
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:
Francisco Jorquera anuncia que o BNG pedirá ao resto dos grupos da oposición que asinen, conxuntamente co BNG, unha solicitude de pleno extraordinario para que compareza Feijóo e explique que medidas vai adoptar sobre os incendios e o Sector lácteo.
O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera compareceu ante os medios de comunicación, xunto a deputada e portavoz de Montes, Tereixa Paz. O nacionalista reprobou o acontecido onte na Deputación permanente que ademais cualificou de inaudito por ter celebrado a reunión o ultimo día de agosto sen posibilidade material para convocar un pleno extraordinario como tiñan solicitado varios grupos da oposición e sumou o seu malestar ao calendario aprobado para o mes de setembro cun pleno nos días 15 e 16 porque rompe a norma de que o primeiro pleno ordinario do curso parlamentario se celebre na segunda semana de setembro.
Por outra parte, engadiu, vénse de aprobar de cara á galería unha reforma do regulamento que amplía o período de sesións e agora resulta, que o pleno non se vai celebrar ata a segunda quincena de setembro, mes e medio despois da anterior sesión plenaria.
A consecuencia, recalcou é que o País está ardendo. Só o incendio de Cualedro queimou mais Hectáreas que os incendios do ano 2014 e o noso campo está en pé ante a situación límite do sector lácteo mentres o Parlamento continúa ausente.
O PP anula o Parlamento galego para evitar que o Sr. Feijóo dea a cara e para encubrir o fracaso manifesto das súas políticas. É certo que hai incendiarios e políticas neglixentes, explicou o nacionalista, pero tamén hai políticas incendiarias que incentivan o abandono do campo e a prevención ao que hai que engadir a privatización do dispositivo contra incendios. Estas son as causas que explican que os lumes en Galiza sexa un problema estrutural, remarcou o deputado.
Sobre o sector leiteiro, explicou que o Goberno galego apela a que é ilegal fixar un prezo mínimo do leite en orixe pero tamén é ilegal que as grandes superficies utilicen o leite como produto reclamo ou que as industrias concerten prezos e denunciou que tanto o Goberno galego como o central seguen instalados na inacción total e absoluta.
Pola súa parte, a deputada Tereixa Paz considerou que a única maneira de facer un debate serio sobre os incendios forestais e facelo nun pleno con datos obxectivos para formular propostas encamiñadas a resolver a situación.
O Goberno da Xunta non pode seguir mantendo que estamos ante un problema de orde pública e incendiarios, existen situacións estruturais vinculadas co abandono e unha política forestal que cubre as necesidades de eucaliptos dunha soa empresa en Galiza pero non está orientada a crear riqueza nin a diversificar a produción forestal.tEREIXA
En tan só 6 incendios forestais na fin de semana e contando con todo o dispositivo ao completo, e que nos custará máis cartos que en anteriores ocasións, produciuse un dos días máis aciagos coa superficie queimada de 3.000 ha nun incendio e máis de 1.000 nos restantes na provincia de Ourense.
Algo faia no dispositivo, dixo a deputada facéndose eco das denuncias dos propios traballadores. Hai polo tanto elementos suficientes para que se debata este problema no Parlamento.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.