa de positividade do 1,7 %. En decembro do ano 2024, botaba a andar o programa coa posta en marcha de dúas probas piloto, consistentes na recollida de mostras de sangue e de saliva.
Foto de la tercera plana (festaclown-2026.jpeg) O Festaclown volve a converter Vilagarcía de Arousa nun dos puntos de referencia do circo e das artes de rúa en Galicia, entre o 17 ao 22 de agosto, cunha programación que nesta edición reforza especialmente a súa dimensión internacional e o seu compromiso coa inclusión. Compañías e artistas procedentes de Colombia, Arxentina e Australia compartirán cartel con destacadas formacións galegas e do resto do Estado nun programa para todos os públicos que se desenvolverá fundamentalmente ao aire libre en rúas, parques e prazas da cidade.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corresponde á USC, á Universidade de Cambridge e ó Instituto Colombiano de Antropología e Historia.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES