
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:
A base social do BNG deu luz verde á proposta do Consello Nacional de concorrer ás eleccións xerais nunha candidatura galega de unidade con personalidade xurídica propia, tras un proceso de asembleas abertas celebrado a nivel comarcal coa participación da militancia e simpatizantes da formación nacionalista.
Nun proceso de participación aberto ao conxunto da cidadanía, as asembleas abertas aprobaron co 87% de votos a favor a proposta do máximo órgano de dirección do Bloque, que só contou cun 3,6% de voto en contra e un 9,3% de abstencións. Con este aval expresado nas asembleas abertas, a dirección do BNG mantén o obxectivo de promover un amplo proceso social que culmine coa conformación dunha gran candidatura galega de unidade.
Sen exclusións, o BNG aposta por sumar con todas as forzas políticas, colectivos sociais e, sobre todo, con toda a cidadanía que comparta o obxectivo de dotar Galiza de voz soberana no Congreso, a través dun grupo parlamentario propio sen supeditación algunha a ningún outro grupo o estrutura estatal, conformando esa candidatura galega de unidade con personalidade xurídica.
A formación nacionalista considera que a vindeira lexislatura será crucial na configuración do modelo de Estado, e será máis necesario ca nunca que Galiza conte cunha representación forte que defenda os seus intereses inmediatos e estratéxicos, e o dereito de autodeterminación dos pobos.
Para o BNG, nas eleccións xerais está en xogo moito máis que a posibilidade de mudar a cor política do Goberno central que, sendo necesaria, non resolve os problemas do país, que precisa unha representación soberana no Congreso a través dunha candidatura galega de unidade.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.