
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:
O coordinador do equipo redactor, José Manuel Rey, afirmou que o PPdeG quere gobernar para os galegos e cos galegos. Esta declaración foi recollida na súa comparecencia en rolda de prensa para presentar o Manifesto Político que servirá de prólogo na Ponencia que os populares galegos darán a coñecer este xoves en Santiago en Santiago de Compostela .
Segundo o coordinador, a principal virtualidade desta Ponencia é a súa elaboración participativa tralos resultados electorais do 24 de maio. Neste sentido, Rey recordou que o texto foi creado a partir de centos de aportacións para definir cambios nas formas de facer política e nas actitudes dos políticos do principal partido de Galicia.
O político popular afirmou que só se podían facer dúas cousas non facer nada ou abrir un proceso de reflexión para seguir achegándonos máis o que pensan moitos galegos con esa ambición do PPdeG de seguir representando á maioría.
Este documento plasma a sensibilidade necesaria que temos que marcar cara os novos tempos, a nosa vocación como forza política é contribuír ao avance de Galicia e ao aumento da calidade de vida do conxunto da cidadanía declarou Rey.
Ademais, o coordinador incidiu en que o Manifesto reflicte os valores fundamentais do seu partido pois somos un partido galeguista comprometido co desenvolvemento de Galicia e o noso galeguismo representa a nosa particular forma de ser españois, incidiu.
O popular tamén asegurou que somos un partido de profundas conviccións municipalistas xa que o municipio é a Administración máis cercana ao cidadá, por onde entran a maior parte de peticións por parte dos cidadáns.
Por outras parte, José Manuel Rey afirmou que o PPdeG é un proxecto político reformista e centrista: centrista porque a nosa aspiración é fuxir da radicalización e dos extremismos, e reformista porque sabemos que a nosa sociedade está en permanente cambio e os proxectos políticos tamén se teñen que adaptar a ese cambios permanentes se queren seguir tendo resultados positivos, apuntou.
Para Rey, outro dos principios fundamentais é a tolerancia cero coa corrupción para ser merecedores da confianza dos galegos e para o que deben endurecer a nosa posición respecto a aqueles que caen en condutas impropias e que non son dignos de representar aos cidadáns nin a estas siglas, declarou.
Outras das características que o coordinador do equipo redactor salientou é que son un partido transversal e interxeracional polo que temos que promover unha maior participación dos mozos e mozas na vida pública.
Por outra parte, Rey Varela considera que nunha democracia na que ninguén dubida da lexitimidade das nosas institucións, tamén é preciso introducir cambios para que esa lexitimidade sexa exercida diariamente polos nosos representantes.
En relación a esta idea, o coordinador recordou algunhas das propostas presentadas nos últimos días e que tratan que os cargos do PPdeG estean máis achegados á sociedade como as Oficinas de atención ao cidadán e o contacto coas entidades no territorio no que cada un dos representantes públicos traballa.
O obxectivo é -para Rey- que calquera galego poida falar cun cargo público do Partido Popular e que estes, á súa vez, teñan que dar contas aos comités executivos, ás bases do partido e aos seus electores. Todo isto suporía unha maior cercanía xa que calquera cargo público ten que ter aspiración de parecerse máis a calquera cidadán, de aí a nosa proposta de eliminar os aforamentos dos cargos do Parlamento de Galicia e a idea de promover as auditorías internas previas á designación dos cargos públicos.
No remate da súa comparecencia, José Manuel Rey lembrou que o resto das propostas íntegras coñeceranse na presentación da Ponencia Política este xoves en Santiago de Compostela.
Fotografía: Gabinete de Comunicación del PPdeG
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.