Noticias

El BNG pide a Anova, EU y Podemos que reconsideren su pacto en Galicia tras el 27S que, según el PPdeG, fracturó la sociedad catalana

Xavier Vence, portavoz Nacional del BNG, solicita a Anova, EU y Podemos, que reconsideren su pacto para concurrir juntos a las elecciones generales, tras los resultados electorales del 27S en Cataluña. El líder nacionalista hace una nueva llamada a la creación de una candidatura gallega de unidad para que Galicia pueda tener voz en un proceso de reforma constitucional que el BNG considera que será ineludible tras las elecciones catalanas. El PPdeG insiste en que Cataluña ha quedado fracturada.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou que os resultados das eleccións de Cataluña constatan “un certo fracaso da política, e nomeadamente da clase política catalá, na medida en que unha comunidade autónoma que en moitos momentos foi exemplo de autogoberno se atopa na peor das condicións e absolutamente fracturada”. “Hoxe non é un día para que ninguén estea satisfeito e despois das eleccións xerais vai haber que traballar moito todo o mundo para intentar reconducir a situación”, apuntou. Pedro Puy compareceu ante os medios para dar conta da reunión celebrada polos deputados do Grupo Popular, na que procederon a prepara a sesión plenaria. En concreto, Puy salientou o debate de tres textos lexislativos: unha iniciativa popular en relación ao coñecemento e contemplación da obra de Castelao, unha proposición de lei sobre a transferencia da titularidade da AP-9 á Xunta de Galicia e un proxecto de lei para a devolución da paga extra que se lle retivo aos funcionarios en decembro de 2012.

O portavoz popular recolleu as palabras do candidato do PP nas que recoñecía que os resultados non eran os mellores nin os esperados e puxo de manifestou que obtiveron mellores resultados aqueles que concorreron cun emblema no que estaban recollidas a bandeira española, a catalá e a europea que aqueles que quixeron utilizar exclusivamente o emblema español. “Hoxe non é un día para que ninguén estea satisfeito, porque o resultado demostra un grande fracaso de toda a política e a fragmentación dos resultados van abocar a moitas dificultades para a constitución de gobernos”, sinalou.

Pedro Puy incidiu no feito de que “a sociedade catalá está fracturada e a principal responsabilidade para reconstruír a situación recae nos actores políticos de Cataluña”. Neste sentido, criticou que, “en vez de priorizar a xestión sanitaria, o financiamento ou a loita contra a corrupción, emprenderon unha vía política que provocou unha división na sociedade catalá sabendo que utilizan argumentos que están fóra do aceptable ou razoable”.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:

O BNG considera que os resultados electorais do 27S deixan unha “clarísima” vitoria das forzas independentistas cun mandato do pobo catalán para avanzar no proceso soberanista e, sobre todo, abren “unha nova etapa” no Estado que coloca a reforma constitucional e territorial no centro da axenda política das eleccións xerais e da próxima lexislatura.

Este contexto aporta novos argumentos a favor da candidatura galega de unidade, que o Bloque ve máis necesaria ca nunca para que Galiza “non quede atrás”. “A reforma constitucional e o futuro modelo territorial serán o gran debate nas eleccións xerais e no Congreso na vindeira lexislatura. É necesario que Galiza este nese debate, non podemos correr o risco de quedar fora dun escenario onde se vai redefinir o papel das diferentes nacións dentro do modelo de Estado”, explicaba o portavoz nacional, Xavier Vence.

Neste sentido, recalcou a aposta do BNG “por unha candidatura galega de unidade para acadar un grupo parlamentario propio que permita negociar en pé de igualdade cos demais grupos parlamentarios un novo status para Galiza e a defensa dos nosos intereses inmediatos”. “Estamos a tempo de sumar se todo mundo é capaz de ver que Galiza debe estar en primeira persoa no debate da inevitable reforma do Estado”, explicou.

O dirixente do Bloque confía en que o resultado do 27S, -co fracaso de Pablo Iglesias incluído-, permita reconsiderar a posición de Podemos, Anova e EU expresada no preacordo asinado entre as cúpulas destas formacións e difundido a pasada semana.

“O escenario que se abre no Estado ca aposta de Catalunya pola soberanía e o fracaso de Podemos, -xunto cos argumentos que xa había sobre a mesa-, son razóns sobradas para que reconsideren as opcións, porque aínda estamos a tempo para sumar nun gran candidatura galega, plural, de unidade que lle permita a Galiza ter voz potente con grupo parlamentario propio no Congreso non supeditado a ningún grupo estatal”, argumentou o dirixente nacionalista.

En nome do BNG, Vence apelou á xenerosidade que esixe a cidadanía nun momento político “extraordinario”. “Espero que haxa capacidade para valorar o momento político extraordinario e as oportunidades que se abren para Galiza na vindeira lexislatura se somos capaces de presentar unidos unha gran candidatura para ter representación forte e xenuína no Congreso. Estar á altura das circunstancias con xenerosidade para entendernos e conformar a candidatura de unidade que o país necesita e gran parte da cidadanía reclama con ilusión”, recalcou.

Neste sentido, o BNG valorou moi positivamente o resultado da asemblea de Iniciativa pola Unión, cun millar de participantes, da que salientou a mensaxe de “man tendida” sen exclusión algunha. Unha asemblea ca participación de militantes de diversas forzas políticas, -incluída Podemos, que concretou grupos de traballo para a elaboración do programa electoral, determinar o censo e redactar as bases para a elección de candidatos e candidatas polo sistema de primarias.

Tras o 27S, o BNG confía en que Rajoy escoite o “clamor” do pobo catalán e saiba ver que rematou o tempo do “ultracentralismo” iniciado por Aznar como reflexa o “humillante batacazo” do PP, ao que se suma a derrota do PSOE e o fracaso de Pablo Iglesias e Podemos, “que pretendía ser a cara amable do centralismo, pero que nin aceptou unha parte do electorado de IC”. “Reafirma que as alternativas electorais deben construírse desde o país”, concluíu.

Fotografía: rtve.es

R., 2015-09-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran-calor-ferrol.jpg) Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
Foto de la tercera plana (deporte-remo.jpg) O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corre a cargo dun equipo integrado por persoal investigador da USC, da Universidade de Cambridge e do Instituto Colombiano de Antropología e Historia (ICANH).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES