
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del PPdeG:
O Grupo Popular apoiou a aprobación da proposición non de lei que solicita a transferencia da titularidade da AP-9 á Xunta de Galicia. En aras á coherencia política, reiteramos esta solicitude que vimos defendendo desde o ano 2007, cando presentamos unha proposición neste Parlamento que foi rexeitada por socialistas e nacionalistas, indicou o portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso.
Na súa intervención no Pleno, Gómez Alonso sinalou que para o Partido Popular as políticas de infraestruturas sempre constituíron un elemento clave para a competitividade da nosa economía, a vertebración e a cohesión territorial, fronte a nacionalistas e socialistas para quen non son máis ca unha escusa e un parapeto para facer anuncios electorais.
O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación da proposición non de lei que solicita a transferencia da titularidade da AP-9 á Xunta de Galicia. En aras á coherencia política, reiteramos esta solicitude que vimos defendendo desde o ano 2007, cando presentamos unha proposición neste Parlamento que foi rexeitada por socialistas e nacionalistas, indicou o portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso.
Na súa intervención no Pleno, Gómez Alonso sinalou que para o Partido Popular as políticas de infraestruturas sempre constituíron un elemento clave para a competitividade da nosa economía, a vertebración e a cohesión territorial, fronte a nacionalistas e socialistas para quen non son máis ca unha escusa e un parapeto para facer anuncios electorais.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:
A deputada do BNG, Ana Pontón denunciou que AP-9 é unha mostra da privatización de Aznar das infraestruturas e unha hipoteca moi cara que pagamos todos os galegos e galegas e congratulouse do voto favorable do PP á Proposición de lei nacionalista que reclamaba a súatranfesrencia á Xunta de Galiza.
A Proposición de lei defendida pola deputada do BNG, Ana Pontón para reclamar ante o Congreso a transferencia da titularidade pública e competencia da AP-9 á Xunta de Galiza acadou a unanimidade da Cámara galega.
No debate, a parlamentaria argumentou que a transferencia da AP-9 ten transcendencia política para Galiza e hoxe, dixo, podemos dar pasos para que a transferencia sexa unha realidade, despois de tantos anos de debater esta cuestión, podemos pasar aos feitos e converter en realidade o que defendemos con ideas polo que se congratulou do anuncio do Partido popular de apoiar a iniciativa do BNG.
Dende o Bloque Nacionalista galego, explicou, consideramos ilóxico que Galiza, con competencias en materia de infraestruturas, manteña a AP-9 como unha infraestrutura estatal, e para nós é un símbolo do agravio de como gobernan o noso país dende Madrid.
A parlamentaria criticou que Feijóo, tan preocupado co que sucede en Cataluña non se preocupe da aldraxe que supón para Galiza manter AP-9. Resulta unha mostra, afirmou, de como os gobernos centrais aplican un rol colonial no que os galegos e as galegas somos pagadores dos beneficios de grandes grupos empresarias e AP-9 é a evidencia da privatización das infraestruturas levadas a cabo por Aznar en contra dos intereses xerais. Hoxe temos unha hipoteca para o noso desenvolvemento que nos sae moi cara e hoxe tamén temos a oportunidade de que a AP-9 dependa dos galegos e galegas e non das decisións arbitrarias do Goberno de Madrid.
A AP-9, explicou, é unha infraestrutura con 219 Qm, clave nunha franxa importante do noso país. Comunica cinco das sete cidades galegas e unha infraestrutura que ten moito que ver coa mobilidade e o impacto nas actividades económicas.
A deputada congratulouse, que nesta ocasión a Cámara galega derá luz verde, por unanimidade, á reclamación do BNG ante o Congreso para transferir AP-9 á Xunta de Galiza.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.