Noticias

Anova y Podemos inician un diálogo político para buscar diálogo y cooperación

En respectivos comunicados de prensa remitidos por ambas formaciones políticas, Anova y Podemos anuncian que abren un diálogo político con la mirada puesta en las elecciones generales y sobre unas bases que implican la "coincidencia" en temas determinados. Beiras asegura que "hablando se entiende la gente" y que Anova y Podemos "entienden Galicia como nación y el pueblo gallego como sujeto de soberanía", con la gente como motor.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de Anova:

Trala última Conferencia Política Nacional, Anova-Irmandade Nacionalista encetou encontros e diálogo con organizacións políticas coas que entendemos que é posíbel encontrar fórmulas comúns de participación en procesos de unidade popular e en alianzas para as próximas eleccións xerais.

Neste contexto, iniciamos tamén con Podemos Galicia conversas que teñen como obxectivo explorar coincidencias e puntos de encontro primeiramente desde o punto de vista político, independentemente da fórmula de concorrencia electoral que finalmente se dea.

Así, logo dun primeiro contacto, comprobamos importantes coincidencias con Podemos Galicia nos seguintes aspectos:

Anova e Podemos entendemos Galiza como Nación e o Pobo Galego como suxeito de soberanía.

Ambas as dúas organizacións coincidimos en que a participación nunhas eleccións ás cortes españolas debe dar lugar a un espazo parlamentario propio que teña a Galiza como o seu espazo de representación.

Concibimos as nosas organizacións como instrumentos da cidadanía do común, non como fins en si mesmas. As organizacións son simples ferramentas a disposición do pobo para poñer en valor a conquista das arelas de cambio que se evidencian nestes tempos. Nese proceso se insire a necesidade dunha creba democrática que permita novas formas de exercer acción de goberno baseadas en favorecer mecanismos de participación popular e de devolución das institucións á cidadanía. As institucións deben servir para reverter as políticas de agresión contra a maioría social e para defender os seus dereitos, conquistas e necesidades.

Concordamos na realidade plurinacional do Estado español e entendemos que o réxime do 78 está esgotado. Un novo marco institucional para o Estado español non é posible se non é mediante un proceso de procesos constituíntes que garanta o respecto das vontades soberanas dos suxeitos políticos das diversas nacións.

Celebramos o éxito conseguido nas pasadas eleccións municipais polas candidaturas de unidade popular e cidadá. Como é ben sabido, as dúas organizacións, xunta a outras, participamos a través da nosa militancia a nivel individual en moitas desas candidaturas. Comprometémonos, pois, a contribuír con todo o noso esforzo a facilitar o traballo nos espazos de poder cidadá e os grupos municipais independentemente do resultado dos procesos de diálogo para conformación de candidaturas ás eleccións xerais.

O proceso de diálogo entre Anova e Podemos continuará aberto co obxectivo de encontrarmos as fórmulas de cooperación para a unidade popular neste intre histórico que estamos a vivir.

Fotografía: Podemos

R., 2015-07-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES