Noticias

Núñez Feijóo relativiza la denuncia contra Baltar pero garantiza prudencia y firmeza. La oposición abandona el Parlamento gallego pidiendo la dimisión del presidente ourensano

Diputados de BNG, AGE, PSdeG y Grupo Mixto abandonan el hemiciclo durante el debate en el Parlamento de Galicia en señal de protesta por la respuesta del presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ante el "caso Baltar". Feijóo relativiza la denuncia contra el presidente de la Diputación Provincial de Ourense y garantiza "prudencia y firmeza" para afrontar el caso. El BNG acusa a Feijóo de actuar "de encubridor de un caso de acoso sexual" y el PPdeG, a través de Alfonso Rueda, habla de "demagogia" de la oposición.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

O Grupo parlamentario do BNG concentrado ás portas do Parlamento galego pide a dimisión do Presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar. O grupo parlamentario do BNG exhibe un cartaz baixo o lema “Baltar dimisión, Feijóo cómplice” ante as portas do Parlamento galego, minutos antes de dar comezo a sesión plenaria na que o BNG non pode formular a pregunta ao Presidente pola reforma do regulamento da Cámara.

O portavoz do grupo parlamentario, Francisco Jorquera acusou ao Presidente da Xunta de actuar como “encubridor dun caso de acoso sexual e violencia machista” e esixiu, que como Presidente da Xunta e do Partido Popular de Galicia, “inicie os trámites para a expulsión de Baltar e a súa dimisión como Presidente da Deputación”.

Jorquera explicou que as gravacións demostran claramente que Baltar “solicitou favores sexuais” a cambio de promesas de colocación na Deputación de Ourense, onde, por outra parte, dixo, son habituais as prácticas de “nepotismo”. O parlamentario lembrou as declaracións do Presidente da Xunta nas que afirmaba que “unha muller quixo que Baltar delinquise e non delinquiu”, manifestacións que ao seu entender, sitúan a Feijóo como “cómplice” dun caso de acoso sexual”. O deputado esixiu ao Presidente da Galiza e Presidente do Partido popular de Galiza que rectifique e deixe de ser “cómplice e encubridor dun caso evidente de violencia machista”.

A resposta de Feijóo ás preguntas formuladas polo Grupo Mixto, AGE e PSOE relacionadas coa denuncia contra o Presidente da Deputación de Ourense provocaron o abandono dos grupos da oposición do hemiciclo. O BNG mostrou a súa “indignación” pola resposta de Feijóo que comezou a súa intervención argumentando que para el o problema máis importante de Galiza é o desemprego.

Tras o abandono do hemiciclo, a deputada do BNG, Carme Adán asegurou que tiña moi claro que a denuncia contra Baltar esixía a súa dimisión pero despois de escoitar ao Presidente da Xunta “Feijóo tamén debe dimitir”, recalcou. Pola súa parte, o portavoz do grupo parlamentario, Francisco Jorquera tachou de “insultante” a resposta do Feijóo que acusou de “frivolidade” á oposición por traer á Cámara unha pregunta sobre violencia machista. Para Jorquera, Feijóo demostrou hoxe que “para el a violencia machista non é un problema importante” e con esta actitude insulta ao 50% da poboación e pon en evidencia que considera “irrelevante” a violencia machista. Feijóo quedou hoxe retratado, concluíu.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG

R., 2015-11-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES