
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:
O BNG considera positivo o resultado das masivas mobilizacións dos gandeiros e gandeiras que permitiron visualizar un sector unido, o apoio social as súas demandas e obter logros concretos como a supresión dos contratos lixo e unha suba, aínda que insuficiente, do prezo do leite que agora debe ser trasladada aos gandeiros e gandeiras.
Avances que deben concretarse nun acordo que garanta o futuro do sector leiteiro. Esta mañá volvín traballar a perdas, declaraba Alberte Lamazares, gandeiro de Rodeiro, que comparecía para facer balance das tractoradas xunto co portavoz nacional, Xavier Vence, a deputada Tereixa Paz, o responsable de Fruga, Manuel da Cal, e Juan José Blanco, alcalde do concello de Mazaricos en plena comarca leiteira. Queremos prezos dignos para poder seguir mantendo as nosas explotacións, pero tamén o rural deste país, apelaba Lamazares.
O BNG ten a vista posta no acordo que se ultima en Madrid para este mércores entre o Ministerio de Agricultura, industria, distribución e produtores, que debe incluír medidas concretas que garantan prezos xustos e garantías de cumprimento efectivo do que se pacte.
Imos estar vixiantes para que ese acordo estea á altura das demandas do sector e non supoña un peche en falso do problema que provoque unha nova frustración nos miles de gandeiros e gandeiras que se manifestaron nas rúas, subliñou Vence.
Para o BNG, o acordo entre as todas as partes debe traducirse nun incremento real e efectivo do prezo do leite que permita explotacións viables, non meras subidas puntuais, senón un incremento estrutural, contratos estables e garantías gobernamentais de cumprimento dos compromisos que se asinen.
En definitiva, explicaba Vence, o acordo ten que traducirse nun decreto con medidas concretas, referencias de prezos e garantías de control e inspección con capacidade de penalización por parte do Goberno para quen incumpra. O Bloque xa avanza que propón a creación dunha comisión de seguimento do acordo no marco de Galiza, que conte co compromiso da Xunta.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.