Noticias

Agentes sociales y económicos participan en el Plan Estratégico 2015-2020. El PSdeG pide ayudas concretas para el sector lácteo

Ante la preocupación por la situación del sector lácteo como pieza estratégica de la economía gallega, el PSdeG insiste en reclamar medidas concretas de apoyo por parte de la Consellería de Medio Rural, y ante los efectos del cambio de modelo y de los bajos precios de la leche. Mientras, agenes sociales y económicos participan en el Plan Estratégico de Galicia 2015-2020 con sus aportaciones en clave de innovación y competitividad. La capital gallega acogió el segundo foro de debate con representantes de entidades.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Máis de medio cento de axentes sociais e económicos realizaron as súas achegas sobre crecemento innovador e competitividade, nun foro de debate no que participaron tamén representantes da Administración galega e que ten por obxectivo enriquecer o Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020. Este é o segundo foro destas características que se leva a cabo no marco da elaboración do Plan.

O foro de debate foi inaugurado na Cidade da Cultura polo conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez; o titular de Economía e Industria, Francisco Conde; e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez. O foro de debate artellouse mediante tres mesas especializadas –unha sobre crecemento innovador, outra sobre competitividade da economía galega e unha terceira sobre competitividade a través da educación e o emprego-, nas que participaron especialistas de cada eido.

Todas as achegas que saen destas mesas permitirán enriquecer o documento final do Plan. O pasado luns celebrouse o primeiro foro de debate, sobre demografía e políticas sociais, e nas vindeiras semanas terá lugar un terceiro foro de debate sobre cohesión territorial e desenvolvemento. Ademais, xa está constituído o Comité Asesor do Plan Estratéxico, composto por 12 expertos en diferentes eidos da empresa, a innovación e a universidade.

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, explicou que o foro celebrado hoxe na Cidade da Cultura enmárcase no obxectivo de consolidar a recuperación do emprego en Galicia, “que xa está se está producindo, e de maneira cada vez máis intensa”, segundo reflicten os últimos datos da Enquisa de Poboación Activa do segundo trimestre do ano.

Neste sentido, o titular de Facenda insistiu en que Galicia ten que ser capaz de competir no marco dunha economía globalizada na que é preciso gañar competitividade e diferenciar o produto en base á innovación e á calidade. “Temos por diante o reto de que Galicia sexa unha economía cada vez máis competitiva, máis innovadora e máis exportadora”, dixo.

Mentres, o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou o esforzo planificador do Goberno galego para, en colaboración cos axentes sociais e económicos, trazar unha folla de ruta para que Galicia impulse “a pedra angular do seu desenvolvemento, a competitividade”.

Unha folla de ruta “de Galicia para Galicia”, dixo Conde, composta por instrumentos como a Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia, ou RIS3, coa que a comunidade busca impulsar a súa capacidade innovadora; pola Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0, coa que “queremos reinventar a nosa industria incorporando a fábrica intelixente”; e coa Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020, que sirve de ferramenta ás empresas para contribuír ao récord de exportacións que está a vivir Galicia.

Finalmente, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, cualificou a educación como un piar fundamental no contexto económico e social de Galicia e como un eixe transversal fundamental no marco deste Plan Estratéxico, que supón unha oportunidade para mellorar as condicións de vida. Neste sentido, sinalou que os retos no seu eido específico pasan pola mellora da calidade educativa no marco dun sistema equitativo que sirva como panca para o cambio social e produtivo.
Para iso, Rodríguez fixo fincapé na necesidade de continuar desenvolvendo medidas en prol da implementación das TIC, da aprendizaxe de idiomas, da cultura do esforzo e dunha escola inclusiva. Así mesmo, apostou por seguir fortalecendo a FP como unha formación competitiva e para o emprego e pola adaptación das titulación ás demandas sociais e ás esixencias dos sectores produtivos.

A Consellería de Facenda deu inicio ao proceso de participación da sociedade civil na elaboración do Plan Estratéxico 2015-2020, co obxectivo de coñecer as prioridades dos sectores participantes e obter así un documento final máis enriquecido polas achegas dos axentes sociais.

Así, xa está operativa unha páxina web (www.planestratexico.gal) a través da cal todos os axentes sociais poden coñecer o proceso de elaboración do plan e a documentación base sobre o mesmo. Deste xeito, calquera persoa ou entidade pode enviar á Xunta as súas achegas e suxestións.

O Plan Estratéxico 2015-2020 deséñase non como un plan da Administración, senón como un proxecto conxunto da sociedade civil, co obxectivo primordial de que Galicia sexa un territorio con máis emprego, máis competitividade e máis benestar. Para iso, a súa elaboración parte dun modelo evolucionado da tripla hélice (Administración, Universidade e Empresa), ao que se lle engade a sociedade civil.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, esixiulle á conselleira de Medio Rural que compareza no Pleno Extraordinario con “solucións concretas” para afrontar a crise do sector lácteo. Presentou unha Interpelación na que lle reclama ao goberno galego que tome medidas de apoio ao sector fronte á desaparición do sistema de cotas lácteas.

García dixo que “non pode vir a dicirnos vaguidades nin estupideces”, lembrando as declaracións no día da gran manifestación do sector, no que a conselleira replicou que a situación “non é tan grave”, un “xarro de auga fría” para o sector. Explicou que o cambio de modelo, xunto cos prezos por debaixo do custe de produción e a falla de apoio do goberno, provocan que cada mes se estean desafiuzando explotacións.

Lamentou que mentres o goberno francés teña anunciado un paquete de medidas de 600 millóns de euros inmediatos co leite 10 céntimos máis cara que en Galicia, a Xunta se negue a sentarse cos gandeiros e o goberno central faga o “ridículo” de anunciar un plan dotado con 1,5 millóns de euros.

Criticou a pasividade da Xunta fronte á situación cando mesmo a UE ten devolto o Plan de Desenvolvemento Rexional por, entre outras moitas razóns, non incluír medidas para adaptar a produción a un sistema sen cotas lácteas. Lamentou que a resposta do goberno galego non sexa “para nada acertada, nin política nin humanamente adecuado”.

Pablo García engadiu que “este non é o momento para ir de festas gastronómicas”, afeándolle a súa presenza nas romarías “coa que ten enriba da mesa” con relación ao sector lácteo. En resposta a preguntas dos xornalistas, criticou que o presidente da Xunta estea “mais preocupado de que os alcaldes vaian a misa que de gobernar e do grave problema do sector”, en resposta á polémica co alcalde de Santiago pola súa ausencia o pasado sábado na Catedral.

O responsable socialista sinaloulle á conselleira o camiño de saída coa expresión popular “se non sabes, vaite”, e dixo que “hai moito tempo que demostrou non ser a persoa adecuada” para dirixir a acción de goberno con relación ao sector lácteo. Dixo que “xa non falamos nin de resultados”, o realmente grave, explicou, é que a conselleira “nunca tivo nin sequera a intención” de apoiar ao sector lácteo.

Advertiu que a situación do sector responde a un “problema político” provocado polo “claro desleixo” do Ministerio e a “total ausencia e falla de liderado da Xunta de Galicia”. Os gandeiros observan atónitos o abandono dos gobernos mentres o principal produtor de leite, como é Galicia, co produto mais barato de Europa e nun mercado deficitario afrontan a peor crise dos últimos 30 anos coa ameaza diaria de deixar leite sen recoller.

García fixo tamén alusión aos incendios rexistrados esta fin de semana, que afectaron especialmente á Rede Natura, un feito que atribuíu á falla de medidas de prevención. Advertiu que os alcaldes afectados polos lumes constatan que logo da declaración de zonas de especial protección, a realidade é que “non se tomou ningún tipo de medida de prevención por parte do goberno”.

O responsable socialista criticou que a Xunta teña tomado idénticas medidas nunha zona frondosa e de difícil acceso, que nun “ermo dun polígono industrial próximo a Santiago de Compostela”.

O balance do primeiro tramo do verán deixa claras as consecuencias da “nula política de prevención” do goberno galego, a baixa efectividade das brigadas desmanteladas pola Xunta e as casas, ameazadas polas lapas, salvadas tan só pola acción dos veciños.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de AGE:

A paciencia dos gandeiros e gandeiras galegos esgótase. A situación de, en palabras do deputado de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Antón Sánchez, emerxencia que atravesa o sector lácteo e a “absoluta incapacidade” da Consellaría de Medio Rural para facerlle fronte levou ao parlamentario a esixir a dimisión da conselleira Rosa Quintana. “A súa incapacidade para solucionar ningún dos problemas do lácteo e as súas continuas faltas de respecto aos produtores son razón abondo para reclamarmos a súa dimisión inmediata”, expuxo esta mañá en comparecencia de prensa no Parlamento de Galicia, antes de pedir ao presidente da Xunta que abandone o escapismo “e coloque a situación do sector lácteo na súa axenda”.

