Noticias

El Gobierno gallego aprueba las cuentas públicas para 2016: contemplan 8.800 millones y un ahorro de hasta 380 euros en el IRPF de los gallegos

La rebaja en el tramo autonómico del impuesto sobre la renta (IRPF) beneficiará a un 98.5% de los gallegos para los que presupone un ahorro de entre 249 y 380 euros en la renta anual, según las cuentas de la Xunta de Galicia que aprueba los presupuestos públicos para 2016: más de 8.800 millones. El Gobierno gallego dice que la Administración autonómica dejará de recaudar 140 millones de euros con las reducciones fiscales y estima que el programa de impuestos cero en el rural supondrá otros 10 millones menos en ingresos.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, subliñou que os Orzamentos para o vindeiro ano 2016 aprobados polo Consello poñen a disposición dos cidadáns 400 millóns de euros máis, e acreditan que a responsabilidade dos últimos anos foi útil para que Galicia estea agora en condicións de seguir reducindo o desemprego e de facer medrar a súa economía; e para dirixir a recuperación das contas públicas á recuperación dos galegos e das galegas.

Feijóo asegurou que os galegos que máis o precisan terán máis medidas de apoio á súa disposición; que pagarán menos impostos; que as familias con nenos terán máis axudas que nunca; que as persoas en situación de desemprego e os emprendedores contarán tamén con máis liñas de apoio; e que os servizos públicos seguirán asegurados a todo risco porque contarán con máis presuposto para seguir mellorando as súas prestacións.

O mandatario galego salientou que, despois de catro anos de presupostos á baixa e dous nos que a Xunta foi quen de estabilizar o gasto, hoxe por primeira vez desde que comezou a crise o Goberno galego presenta uns orzamentos expansivos; é dicir, que medran de forma significativa porque supoñen un 4,3% máis de recursos que as contas de 2015. “Alcanzamos a recuperación das contas públicas desde a estabilidade das contas públicas”.

Feijóo salientou que a marxe presupostaria dispoñible permite que sexa aproveitada en exclusiva para a recuperación das galegas e os galegos. Nese sentido, remarcou que Galicia seguirá cumprindo co control do déficit o vindeiro ano, co obxectivo marcado do 0,3%; e que o recurso á débeda en 2016 reducirase a menos da metade. Na mesma liña, subliñou que no próximo exercicio Galicia seguirá mantendo un período de pago razoable a provedores; e que os gastos financeiros en 2016 baixan máis dun 19%.

Segundo apuntou, o incremento presupostario destinarase a dar un novo impulso social, a reforzar o impulso económico e a afondar tamén nun impulso territorial. É por iso que os orzamentos de 2016 incrementan a aposta da Xunta polos servizos públicos e as partidas do ámbito social crecen en 282 millóns de euros.

Deste xeito, dixo, o vindeiro ano o Goberno galego contará con máis recursos para seguir apoiando aos que máis o precisan, cumprindo o compromiso de incluír novas medidas no Plan de loita contra a desigualdade económica dotado con 10 millóns de euros; axilizando a tramitación da Risga, ou incluíndo 10.000 novos dependentes atendidos polo sistema.

No tocante á sanidade pública, precisou que este incremento orzamentario permitirá completar a modernización das infraestruturas sanitarias, incrementar as prestacións. E, no ámbito da educación pública, isto traducirase en maiores recursos para que haxa máis idiomas e tecnoloxía nos colexios, e para seguir aumentando os fondos da Universidade, que o próximo exercicio medrarán ata os 392 millóns de euros.

Trátase dun impulso social, engadiu, que a Xunta quere destinar tamén a corresponder o esforzo feito por moitos traballadores e moitas familias durante os últimos anos. Primeiro, a través dunha das rebaixas fiscais máis intensas que nunca adoptara a Facenda galega e que recolle medidas como a redución do IRPF para o 98,5% dos contribuíntes, de xeito que Galicia será unha das comunidades con IRPF máis baixo para as rendas medias e baixas. Tamén, coa eliminación do Imposto de Sucesións para o 99% dos galegos cando son ascendentes, descendentes ou cónxuxes, e a redución para o 1% restante. E, así mesmo, completando o Programa de Impostos Cero para o rural galego. Unha rebaixa, dixo, que terá un impacto aproximado de entre 140 e 150 millóns de euros.

En segundo termo, salientou que a estas vantaxes fiscais, se sumará un maior apoio ás familias, e especialmente ás familias que teñen nenos xa que os presupostos permitirán concretar a ampliación do Bono Gardería, a creación dun Bono Coidador para o rural, e a creación dunha tarxeta familiar, de 100 euros ao mes durante un ano, para que as familias teñan unha axuda para afrontar os gastos básicos dos nenos e nenas que nazan a partir do 1 de xaneiro.

E, en terceiro lugar, indicou que os presupostos aprobados hoxe permitirán seguir devolvendo o esforzo que fixeron moitos traballadores durante a crise, especialmente, o dos empregados públicos que, por primeira vez desde 2010, verán incrementado o seu salario nun 1%.

