
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
O secretario xeral do socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou en Madrid que é a propia Constitución a que recoñece a singularidade das comunidades históricas de Galicia, Cataluña e País Vasco.
En declaracións aos medios de comunicación na Xornada Municipalista do PSOE en Madrid, Besteiro manifestou que o que necesitan os cidadáns de Cataluña é unha solución aos problemas reais, emprego para as 750.000 persoas que están no paro e melloras nos servizos sociais.
Temos que traballar todos xuntos pola concordia e a unidade, as intencións secesionistas non aportan nada e despistan, o obxectivo é facer fronte en toda España ás políticas da dereita e recuperar a igualdade social, apuntou o líder dos socialistas galegos.
Por outra parte, o secretario xeral do PSdeG lembrou que hai 100 días desde que se formaron os novos gobernos municipais, os socialistas demostramos onde gobernamos que hai outra forma de gobernar, un modelo distinto ao do Partido Popular.
Os concellos socialistas acudiron á salvación dos cidadáns, fronte a unha inoperancia por parte da Xunta, que nin está nin se lle espera, dixo. Despois de sete anos con Feijóo, medra a diverxencia entre Galicia e España, os traballadores galegos cobran unha media de 300 euros menos segundo os datos do INE coñecidos onte, engadiu.
En opinión de Besteiro, Abel Caballero será desde mañá o novo presidente da FEMP e representa o noso modelo municipalista, os concellos teñen que resolver os problemas dos cidadáns e ter suficiencia económica para axudar aos máis desfavorecidos.
Fotografía: Gabinete de Comunicación del PSdeG
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.