Noticias

El PSdeG reclama a la Xunta que evite una reconversión del sector lácteo a coste cero

Pablo García, portavoz de Medio Rural del Grupo Parlamentario Socialista en la Cámara gallega, acusó al Gobierno gallego de tardar "más de un año" en "entender" que existe "un problema" en el sector lácteo y reprocha a la conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, que, no haber intervenido antes y haberse "minorado" la situación. Ahora, el diputado socialista exige a la Xunta que evite una "reconversión" del sector lácteo gallego "a coste cero" y que apoye y defienda a un sector al que también llama a no buscar culpables y sí plantear soluciones de futuro.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, acusou ao presidente da Xunta de non establecer medidas de apoio aos produtores de leite o que poden provocar unha “reconversión encuberta a custe cero” que se saldaría coa desaparición de boa parte das explotacións. Así o dixo nunha rolda de prensa na que esixiu a comparecencia de Feijóo para fixar no Parlamento a posición do goberno galego diante da difícil situación do sector.

O responsable socialista fixou o Pleno do día 15 de setembro como a data idónea para celebrar un debate monográfico coa comparecencia do presidente da Xunta, logo de que se teña celebrado a xuntanza do Consello de Ministros de Agricultura da UE prevista para o día 7. Advertiu que a día de hoxe “seguimos sen coñecer os plantexamentos do goberno galego, e cales son as súas demandas para Madrid ou Bruxelas”.

Pablo García sinalou que coa situación que está a atravesar o sector do leite, fundamental para Galicia como principal produtor do Estado, coa crise de prezos que está a atravesar, a desaparición do sistema de cotas e todo o sector mobilizado, “ninguén entendería que Feijóo non fixera unha comparecencia monográfica sobre o lácteo no Parlamento”.

Lembrou que os socialistas xa reclamaron a comezos do verán un Pleno Extraordinario sobre este tema e anunciou o seu respaldo ás propostas dos demais grupos neste sentido.

A data permitirá ademais avaliar as consecuencias de dita xuntanza na que a conselleira galega repite día tras día “ter postas todas as súas esperanzas de éxito a pesares de que non teña feito nin unha soa xestión para que iso sexa así” . Advertiu que un posible adianto das axudas da PAC sería un pobre resultado para a situación dos produtores, algo que “se da por descontado e que a única outra proposta que coñecemos xa foi rexeitada onte polo Comisario Europeo que é a de que se suba o prezo de intervención”.

García acusou o Goberno Galego de “utilizar unha vez máis a tan perfeccionada técnica Feijóo, que consiste que diante de un problema non aportar nin unha soa solución e dedicar todos os esforzos a culpabilizar a todos os demais”. Hoxe son os gandeiros galegos os que teñen que vender o leite a 0,2 euros, fronte aos 0,34 de Andalucía, Aragón ou mesmo Francia, advertiu que Feijóo “ten un problema que non vai vir ninguén a solucionarlle, e o tempo corre en contra dos produtores galegos”.

O deputado socialista demandou apoio para os produtores galegos, por canto “son os únicos que perden cartos e pechan as explotacións non concordando coa conselleira que día que hai que defender a todos, ata agora os únicos que están perdendo cartos son os gandeiros e son ós que ela debería defender”.

Criticou que a día de hoxe “nin sequera sabemos para quén van ir eses 300 euros por vaca que prometeu a ministra de Agricultura sen ningún tipo de explicación sobre os requisitos nin as partidas previstas”. O Ministro Francés en días pasados, en directo, en rolda de prensa pública veu a explicarlle á Ministra como había que facer as cousas, sen embargo nin a Ministra, nin Feijóo nin a Conselleira parecer ser que entenderon nada.

Esixiulle ao goberno galego que deixe de mirar para os gandeiros galegos e de acusalos de falla de organización cando é a propia Xunta, tal como lle dixo a ministra recentemente, a que non fixera os deberes no seu momento.

Foi o propio Feijóo, lembrou, quen boicoteou o intento fai 6 anos de crear un grupo lácteo galego con máis de 20 cooperativas implicadas, para despois constituír Alimentos Lácteos, que rematou cun investimento de 8 millóns de euros de fondos públicos nun proxecto que o “único que tiña de solvente era que o presidente era do PP”. Ese é o mesmo presidente que “agora laia día tras día por un proxecto industrial para o noso leite”.

Fotografía: Carlos Rodríguez Arias.

R., 2015-09-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES