
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Valedor do Pobo:
Milagros Otero Parga ha tomado posesión en un acto institucional celebrado en el Pazo do Hórreo. Ante la presencia del presidente de la Xunta de Galicia, la presidenta del Parlamento, y los principales representantes de las administraciones públicas gallegas, la compostelana juró su cargo que, según afirmó, afronta con ilusión, responsabilidad y humildad.
La nueva valedora es la primera mujer que ocupa este puesto desde el nacimiento de la institución hace treinta años. Durante su intervención apeló a la responsabilidad que supone la nueva andadura e invitó a todas las gallegas y gallegos a dirigirle sus quejas que serán atendidas con rigurosidad e interés. Según su criterio, la defensoría no es prescindible y su rentabilidad sólo se puede medir términos de justicia, dignidad y paz.
Biografía
Milagros Otero Parga é a actual Valedora do pobo. Naceu en Santiago de Compostela en 1960. É doutora en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela desde 1987. Profesora titular desde 1989 ata 2011. No momento de tomar posesión como valedora do pobo (2 de setembro de 2015), exercía como catedrática de Filosofía do Dereito na Universidade de Santiago de Compostela.
É autora de 15 libros e 118 artigos publicados en revistas nacionais e internacionais. Entre os seus libros destacan: Estudios de Derechos Humanos: Introducción a los Derechos Humanos, Objeción de conciencia y Ética judicial, (Comisión de Derechos humanos del Estado de México, Toluca, 2003, 100 páxinas) e Dignidad y solidaridad. Dos derechos fundamentales, (Ed. Porrúa, México, 2006).
Nos últimos anos os seus campos de estudo foron: a argumentación xurídica, dereitos humanos e mediación. Foi profesora invitada en España e no estranxeiro en distintos másteres de mediación, cursos de posgraduado e doutoramento nos que ensinou, entre outras materias, técnicas de resolución pacífica de conflitos.
Foi profesora invitada nalgunhas das máis prestixiosas universidades americanas en Bos Aires, Santiago de Chile, Sao Paulo e Montevideo. Asidua visitante de México participou como conferenciante nas universidades Iberoamericana, Panamericana, Anahuac, Intercontinental, Autónoma del Estado de México, Instituto Tecnológico de Monterrey, Universidad Judicial de Durango e Popular Autónoma del Estado de Puebla.
É asesora académica da Comisión de Derechos Humanos del Estado de México e da Escola xudicial do mesmo Estado. Este último organismo nomeouna tamén Magister Honoris Causa.
Milagros Otero é a primeira muller académica numeraria da Real Academia Galega de Lexislación e Xurisprudencia e foi a primeira e única muller que, ata o de agora, ocupou o posto de decana da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, así como a Secretaría da Comisión de Doutoramento e Terceiro Ciclo de toda a Universidade de Santiago. Na institución do Valedor do Pobo tamén resulta a primeira muller que ocupa a súa titularidade.
Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.