“O lácteo é un sector fundamental, que vertebra o noso país, e non podemos deixar que o destrúan”, sinalou Sánchez. Hai máis dun ano que os gandeiros galegos perciben os prezos por litro de leite máis baixos do Estado, que nin dan para cubriren os custos de produción. “A situación agravouse co novo paquete lácteo. Moitos gandeiros nin sequera teñen garantía de recollida do produto”, engadiu. A un 15% das explotacións leiteiras de Galiza páganlles o litro de leite a entre 18 e 22 céntimos de euro. A un 30%, entre o 22 e o 26%. “Non é que non acaden para sufragar os custos de produción, é que está en risco a súa propia supervivencia”, explicou Sánchez, quen lembrou as prácticas habituais da industria de “ameazar” os produtores coa non recollida de leite.

Para Antón Sánchez, quen manifestou o apoio de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) ás mobilizacións dos gandeiros que comezan o vindeiro un de agosto en Santa Comba, os traballadores e traballadoras do sector lácteo nin sequera contan cun Goberno que os defenda. “Nin Feijóo nin a conselleira teñen un mínimo de sensibilidade coa situación”, afirmou, “e ben non entenden nada, ben non lles importa”. A propia Rosa Quintana descargou responsabilidades en numerosas ocasións sobre os gandeiros ou á ausencia de investigación e desenvolvemento no sector. “É indigna. Ademais, se non hai I+D no sector, ¿a consellaría de Medio Rural non ten responsabilidades?”, preguntouse.

Diante desta situación de emerxencia, o deputado de AGE instou a Alberto Núñez Feijóo a conducir persoalmente a política de rescate e apoio do sector lácteo. “O señor Feijóo ten que sentar a todos os actores nunha mesa, os produtores, a industria e a distribución, ate que cheguen a un acordo”, dixo, e puxo como exemplo Francia e o Goberno francés. “Así acaba de se facer en Francia, onde o acordo inclúe garantía de recollida para os gandeiros e unha suba de tres ou catro céntimos por litro sobre prezos que xa eran máis altos que os que se pagan en Galiza”. O peso do sector en Francia é, ademais, moito menor que en Galiza.

Con todo, Sánchez desconfía dun presidente, o da Xunta, “moito máis preocupado pola súa carreira política, noqueado polas eleccións municipais, e que aínda non dixo nin unha palabra sobre o sector lácteo e négase a comparecer no Parlamento”. “O Partido Popular aposta con esta e outras actitudes pola desertización do rural, porque tanta incompetencia non é posíbel”, concluíu.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

R., 2015-07-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival.jpg) A programación conta con 18 formacións musicais, das que 15 son galegas, o que reflicte un impulso á creación musical da comunidade e á consolidación dun tecido profesional estable no ámbito da música ao vivo. A carteleira, que xa se vén desenvolvento desde o pasado mes de abril, inclúe en vindeiras datas as actuacións de Pablo Leira, Caamaño & Ameixeiras, Calequi y Las Panteras, High Paw, Saibran, Anxo Araújo, Grande Amore, Pava, Bala, Toundra, De Ninghures, Abril, Zeltia Irevire, e Su Garrido Pombo, nun calendario de concertos que se prolongará ata finais de febreiro do ano que vén. No caso da Guión Clube, están previstas dúas citas dentro deste ciclo.
Foto de la tercera plana (portugal_galicia.jpg) Galicia e Norte de Portugal reforzan a Estratexia de especialización intelixente transfronteiriza en materia de I+G+i co proxecto MAISRIS3T, dotado con case 1 millón de euros ata 2028 e que foi abordado en Vigo na xornada do Observatorio da I+D+i da Eurorrexión no que participou a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo. Alí, a representante da Consellería de Educación destacou que ambos territorios foron pioneiros na posta en marcha da primeira estratexia de especialización transfronteiriza en Europa para o período 2014-2020, que foi recoñecida como caso de boas prácticas pola Comisión Europea.

Notas

O obxectivo do novo Hub é claro: converter o Xeoparque Montañas do Courel nun territorio de oportunidades no que nazan novos proxectos empresariais que xeren emprego, fixen poboación e coiden da contorna. A área do Xeoparque afronta retos estruturais de despoboamento, envellecemento e perda de actividade económica, pero ao mesmo tempo dispón dun elevado potencial en sectores estratéxicos.
Promovida polo Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, investigadores e investigadoras do grupo GEAAT da UVigo desenvolveron nas últimas semanas unha nova campaña arqueolóxica en Ons, que permitiu obter novos datos respecto da ocupación do castro do Castelo dos Mouros na época romana.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES