
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
O portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, cualificou de electoralistas e irreais os orzamentos para o ano 2016 presentados pola Xunta. Criticou que o goberno galego e o propio PP definira como realistas unhas contas que suman menos impostos -e polo tanto menos ingresos- e mais axudas -e polo tanto mais gastos-.
Advertiu que o goberno galego anuncia rebaixas fiscais de entre 140 e 150 millóns de euros e reduce á metade o recurso á débeda ao tempo que aumenta as axudas. Explicou que a gran pregunta que nos facemos tódolos galegos é cómo se vai pagar isto, cómo van abordar este pago con menos recursos sen aumentar o déficit.
O responsable socialista sinalou que non cadran as contas, a non ser que fagan como outros anos e non executen o que orzamentan, ou que pase como co Goberno Central, que fai os orzamentos para 2016 e despois ven a UE a tirarlle das orellas e sinalar que non cadra o déficit.
Así o dixo logo de coñecer as liñas xerais dos Orzamentos do goberno para o próximo ano, e que serán presentados a continuación na Cámara autonómica, co que, dixo, mañá veremos onde está a trampa que seguro que teñen estas contas.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del PPdeG:
O voceiro do PPdeG, Miguel Tellado, destacou o agradecemento do partido a esas clases medias que axudaron a Galicia a superar a crise económica e que, apertándose o cinto a final de mes, contribuíron a que outros puideran empezalo.
Tellado cre que ten chegado o momento de, mantendo e mesmo ampliando o apoio a aqueles que máis necesitan do respaldo da Administración, empezar a aplicar medidas que melloren a situación deses galegos que tanto fixeron por volver á senda do crecemento que Galicia ten recuperada.
Por elo, considerou que os Orzamentos de 2016 resúmense en menos impostos e máis axudas aos galegos que máis o precisan. Menos impostos porque, pensando tamén nesas clases medias, a Xunta ven de anunciar a rebaixa fiscal máis importante da autonomía, principalmente por unha modificación á baixa do IRPF que afectará á totalidade dos contribuíntes pero especialmente ás rendas baixas e medias.
Tamén pola revisión do Imposto de sucesións e doazóns, que permitirá eximir de pagos a herdanzas de ata 400.000 euros, o que supón que o 99% dos galegos non teñan que pagalo e que o restante pague menos que ata agora.
Pero ese esforzo por devolver poder adquisitivo aos galegos ven acompañado de máis axudas para os que aínda non perciben a recuperación máis alá dos xornais. Por iso, a Xunta presentou un Plan de espera cero para o cobro da Risga, coa fin de minimizar o tempo que vai dende que unha persoa solicita esa renda de integración e o momento en que empeza a cobrala.
Tamén no tocante a mellorar a calidade de vida dos máis vulnerables, vaise reforzar este compromiso social con medidas como o Plan de loita contra a desigualdade económica, aprobado en xuño, e que se seguirá ampliando para que chegue a todos os ámbitos onde sexa necesario.
Por outra banda, con efectos a partir do 1 de novembro, o Goberno galego vai poñer en marcha un programa para evitar os cortes de luz por impagamento ás familias galegas máis vulnerables, asumindo o custo de dúas mensualidades da tarifa.
Nesta liña, tamén se facilitará maior autonomía a aqueles que teñen dificultades poñendo á súa disposición o material de apoio á mobilidade que precisen como andadores, cadeiras de rodas ou camas articuladas-, a través dun servizo público de préstamo.
Por outra banda, co obxectivo de devolverlle os esforzos realizados aos empregados públicos, este mesmo mes farase efectiva a devolución doutro 25% da paga extra correspondente a 2012, que se suma ao 25% aboado xa, e ao que seguirá o 50% restante, que será efectivo no 2016. Así mesmo, tamén se abordará coa mesa sectorial un mecanismo para que os concursos de traslados sexan máis áxiles, sinxelos e con maior periodicidade.
Pensando tamén en axudar a aqueles que terán fillos a partir do 1 de xaneiro, a Xunta aprobou unha axuda de 100 euros ao mes en función de criterios de renda que se especificarán coa presentacións dos Orzamentos. En todo caso, é unha mensaxe que evidencia o compromiso do PPdeG coa natalidade e coa corrección da pirámide poboacional en Galicia.
Nesa liña, ampliarase o bono- gardería para que as familias que queiran levar aos seus fillos a unha escola infantil, e non teñan praza nunha gardería da Xunta, reciban unha axuda. Ademais, tamén se creará un bono-coidador para o rural, naquelas zonas nas que non exista opción a gardería.
Tellado destaca que non teñen mudadas as prioridades da Xunta senón a súa capacidade orzamentaria. Así, lembrou que o Goberno galego terá a súa disposición 400 millóns de euros máis que o ano pasado para adoptar políticas que repercutan directamente nos cidadáns. Ata agora estivemos dedicados a evitar que máis xente caera nas garras da crise, e en axudar aos que xa padecían os seus efectos; agora podemos ademais empezar a rescatar a aqueles que a sufriron e atender aos que axudaron a Galicia a sobrevivir a esta difícil situación; entre eles, os funcionarios e as clases medias.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.