Así, as contas do ano que vén posibilitarán cumprir o compromiso de devolver o 100% da paga extra correspondente ao ano 2012, xa que ao 50% que se fixo efectivo xa se sumará o 50% restante. Unha medida, dixo, que está contemplada nos orzamentos e que, á espera de concretar cos sindicatos como e cando se aboará, a Xunta está en condicións de facela efectiva no primeiro trimestre do vindeiro ano.

Pero ademais do impulso social, Feijóo sinalou que estas contas se concibiron tamén para afondar no impulso económico, de xeito que Galicia poida seguir reducindo o paro e continuar co crecemento económico. Segundo precisou, no caso do desemprego a estimación é de pechar o próximo ano case dous puntos por debaixo deste; e no tocante ao crecemento económico, a estimación é de 2,5%, unha décima máis do previsto no teito de gasto.

Para isto, detallou que a partida destinada a políticas activas de emprego medra un 15%; que se eleva un 8,1% o presuposto para as políticas de I+D+i; e que a Xunta disporá de 100 millóns de euros para mellorar a competitividade e a internacionalización.

O titular da Xunta apuntou, por outra banda, que as contas e 2016 contemplan tamén dar un impulso territorial, para o que se incrementa o presuposto para investimentos un 14%, se eleva o financiamento das entidades locais ata superar os 116 millóns de euros, e ponse en marcha un fondo específico para fomentar fusións de concellos.

Unhas contas realistas elaboradas desde a máxima responsabilidade
O mandatario galego asegurou que son unhas contas elaboradas coa “máxima responsabilidade”. En primeiro lugar, porque previamente se fixa un teito de gasto aprobado polo Parlamento. En segundo lugar, no momento da súa presentación, porque se axusta ao establecido por Lei e se remitirán á Cámara antes do 21 de outubro, e porque supón cumprir coa obriga básica de calquera goberno que é presentar as contas en tempo e forma. E, finalmente, no momento posterior á súa aprobación, posto que se axustan á situación do momento.

Feijóo recoñeceu que facer uns presupostos realistas non resultou sinxelo nos momentos de dificultades vividas nos últimos anos, onde cada ano había menor capacidade orzamentaria que no anterior; onde a situación apuntaba a un escenario con máis de 2.000 millóns de euros menos que o Goberno anterior; onde había que sumar a débeda de 2.300 millóns de euros consecuencia da mala previsión dos orzamentos de 2008 e 2009; e, cando moitos cidadáns se preguntaban se actuar coa máxima responsabilidade ía dar froitos algún día.

Segundo dixo, actuar con esa responsabilidade foi útil para Galicia para non agravar a crise económica, para detela e para que a Comunidade poida empezar hoxe o camiño da recuperación. “O rigor que nos conduciu á recuperación das contas públicas é tamén o que nos permite alcanzar esa recuperación coa máxima estabilidade para que poidamos dirixila ás galegas e aos galegos”, concluíu.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia.

R., 2015-10-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival.jpg) A programación conta con 18 formacións musicais, das que 15 son galegas, o que reflicte un impulso á creación musical da comunidade e á consolidación dun tecido profesional estable no ámbito da música ao vivo. A carteleira, que xa se vén desenvolvento desde o pasado mes de abril, inclúe en vindeiras datas as actuacións de Pablo Leira, Caamaño & Ameixeiras, Calequi y Las Panteras, High Paw, Saibran, Anxo Araújo, Grande Amore, Pava, Bala, Toundra, De Ninghures, Abril, Zeltia Irevire, e Su Garrido Pombo, nun calendario de concertos que se prolongará ata finais de febreiro do ano que vén. No caso da Guión Clube, están previstas dúas citas dentro deste ciclo: Ulex, o 20 de xuño, e Bala, o 24 de outubro.
Foto de la tercera plana (portugal_galicia.jpg) Galicia e Norte de Portugal reforzan a Estratexia de especialización intelixente transfronteiriza en materia de I+G+i co proxecto MAISRIS3T, dotado con case 1 M€ ata 2028 e que foi hoxe abordado en Vigo na xornada do Observatorio da I+D+i da Eurorrexión no que participou a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo. Alí, a representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destacou que ambos territorios foron pioneiros na posta en marcha da primeira estratexia de especialización transfronteiriza en Europa para o período 2014-2020, que foi recoñecida como caso de boas prácticas pola Comisión Europea.

Notas

O Instituto de Investigación en Saúde Global e Desenvolvemento Sostible (iTERRA) presentouse de xeito oficial nun acto institucional que tivo lugar na Facultade de Veterinaria da USC. O iTERRA aspira a consolidarse como un referente nacional e internacional en investigación en saúde global e sustentabilidade, recoñecido pola súa capacidade para integrar ciencia, innovación e coñecemento local na procura de solucións ante os grandes retos do século.
Vigo aclle a XX edición do Congreso Nacional de Acuicultura, unha cita que reúne a preto de 400 investigadores, representantes de empresas, administracións públicas e entidades vinculadas á acuicultura de todo o país. Baixo o lema Regreso a los orígenes, o encontro volve a Galicia para recoñecer o papel que a comunidade desempeñou no desenvolvemento científico, tecnolóxico e produtivo da acuicultura española.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES