Noticias

Núñez Feijóo cesa a los delegados de la Xunta en Vigo y Ourense por estar imputados. El PPdeG pierde la Diputación Provincial de Lugo tras la moción de censura del PSdeG y el BNG

Los 11 diputados provinciales del PSdeG y los 2 del BNG han logrado, finalmente, un acuerdo de Gobierno y votaron a favor de la moción de censura que aparta al PPdeG de la presidencia de la Diputación Provincial de Lugo tras más de tres meses desde su constitución tras las elecciones municipales. En la política gallega, Núñez Feijóo releva a los delegados de la Xunta en Vigo y Ourense, María José Bravo y Rogelio Martínez, imputados en varias causas como la Operación Patos.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Consello da Xunta de Galicia aprobou os decretos polos que se dispón o nomeamento de Ignacio López-Chaves Castro como novo delegado territorial da Xunta en Vigo, en substitución de María José Bravo Bosch, e o de Marisol Díaz Mouteira como delegada en Ourense, relevando a Rogelio Martínez.

López Chaves (Vigo, 1964) ocupaba, desde 2011, a presidencia da Autoridade Portuaria de Vigo. Este licenciado en Dereito, especializado en Organización e xestión de empresas culturais, conta cunha ampla experiencia tanto académica como política.
Foi profesor asociado de Dereito Civil na Universidade de Vigo, da que foi secretario xeral do seu Consello Social entre 1997 e 2004. Tamén foi secretario xeral da Comisión Coordinadora de Secretarios de Consellos Sociais das Universidades Públicas de España e é autor de diversos artigos e relatorios sobre Dereito Administrativo e
Civil.

Entre 2005 e 2011 foi deputado do Parlamento de Galicia, no que foi voceiro de Cultura do Grupo Popular, presidente da Comisión de control da CRTVG e membro da Comisión de estudo da reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia e da Comisión de Educación e Cultura. Tamén foi edil no consistorio de Vigo e ocupou a Concellería de Cultura e Educación entre 2003 e 2007.

Marisol Díaz Mouteira (Alemaña, 1967) é licenciada en Dereito e especialista en Mediación Familiar e Dereito Divil. Esta funcionaria do Corpo Superior da Xunta ocupou diversos cargos representando ao Goberno autonómico na provincia de Ourense. Entre 2003 e
2005 foi delegada provincial da Consellería de Xustiza, entre 2009 e 2012 xefa territorial de Educación, entre 2013 e 2015 xefa territorial da Vicepresidencia e entre xaneiro e xuño de 2015 secretaria territorial da Delegación da Xunta en Ourense.

Desde xuño deste ano é deputada no Parlamento de Galicia en substitución de Jesús Vázquez Abad. Tamén fora deputada entre febreiro e novembro de 2012.

Nova estrutura orgánica da Xunta: Feijóo destaca o maior peso do emprego, a familia e a inclusión social nas súas políticas

O presidente do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, subliñou que a nova estrutura orgánica das consellerías da Xunta, aprobada no Consello, outorga un maior peso ao emprego, a familia e á inclusión social. É, segundo destacou, unha nova configuración do Goberno coa que se busca dar un novo impulso social, económico e territorial no novo contexto de crecemento que se ten aberto.

Na rolda de prensa posterior á reunión semanal do Goberno galego, Feijóo precisou que a nova estrutura é coherente con estes catro obxectivos fundamentais. É coherente co obxectivo de facer unha aposta reforzada pola Política Social, dixo, a través dunha consellería que se dedicará en exclusiva a este eido. Como novidade, apuntou que desdobrará a anterior Dirección Xeral de Familia e Inclusión Social para poder atender de forma específica estas competencias en cadanseus departamentos.

Deste xeito, concretou que a Consellería de Política Social quedaría configurada do seguinte xeito: a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica; a Dirección Xeral de Inclusión Social; a Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade; a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; e, adscrita a esta consellería, a Axencia Galega de Servizos Sociais.

A nova estrutura da Xunta é tamén coherente, engadiu, co obxectivo de reforzar os ámbitos rural e marítimo, para que a recuperación poida chegar a todos os sectores e ámbitos poboacionais. E é por iso que se crea a Consellería do Medio Rural e a Consellería do Mar.

No primeiro caso, a Consellería do Medio Rural estrutúrase nos seguintes órganos de dirección: a Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias de Alimentación; a Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal; a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural; e, adscritos, outros entes como a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

No tocante á Consellería do Mar, estrutúrase na Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica; a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro; e, adscritos, entes como Portos de Galicia.

O presidente galego explicou que se trata, por outra banda, dunha remodelación coherente co obxectivo de ligar o emprego á promoción económica e á innovación industrial, que se incardinan na Consellería de Economía, Emprego e Industria. Segundo sinalou, neste caso a única novidade é que se eleva o rango do departamento encargado da política laboral, que se fará a partir de agora a través da Secretaría Xeral de Emprego, da que dependerá a Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.

O último obxectivo que cumpre esta nova estrutura orgánica do Goberno galego, dixo, é o de fortalecer por un lado o peso da protección do medio ambiente e a ordenación do territorio para que esta sexa posible; e, por outro, o peso das infraestruturas e da vivenda.

No relativo á ordenación do territorio, este ámbito competencial será específico da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, da que dependerán: a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo; a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental; a Dirección Xeral de Conservación da Natureza; e, como entes adscritos, Augas de Galicia ou a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Doutra banda, no tocante ás infraestruturas e á vivenda, a consellería que asume estas áreas terá unha Dirección Xeral de Mobilidade e, adscritos, entes como a Axencia Galega de Infraestruturas ou o Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Feijóo concluíu asegurando que esta estrutura acorde aos obxectivos marcados coa renovación do Goberno e que agora, dixo, ponse a traballar con carácter inmediato para que esa renovación se traduza en medidas e solucións, que é o obxectivo final.

R., 2015-10-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran-calor-ferrol.jpg) Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
Foto de la tercera plana (deporte-remo.jpg) O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corre a cargo dun equipo integrado por persoal investigador da USC, da Universidade de Cambridge e do Instituto Colombiano de Antropología e Historia (ICANH).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES