Noticias

Las mareas presentan una candidatura alternatva en la Fegamp, pese a los llamamientos a la tradicional unidad del PSdeG, PPdeG y BNG

Los alcaldes de las ciudades gobernadas por candidaturas ajenas al PSdeG, PPdeG y BNG presentan una candidatura alternativa para liderar la Federación Gallega de Municipios y Provincias (Fegamp). El alcalde de Sada encabezaba la lista integrada también por los regidores de Ferrol, Santiago de Compostela y A Coruña. El alcalde socialista de O Barco, proclamado nuevo presidente de Fegamp. Rey Varela se despide prometiendo más personal.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Fegamp:

O popular José Manuel Rey Varela despedíuse da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), institución que presidíu durante catro anos, prometendo que desde o seu novo cargo de conselleiro de Política Social non perderá en ningún momento a conexión cos concellos galegos, e que promoverá o próximo ano unha orde para dotar de máis persoal aos servizos sociais dos concellos. No acto inaugural da IX Asemblea Xeral da Fegamp, que ten lugar na sede da Escola Galega de Administración Pública (Egap), Rey Varela, tamén afirmou que os municipios terán nél a un 'fiel colaborador' e abogou polo traballo 'conxunto' entre as distintas institucións para conseguir 'unha Galicia mellor e máis próspera'.

O presidente saínte, que cualificou aos concellos como 'a mellor escola para o exercicio da política', suliñou ademais a unidade do municipalismo acadada nos catro anos do seu mandato, mesmo ante a reforma da Lei de Bases do Réxime Local, pedindo que a Fegamp continúe sendo 'un foro de diálogo' no que se deixen de lado 'as diferencias partidarias'.

No acto de inauguración da Asemblea da Fegamp tamén interviron o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. O tamén conselleiro de Presidencia destacou igualmente a unidade que caracteriza á Fegamp e dixo que 'a simple confrontación non leva máis que ao enfrontamento'. Rueda lembrou que o seu Goberno foi 'o primeiro' en presentar alegacións á reforma da Lei de Bases de Réxime Local do Goberno central, e segundo él, o fixo ademais desde a perspectiva da 'administración máis cercana', porque é 'a que mellor coñece as necesidades dos veciños e a que mellor pode prestar os servizos'. O vicepresidente quixo poñer en valor que finalmente a Xunta impulsou a Lei de Medidas Urxentes para que 'non se producira esa eliminación de competencias no ámbito galego'. Rueda concluíu afirmando que está convencido de que 'a Fegamp seguirá sendo un punto de encontro', á vista do 'magnífico presidente' que vai tomar posesión hoxe, o alcalde socialista de O Barco de Valdeorras, Alfredo García.

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, o primeiro en intervir na inauguración da Asemblea do municipalismo galego, pedíu cambios na Fegamp, porque para él, 'non pode seguir co seu histórico discurso' sobre falta de financiamento, porque se ben é un problema estrutural que hai que resolver', 'hai que responder con contundencia ante as agresións á autonomía local'. Noriega solicitou a derrogación da Lei de Baes de Réxime Local que, segundo él, debe de ser 'un obxectivo central para esta nova etapa'.

A Asemblea continuou logo coa Memoria de Xestión do mandato 2011-2015, e posteriormente (ás 12,00), cun minuto de silencio ás portas da Egap co que os responsables municipais e provinciais expresaron a súa repulsa ante o último crime de xénero que se ten producido en Vigo. Despois tivo lugar o debate dos tres relatorios desta Asemblea _financiamento, organización territorial e transparencia e modernización_, que marcarán a pauta de actuación do novo presdiente e da nova Executiva da Fegamp.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Fegamp

R., 2015-10-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES