Noticias

El PPdeG defiende en solitario en el Parlamento de Galicia la reforma del Consello de Contas para luchar contra la corrupción

El PPdeG defiende en solitario en la Cámara autonómica gallega la reforma del Consello de Contas con la que se pretende dotar a este organismo de competencias para la prevención de la corrupción, dentro del paquete de medidas de "regeneración democrática" presentado por Feijóo a principios de 2015. El pleno extraordinario también incluye la comparecencia de a conselleira de Medio Rural por la complicada situación del sector lácteo gallego.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou que a reforma lexislativa do Consello de Contas “é unha reacción axeitada deste Parlamento para previr casos de corrupción e os perversos e corrosivos efectos que provoca no sistema político “Coa aprobación desta lei, coa que emprendemos unha vía que en España ninguén abordou, haberá menos ocos e menos eivas para que os indecentes que perseguen o seu ben en vez de o ben público teñan máis difícil conseguir ese obxectivo”, asegurou.

Puy manifestou na súa intervención do debate para a aprobación da reforma da Lei do Consello de Contas que “hai que poñer remedios institucionais fronte aos casos de corrupción e non confiar excesivamente nas bondades da natureza humana, con independencia das ideoloxías de cada un”. Neste sentido, afirmou que con esta reforma “contribuímos a reforzar o entramado institucional da Comunidade autónoma de Galicia, impulsando os instrumentos de autogoberno nunha cuestión tan sensible como a prevención da corrupción”.

Lembrou que esta modificación lexislativa foi anunciada polo Presidente da Xunta nun Pleno extraordinario solicitado polo Goberno e celebrado ao inicio do período de sesións para falar de impulso democrático no que propuxo á Cámara o debate de distintos proxectos lexislativos para corrixir eivas que permitirían evitar casos de corrupción e fomentar a participación da cidadanía na vida política. “Concluímos o período de sesións con outro pleno extraordinario no que imos debater tres das normas lexislativas anunciadas, o que non quere dicir que as outras estean dadas de lado, senón que están en proceso de elaboración e consultas”, dixo.

“Esta proposición de lei ten moito que ver co escoitado na Comisión de Estudo e prevención da corrupción., polo que non é froito da improvisación, senón de escoitar aos expertos”, manifestou o portavoz popular, quen agradeceu que os grupos parlamentarios “contribuíran coas súas emendas, especialmente o PSOE, a mellorar este texto”.

Neste sentido, Puy concretou que xunto ás 36 emendas do Grupo Popular, se aceptaron 10 do Grupo Socialista, 6 de AGE, 15 do BNG e unha do Grupo Mixto; ademais de transaccionar outras tres do Grupo Popular, seis do PSOE e unha de AGE. “En total o informe da conta de 64 emendas transaccionadas, aceptadas ou subsumidas, polo que se pode entender que a lei mudou desde o inicio do trámite parlamentario”, dixo.

“Houbo diálogo, houbo cambios e hoxe debatemos un texto significativamente mellorado, que mantén os alicerces iniciais presentados polo o Grupo Popular e introduce aportacións de moitos expertos que consultamos sobre o texto inicial; algunhas das suxestións feitas desde o propio Consello de Contas e moitas das emendas que se incluíron neste debate”, apuntou.

Pedro Puy lembrou que o texto inicial “era para o debate e mellora, e para a procura de consensos en torno as ideas da importancia de poñer o énfase na prevención da corrupción; atribuír esa competencia a un órgano independente do Executivo, neste caso o Consello de Contas pola súa experiencia, competencias e polo xeral coñecemento que ten da Administración; e mellorar a coordinación do Consello de contas co Parlamento e coa Administración”.

Das emendas aceptadas, o portavoz popular destacou que “se introduciron a especificidade da elaboración de plans de prevención de riscos, que o propio Consello de Contas avaliará; os requisitos para formar parte do Consello de Contas, salientando que os membros que hoxe votamos cumpren estritamente todos os requisitos recollidos nesta lei; se mellora a independencia do Consello de Contas e a presunción de independencia dos seus membros; e se reforza esa capacidade de controlar a independencia das persoas mediante a introdución dunha comparecencia no Parlamento”.

Ademais, Puy engadiu que o Consello de Contas vai elaborar ano a ano un informe específico sobre o grao de cumprimento das súas recomendacións; e incorpórase o réxime de inicio da fiscalización, a través do que as persoas que teñan coñecemento dalgún caso de irregularidade teñen un procedemento para que o Consello de Contas abra unha actividade fiscalizadora sobre esa denuncia.

Pedro Puy salientou que o novo texto lexislativo afortala a autonomía e a independencia do Consello de Contas, impoñendo uns requisitos máis esixentes para os conselleiros, con transparencia sobre os seus bens e tamén reforzando a súa condición como directores das fiscalizacións. Así mesmo, indicou que “se introduce unha disposición que garante a estabilidade laboral dos actuais traballadores do Consello de Contas, ao tempo que se establece que no futuro a provisión das prazas será por concurso específico e non por libre designación como viña sendo ata agora”.

Tamén se mellora a coordinación co Parlamento e co Goberno e se dota ao Consello de Contas de máis e mellores controis sobre os titulares dos órganos controlados, porque a partir de agora terá a capacidade de seguir e controlar se se nota algunha modificación substancial do patrimonio dos altos cargos unha vez deixan o posto directivo.

Por último, Puy indicou que esta reforma lexislativa “tería impedido algúns casos de corrupción, como por exemplo o caso de mal uso de fondos para os cursos de formación, así como moitos outros casos de contratación que pode estar detrás do financiamento irregular de partidos políticos”.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:

O BNG rexeitou o dítame para reformar a lei do consello de Contas debatido no Parlamento galego por carecer de medidas e medios para a loita e prevención da corrupción. Na súa intervención, Jorquera lembrou o refrán galego que desaconsella poñer ao “raposo a coidar as galiñas” en alusión a entender a política como simple xogo de aparencias na que o Goberno galego e o propio Feijóo, dixo, é “todo un mestre” como demostra este pleno.

O PP, engadiu, culmina o trámite de varias proposicións de lei que son presentadas como “medidas de impulso democrático” incluíndo no lote, a reforma do Regulamento deste Parlamento por iniciativa do Grupo socialista, empeñado, recalcou Jorquera, en “facerlle o xogo sucio ao Partido popular”.

Para o deputado, a reforma do Regulamento, presentada ata agora como “intocable”, modificase por vía de urxencia cunha única intención, “blindar o status bipartidista na Cámara e recortar os dereitos dos grupos parlamentares”.

Ademais, “o cambalache do PP e o PSOE” pretende repartirse os órganos estatutarios e o Consello de Administración da CRTVG comprometendo a independencia dos mesmos polo que reiterou que “confiar nas medidas de impulso democrático do PP é o mesmo que confiar ao raposo o coidado das galiñas”.

O parlamentario explicou que primeiro procédese a escolla dos candidatos para cubrir as vacantes do Consello de Contas e despois debatese a Reforma da Lei. Nin sequera se agarda,explicou a que sexa aprobada para acomodar aos novos conselleiros e moito nos tememos, dixo, que coa reforma será incluído na renovación o Sr. Dositeo Rrodíguez porque de non ser así, “o PP tería esixida xa a súa dimisión”.

O deputado tamén criticou que a reforma non inclúa aspectos substanciais para dotar ao Consello de Contas de máis medios, reforzar a súa independencia e competencias así como blindar a independencia dos seu persoal. Se isto non se fai así, afirmou, a reforma é “un brinde ao sol e pura propaganda”.

Jorquera defendeu unha emenda para crear unha dirección de prevención da corrupción e outras tantas destinadas a reforzar as competencias do órgano con capacidade de ditar normas “de obrigado cumprimento” en materia de loita contra a corrupción.

Por outra parte, o BNG BNG solicitaba máis capacidade fiscalizadora sobre a evolución dos bens patrimoniais dos altos cargos, así como descentralizar as competencias do Tribunal de Cuentas do Estado para que sexan desenvolvidas polo Consello de Contas, a través de protocolos ou convenios de colaboración.

Finalmente, o parlamentario reivindicou regularizar ao persoal para acabar con situacións de precariedade e interinaxe, “en 30 anos a situación do persoal segue sen regularizar”, concluíu. Jorquera anunciou o voto en contra do BNG ao ditame sobre a Proposición de lei de reforma do Consello de Contas.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia

R., 2015-08-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran-calor-ferrol.jpg) Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
Foto de la tercera plana (deporte-remo.jpg) O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corre a cargo dun equipo integrado por persoal investigador da USC, da Universidade de Cambridge e do Instituto Colombiano de Antropología e Historia (ICANH).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES