Noticias

AGE pide explicaciones a la Xunta sobre las gestiones realizadas sobre Alcoa

El grupo de Alternativa Gelga de Esquerda (AGE) en el Parlamento de Galicia exige explicaciones a la Xunta, durante la reunión de la Comisión 6ª de la Cámara gallega, sobre las gestiones realizada desde la última subasta del servicio de interrumpibilidad en Alcoa. AGE denuncia el chantaje permanente de la empresa con los puestos de trabajo que continúan amenazados por la situación.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de AGE:

O grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) esixirá explicacións á Xunta de Galicia, durante a Comisión 6º do Parlamento galego, sobre as xestións feitas dende a última poxa do servizo de interrumpibilidade en Alcoa. Para o grupo parlamentar de AGE é necesario aclarar por qué se permite a continuidade dun sistema que é caro para o consumidor, que paga no recibo por un servizo, o de interrumpibilidade, que non se presta, para que a empresa obteña millonarios beneficios, non reinvista e nin sequera se garantan os postos de traballo.

Como xa advertiu AGE hai un ano, non se pode manter indefinidamente a chantaxe da empresa, que utiliza os postos de traballo como arma para obter prebendas, e compren decisións que muden o marco enerxético aberrante que temos na actualidade. O deputado de AGE, Antón Sánchez, lembra que a empresa leva anos sen investir nas plantas galegas espreme unha situación derivada dunha vergoñenta, suma e segue, privatización, para investir no estranxeiro os beneficios.

“Desgraciadamente temos a impresión de que nada cambiou en un ano e que nin Xunta nin o goberno español tomaron decisións ao respecto e a multinacional norteamericana pode seguir a extorsionar a Galiza coa ameaza do peche” lamentou Antón Sánchez.

Así, AGE leva á comisión parlamentar a situación da fábrica de Alcoa mentres a viceportavoz de AGE, Yolanda Díaz, sumarase a concentración convocada polos traballadores diante da fábrica da Coruña como mostra de apoio as súas demandas.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de AGE

R., 2015-09-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES