
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:
O BNG considera que a celebración unitaria e masiva do Día da Patria, pola que parabeniza ao colectivo cívico convocante, deixou un mandato claro da cidadanía: seguía avanzando na unidade para defender con máis forza á nación galega.
Foi un clamor chamando á unidade das forzas nacionalistas e das forzas galegas para poder defender mellor este país, sintetizou o portavoz nacional, Xavier Vence, quen botou man do manifesto lido o 25 de Xullo na Quintana para subliñar ese chamamento á unidade: Sumados somos unha maioría na sociedade, precisamos fraguar tamén unha maioría política que defenda os nosos intereses. As divisións debilítanos e encamíñanos á insignificancia, mentres que unión multiplica as nosas forzas.
Con este mandato expresado no Día da Patria, o BNG considera necesario iniciar de inmediato o diálogo para conformar unha gran candidatura galega de unidade.
Queremos empezar a traballar xa con todas as forzas políticas, con todos os colectivos sociais e cívicos para conformar esa candidatura nacional de unidade canto antes, e convidamos a todo mundo a que asuma este mesmo compromiso de diálogo inmediato, sabendo que hai tempo pero non demasiado para facer un traballo de diálogo social amplo que permita que esa candidatura de unidade sexa realmente representativa. Pensamos que o diálogo debe empezar no día de hoxe entre todos e todas os que queremos que Galiza teña unha gran representación no Congreso, explicou Vence.
O portavoz nacional deixou claro que o BNG colle con ilusión a mensaxe expresada o 25X, un mandato que debemos coller todas as forzas políticas en Galiza e poñernos xa a traballar para sumar, para unir, para conseguir unha gran candidatura unitaria para as eleccións xerais, recalcou.
Neste sentido, o Bloque asume o compromiso de traballar desde hoxe para erguer esa candidatura unitaria de amplo espectro que serva para defender Galiza ante o Estado central e derrotar ao PP. Vence alegou que ese é o que espera toda aquela cidadanía que aposta por dar voz soberana a Galiza no Congreso para defender as conquistas sociais, os servizos públicos, os nosos sectores produtivos e unha economía capaz de xerar emprego e dar futuro á xente moza no país.
Dada a proximidade dos comicios xerais, o Bloque desde xa vai poñer en común e dialogar con todas as forzas políticas, con todos os colectivos sociais e cívicos, coas plataformas que defenden a diferentes sectores para conformar esa gran candidatura nacional galega e unitaria, avanzou Vence, quen confía en que todos e todas esteamos á altura das circunstancias, a altura do reto, e a altura do que nos mandou a cidadanía nesa masiva manifestación do 25 de Xullo.
Con ese obxectivo, a formación nacionalista pon todo o seu caudal, enerxía e ilusión para construír con todos aqueles que queiran esa candidatura unitaria para levar unha voz forte, potente de Galiza a Madrid e poder defender os nosos intereses inmediatos e o noso status de nación, como así reclamaron miles de galegos e galegas na manifestación unitaria do Día da Patria, concluíu.
Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.