Noticias

El paro se incrementa en Galicia casi un 1% en septiembre y llega a los 215.737 desempleados. Ourense, única provincia en la que baja

Los datos del paro correspondientes al mes de septiembre reflejan un incremento del número de desempleados registrados en Galicia en 2.005 personas, lo que implica un incremento del 0.94% y la cifra total de desempleados alcanza los 215.737. De los contratos contabilizados, el 93% fueron temporales y sólo el 7% tienen un carácter indefinido. Ourense es la única provincia de la comunidad en la que baja el paro.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Galicia pechou o mes de setembro cun total de 215.737 persoas desempregadas, o que supón un incremento do 0,94% con respecto ao mes anterior (+2.005 persoas).

A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, puxo en valor o comportamento interanual do paro rexistrado en Galicia, posto que xa se acumulan case dous anos de descensos interanuais consecutivos. En concreto, esta é a vixésimo terceira baixada. Así, este setembro o paro descendeu en 22.466 persoas (-9,43%) con respecto ao mesmo mes do ano anterior, o que supón a segunda maior baixada interanual dun mes de setembro de toda a serie histórica, isto é, desde 1996.

Grazas a este comportamento, Galicia volve a niveis de paro inferiores aos que existían en 2010, polo que “hoxe temos menos inscritos nas oficinas dos que había hai cinco anos”.

En España, o desemprego aumentou en 26.087 persoas, un 0,64 por cento, ata situarse nos 4.094.042 parados. En termos interanuais, o paro en España diminuíu nun 7,95%, polo que Galicia sitúase por riba da media estatal nesta evolución.

Por sectores, o aumento do desemprego mensual concéntrase exclusivamente no sector servizos (+3.260), debido ao remate da tempada estival, mentres que descende nos restantes. Destaca especialmente o bo comportamento da construción (-753) e da industria (-357), sectores que non están tan condicionados polo final do verán. Tamén baixa no colectivo sen emprego anterior (-73) e na agricultura e a pesca (-72).

Por provincias, o desemprego incrementouse en todas elas, agás en Ourense, onde baixa en 58 persoas. Aumenta especialmente en Pontevedra (+1.391), seguida por Lugo (+492), e A Coruña (+180).

Na evolución dos contratos, este mes rexistráronse un total de 87.553 contratos, 11.589 máis que no mes anterior. Deste total, 6.097 foron indefinidos (6,96%), e 81.456 temporais (93,04%). No eido dos contratos, tamén se rexistra unha interanual positiva do 8,95%.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de CC.OO.-Galicia:

Sindicato Nacional de Comisións Obreiras (CCOO) sinala que, tal e como advertira nos últimos meses, o remate das contratacións precarias, ligadas á tempada estival, trae consigo un incremento do desemprego. Os datos do mes de setembro reflicten que en Galicia non hai nin recuperación nin emprego; ademais, o aumento do paro é maior ca a media estatal.
Maica Bouza, secretaria de Emprego de CCOO

Maica Bouza, secretaria de Emprego de CCOO

Para a secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza, o remate do verán «reflicte con crueza» cal é a «verdadeira situación da economía galega»: menos emprego, máis paro e emerxencia social nunha economía «que non supera a crise porque non se desenvolven as políticas necesarias».

En definitiva, setembro deixa máis persoas desempregadas no sector dos servizos, ao tempo que se mantén a desproporción entre a caída no emprego e a da afiliación, «evidenciando o incesante goteo de persoas que abandonan o mercado laboral por falta de expectativas».

Neste contexto, Bouza denuncia que o Goberno do estado vai aprobar uns orzamentos xerais para 2016 que non incorporan medidas para estimular a recuperación da actividade económica e, con ela, do emprego. «Aínda peor, recorta os recursos para a protección por desemprego», critica a sindicalista.

Por esta razón, a secretaria de Emprego de CCOO insta a Xunta de Galicia a lle esixir ao Goberno central «os recursos que nos corresponden en función da nosa poboación e o noso volume de desemprego». Tamén, que nos orzamentos do 2016 a Xunta «incorpore os recursos propios necesarios para garantir a protección social ás persoas desempregadas e para o financiamento das políticas de emprego acaídas para paliar a dramática situación do paro en Galicia, sen esquecer aqueloutras que favorezan a actividade».

R., 2015-10-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES