Noticias

Los ganaderos deciden recrudecer sus acciones reivindicativas y aumentar su presión sobre la industria y la distribución

Los ganaderos gallegos movilizados especialmente en Santiago de Compostela y Lugo han decidido recrudecer sus acciones de protesta para reclamar precios sostenibles para la leche, tras una asamblea celebrada en la Avda. de Lugo de la capital de Galicia. La CEG censura los bloqueos mientras la oposición y asociaciones de ganaderos afectados se muestran escépticos ante las negociaciones y critican el preacuerdo del Ministerio.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta:

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, valorou o principio de acordo alcanzado no Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente entre representantes da produción, da industria e da distribución do sector lácteo, e animou a que se concrete nos próximos días para que os gandeiros galegos “non desaproveiten esta oportunidade”.

Tras reunirse en Santiago con representantes dos produtores lácteos por segunda vez, o presidente galego recoñeceu a importancia de que esta sexa a primeira vez que distribuidores e industria estean dispostos a asinar un documento cos produtores, e que ademais esa sinatura se plantexe de xeito individual, é dicir, industria por industria e distribuidor por distribuidor. “Que non sexa só un documento de asociacións, senón que sexa un documento de personalidade xurídica concreta”, especificou.

Despois do estudo pormenorizado de cada unha das cláusulas contempladas no preacordo e despois de escoitar ás organizacións agrarias galegas e ás cooperativas, Feijóo considerou que “todo aquilo que legalmente se pode poñer nun documento está posto” e defendeu que nos próximos días se avance en calquera concreción na redacción que fose necesaria.

Nas súas declaracións, e despois de reiterar que a Xunta está e seguirá estando a carón dos produtores lácteos, Feijóo tamén recordou que o preacordo fixado onte contempla as demandas pedidas expresamente pola Xunta. En primeira instancia, apuntou cara a importancia de non utilizar o leite como produto reclamo, unha cuestión que vén recollida no primeiro parágrafo do documento.

“Conseguimos trasladar que a distribución se comprometa explicitamente e por escrito que non pode utilizar o leite como produto reclamo”, abondou. Tamén sinalou a relevancia de que o documento contemple a obriga de concretar a orixe do leite.

Por iso, para Feijóo isto supón “unha oportunidade que non podemos perder dado que os gandeiros galegos, que producen o 40% do leite en España, teñen o mellor documento de toda a serie histórica de documentos negociados entre a distribución, a industria e a produción”.

O titular do Executivo galego apuntou que durante a reunión puido falar coa ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina quen lle comunicou dous compromisos do Estado.

En primeiro lugar, dixo Feijóo, o Goberno central é consciente da situación que se viviu en Galicia nos últimos meses e “está comprometido a inxectar liquidez nas explotacións que peores circunstancias viviron nesta crise da baixada de prezos do leite en Europa”. En segundo lugar, o mandatario galego transmitiu a convicción do Goberno de España de que “con este documente poderemos recuperar o prezo do leite de forma rápida”.

Nota de prensa remitida por FRUGA:

Dende a Federación Rural Galega(FRUGA), consideramos que o preacordo discutido onte no MAGRAMA, e asignado xa por algunha organización sindical, non supón ningún tipo de garantías de suba dos prezos, limitase única e exclusivamente a unha declaración de intencións similar o acordo asignado no ano 2012 entre certas organizacións sindicais e a propia consellería do medio rural e do mar.

En primeiro lugar unha verdadeira vontade tanto por parte do MAGRAMA, como do presidente da Xunta, pasaría por paralizar os contratos que temos que estar asignando os gandeiros nestes días, e que entran en vigor xa no mes de setembro. Estes contratos a parte de supoñer unha baixada, supoñen igualmente a introdución de certas cláusulas prexudiciais para os produtores e que se traducen en baixas encubertas dos prezos.

Outro aspecto que non contempla este preacordo pasa por que non existe ningún tipo de garantías en caso de incumprimento, se algunha das partes incumpre o acordado, isto tradúcese en que nin ten ningún tipo de sanción, co cal podemos asignar o que queiramos, pero despois non temos ningún tipo de garantía do seu cumprimento.
Tanto no que respecta a cadea de valor, como a definición de prezo sostible, non se pode limitar a un simple documento de boas intencións, é preciso unha definición máis concreta dos marxes que se aplican os distintos elos da cadea alimentaria.

A Federación Rural Galega, esixe das distintas administracións, compromisos serios, que permitan unha revalorización dos prezos do leite, e non botar balóns fóra, e trasladar estes problemas a outras administracións, como se está a facer dende a Xunta de Galiza, que co seu presidente a cabeza, responsabiliza o futuro deste sector a que as distintas organizacións asignen o acordo en Madrid.

Mentres isto non se logre, a FRUGA e o conxunto da súa afiliación continuará participando en todas as mobilizacións e accións que a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego desenvolva para acadar ese obxectivo.

R., 2015-09-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES