El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, y el alcalde de Santiago, Martiño Noriega, han compartido su intención de alejar cualquier tipo de "lagunas o de malos entendidos" en la relación institucional entre la Xunta y la capital gallega, y han insistido en su intención de "caminar juntos".
Es lo que ha explicado el jefe del Ejecutivo autonómico tras una reunión institucional en San Caetano y al ser preguntado por una posible mala relación motivada por la ausencia del regidor compostelano en la entrega de las Medallas Castelao, en la ceremonia de las Medallas de Galicia o en la Ofrenda al Apóstol el 25 de julio, todos estos actos celebrados en la capital gallega.
Feijóo sí ha reconocido en esta comparecencia conjunta con el alcalde compostelano que la relación entre ambos sí que fue, en efecto, un asunto "que se comentó" de forma previa a la reunión, en la que se abordó que "con independencia de las distintas visiones políticas" no exista una relación que perjudique a la ciudad, "el alcalde así me lo transmitió y se lo agradezco mucho", ha dicho. "Espero que podamos caminar juntos porque somos vecinos", ha agregado el presidente gallego, quien ha dicho que espera que su relación pueda servir "de ejemplo" a los vecinos de Santiago y de Galicia. No obstante, el regidor, de la candidatura popular Compostela Aberta, ha preferido no hacer declaraciones a este respecto.
El titular de la Xunta ha valorado esta primera reunión con Noriega, que sirve para "sentar bases de diálogo" de cara al futuro, y ha destacado: "Para mí es un honor poder estar con el alcalde de la capital de Galicia". En alusión a lo abordado en el encuentro, el presidente gallego ha señalado que lo importante ahora son los "deberes que nos quedan por hacer en la ciudad". En este sentido, se ha comprometido a mantener el presupuesto destinado a la capitalidad y al consorcio de Santiago, y así las partidas que se pusieron al alza en este 2015 "se garantizan" también para el próximo año. "Antes pedimos comprensión a los vecinos y ahora toca comprometer que queden como mínimo estables", ha abundado.
En la entrevista también se han referido a la estación intermodal, un compromiso que para la Xunta también es "inmediato" dada la relevancia que tendrá la conectividad de ésta con el resto de la ciudad, y que además pueda convertirse en "una auténtica lanzadera para el aeropuerto internacional de Santiago".
En referencia al turismo, Feijóo ha remarcado su intención de seguir promocionado "la Catedral y los caminos jacobeos", y de presentar al Ayuntamiento de Santiago el "plan director" de la Xunta en este sentido, ya que la capital gallega es "el fin" de todos esos caminos.
La situación de la Ciudad de la Cultura también se ha abordado en este encuentro, en el que el presidente gallego ha mostrado su intención de licitar de un breve periodo de tiempo "la iluminación completa" del bosque de Galicia, así como la de "seguir haciendo actuaciones" de forma armónica para solventar las excavaciones de los edificios "que quedaron inconclusos" en el Gaiás.
También ha valorado la posición del alcalde compostelano de cara a la coordinación aeroportuaria, para no repetir rutas financiadas desde distintos ayuntamientos, puesto que "la Galicia coordinada es la fuerte y la descoordinada es la débil", ha enfatizado.
El alcalde de Santiago también ha tildado de "positiva" esta reunión "en la medida" en la que facilitó abordar las cuestiones que son importantes "para la capital del país". Sus peticiones, que en principio mostraron receptividad por parte del gobierno autonómico, se centraron en los fondos de una "herramienta" vital para la ciudad como es la capitalidad, y también el Consorcio. En cuanto al proyecto de la intermodal, Noriega ha señalado que el Ayuntamiento de Compostela "no está en contra" del primer paso que existe encima de la mesa, pero necesita "garantías" de que en el horizonte no está renunciar a la intermodalidad para que ésta "sea una realidad" en los próximos años.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acordou co Concello de Santiago asentar o diálogo como base para impulsar os proxectos estratéxicos para a cidade como a Capitalidade, a Estación intermodal ou o turismo.
Durante unha reunión mantida co alcalde da capital de Galicia, Martiño Noriega, Feijóo lembrou, a modo de exemplo, algúns dos temas máis relevantes para a cidade e que a Xunta desbloqueou nos últimos anos, como o Plan de transporte metropolitano; o Parque industrial da Sionlla; e o Centro de saúde de Galeras, na actualidade en execución.
Así mesmo, salientou os avances en benestar co incremento dun 76% das prazas públicas en escolas infantís e dun 30% das prazas públicas para maiores; coa posta en marcha do novo edificio xudicial e do Centro de recuperación integral para as vítimas de violencia de xénero; e co incremento do número de beneficiarios do Servizo de Axuda no Fogar, que chegou a triplicarse.
Neste mesmo eido, Feijóo trasladou ao Concello o interese da Xunta de que concellos e deputacións participen no Plan de loita contra a desigualdade económica; unha cuestión que tamén esbocei ao resto dos alcaldes, lembrou, logo de precisar que no mes de setembro verase o contido e alcance da proposta que fará a Xunta.
O responsable do Executivo galego incidiu nas vantaxes que suporía contar cun plan ambicioso con fondos municipais, provinciais e autonómicos, para que Galicia teña un plan único para paliar as necesidades reais que existen en moitas familias que aínda non viron no seu fogar a recuperación económica.
Entre os asuntos que afectan de forma exclusiva á cidade, Feijóo referiuse á condición de capitalidade. E, neste eido aseverou que as contías que o ano pasado tiveron un pequeno incremento a alza quedan estables e garantidas no presuposto do ano 2016. Durante a recesión económica pedimos comprensión á cidade e, agora, toca comprometer que esas contías queden como mínimo estables, explicou, ao que engadiu que tamén queda estable e garantido o compromiso da Xunta co Consorcio de Santiago.
En materia de mobilidade, o responsable autonómico trasladou o compromiso do Goberno galego de facer, de forma inmediata, unha estación intermodal na cidade no que a autobuses se refire: En canto teñamos o proxecto que se está conformando, verémolo conxuntamente co Concello para avanzar de xeito simultáneo cos traballos da estación do ferrocarril que lle corresponde ao Ministerio de Fomento, dixo.
Feijóo avogou por unha estación intermodal de viaxeiros, non de transporte, unha estación para a mobilidade dos cidadáns; unha estación intermodal que se converta nunha auténtica lanzadeira co aeroporto de Lavacolla e que contribúa á integración da cidade. Que a xente poida ir á estación e poida subirse nun autobús, no tren ou conectar desde alí co aeroporto internacional de Santiago, afirmou.
Xunta e Concello dedicaron tamén parte do encontro a analizar o sector do turismo, un dos eidos máis importantes tanto para Santiago como para Galicia; especialmente polo impacto das rutas xacobeas.
Sobre este punto, Feijoo trasladou ao alcalde a intención da Xunta de seguir apostando polos Camiños ao máximo posible, para o que en outono presentarase ao Concello o Plan Director dos Camiños de Santiago, un plan que está moi avanzado e que supón un grande esforzo por parte da Xunta para ter os camiños en condicións non só para o Xacobeo 2021, senón para todos os anos que restan.
E imos seguir tamén co noso compromiso de rehabilitación da Catedral, cun investimento de 17 millóns de euros entre fondos estatais e autonómicos; e seguiremos investindo para facer un centro de acollida internacional para os peregrinos na rúa Galeras, coa rehabilitación completa do edificio propiedade do Arcebispado de Santiago, engadiu, referíndose tamén ás obras de reforma do Pazo de Xelmírez.
En relación á Cidade da Cultura, o titular do Executivo autonómico expresou o compromiso de consolidar o proxecto do Bosque de Galicia, de tal xeito que se licitará, de forma inmediata, a iluminación completa das sendas peonís. E imos tamén poñer en marcha actuacións para poñer en valor as edificacións da Cidade da Cultura; actuacións de integración da paisaxe para diminuír o impacto das escavacións dos edificios que quedaron inconclusos.
Por último e en materia de aeroportos, o responsable autonómico reiterou a aposta pola coordinación aeroportuaria, de tal xeito que as tres terminais que existen en Galicia fagan propostas rendibles e compatibles entre si.
Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia