
Los alcaldes nacionalistas de San Sadurniño, Secundino García; de Mazaricos, Juan José Blanco Riveiro; y Boimorto, Xosé Luís Rivas Cruz, Mini, apuestan por trabajar por un "municipalismo rural" en defensa de los vecinos y por eso realizaban este llamamiento en una rueda de prensa convocada en Santiago de Compostela. Se trataría de un frente de regidores ante los bajos precios que perciben los ganaderos por la venta de la leche que producen en sus explotaciones, y critican las amenazas de la industria que no recoger su producción si no aceptan las condiciones.
Los alcaldes del BNG lanzan, así, "un grito de lucha" por la "supervivencia" de los ganaderos, porque "si se muere" el sector lácteo, "se muere el rural", según Xosé Luís Rivas Cruz, alcalde de Boimorto. El alcalde de Mazaricos, un municipio con 360 explotaciones ganaderas, apela a apoyar "todas" las iniciativas que sean posibles con el fin de acabar con "los abusos" de las industrias a los productores. El alcalde de San Sadurniño ha explicado cómo diversas granjas tuvieron problemas con la recogida de su producción y lamenta que muchas deban vender la leche por debajo de costes.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:
Os Grupos Parlamentares do Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Mixto, ao abeiro do disposto nos artigos 56, 67 e 98 do Regulamento da Cámara, Solicitan a convocatoria urxente da Deputación Permanente para a celebración dunha sesión extraordinaria do Pleno, coa seguinte orde do día:
Punto único.- Comparecencia do presidente da Xunta de Galiza para explicar as xestións da Xunta de Galiza ante a dramática situación do sector lácteo.
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, dixo que a irresponsabilidade de Feijóo comeza a pesar como unha lousa sobre o sector lácteo. Logo dunha xuntanza cos representantes dos sindicatos lácteos UUAA, Xóvenes Agricultores e SLG, instou ao presidente galego a superar a súa falla de decisión para liderar a resposta a un problema que teñen os nosos gandeiros e que polo tanto ten o noso país.
O líder dos socialistas galegos criticou a ausencia absoluta do goberno galego no apoio ao sector galego diante da desaparición do sistema de cotas lácteas e a liberalización do mercado. Esta situación coincide coa devolución á Xunta dende Bruxelas do Plan de Desenvolvemento Rural por telo elaborado sen consenso, co que un plan do que dependen 900 millóns de euros ata 2020 queda adiado ata finais de ano.
Sinalou que Galicia ten que afrontar esta traumática situación cos prezos do leite por debaixo do custe de produción mentres non hai un papel activo da nosa administración e non hai quen defenda a produción láctea nin o modelo industrial de Galicia. Lamentou o desleixo do goberno galego, incapaz de intervir mentres os distribuidores actúan claramente en contra dos nosos produtores.
Lembrou que na última xuntanza con Feijóo trasladeille a necesidade e o compromiso de apoiar ao goberno galego en Madrid a pesares de que outros socialistas defenderan intereses diferentes. Sen embargo, o presidente da Xunta desbotou facer uso deste apoio e mesmo renunciou a defender ao sector galego diante do goberno central.
Gómez Besteiro confirmou o apoio dos socialistas galegos á plataforma que está a constituír o sector e que coincide coas nosas preocupacións na liña de que Galicia sexa capaz de liderar ao sector lácteo ao ser o maior produtor do Estado. Advertiu que está por demostrar que o goberno estea comprometido co sector e non con outras cousas
Esixiu un goberno eficaz, que actúe, que resolva os problemas e defenda e lidere aos galegos e galegas que participan deste sector, que son moitos, e polo tanto moitas familias que viven do mundo do leito, onde tiñamos que ser referencia e non ter un problema.
Criticou que a situación actual rexistra tensións que reproducen xusto o que o PP e Feijóo dixeron que non ía acontecer, cando negaron que quedarían gandeiros sen recoller o leite, ou que garantirían uns prezos por riba dos custes de produción. o líder socialista comparou a actuación de Feijóo coa súa xestión para reducir os prezos do combustible, e hoxe Galicia ten a gasolina mais cara de toda a península.
Fotografía: Carlos Rodríguez Arias.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.