
Nota de prensa del Gabinete de la Universidade de Santiago de Compostela (USC):
O reitor Juan Viaño mantivo unha xuntanza co alcalde de Santiago, Martiño Noriega, que abre unha etapa nova cunha vocación clara de establecer unha interlocución estable e operativa entre ambas institucións, na que o concello sinala a universidade compostelá como un sector estratéxico da cidade cuxo valor engadido debe repercutir en Santiago, sinalou o rexedor. Nun encontro cos medios de comunicación posterior á xuntanza, o concello manifestou a súa absoluta vontade de acompañar a USC nas súas xustas reivindicacións, en alusión á negociación do plan de financiamento, asunto no que Martiño Noriega avogou porque os recursos económicos permitan unha viabilidade digna da USC acorde co seu peso e traxectoria.
Na reunión abordáronse tamén cuestións relativas ao futuro Campus da Saúde que aglutinará as facultades de Medicina, Odontoloxía e Enfermería. Neste senso, o alcalde expresou a "vontade facilitadora" do Concello a un proxecto "ambicioso e complexo", que supón "unha aposta pola especialización e por un eixe de forza da USC". Neste sentido, apuntou a necesidade de "reactivar" a mesa a tres bandas entre Concello, Sergas e USC para avanzar na concreción destes equipamentos.
Outro dos temas enumerados por Juan Viaño foi o convenio que mantén a USC co Concello en relación ao mantemento de Campus Vida, respecto do que se vai estudar o contido do acordo, coa intención de avanzar no seu cumprimento, concretamente en materias como o mantemento da rede viaria ou exencións fiscais. Outras das propostas enumeradas polo reitor fixeron alusión a iniciativas conxuntas en materias como a divulgación científica, a colaboración na recepción de estudantes estranxeiros ou o proxecto universitario do Campus da Cidadanía.
Nota de prensa del Gabinete del Concello de Santiago:
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño, mantiveron unha xuntanza en Raxoi. Neste primeiro contacto repasaron algúns dos temas comúns que afectan á cidade e á institución, abrindo así unha etapa de "interlocución estable e operativa", en palabras do rexedor municipal.
Na reunión abordáronse cuestións como o futuro Campus da Saúde, que aglutinará as facultades de Medicina, Odontoloxía e Enfermería. Noriega expresou a "vontade facilitadora" do Concello a un proxecto "ambicioso e complexo", que supón "unha aposta pola especialización e por un eixe de forza da USC". Neste sentido, apuntou a necesidade de "reactivar" a mesa a tres bandas entre Concello, Sergas e USC para avanzar na concreción destes equipamentos.
Ademais, falouse do convenio que mantén a USC co Concello en relación ao Campus Vida. O rexedor compostelán apuntou que se vai estudar o contido do acordo, coa intención de "ir cumprindo" o mesmo, xa que afirmou ter constatado incumprimentos por parte do Concello en materias como o mantemento da rede viaria ou exencións fiscais.
Tampouco faltaron na conversa as referencias ao financiamento universitario. Sobre as negociacións ao respecto, Martiño Noriega demandou para a USC "un financiamento que permita unha viabilidade digna e acorde co peso específico e coa traxectoria da Universidade".
O alcalde tamén escoitou as propostas do reitor en materias como a divulgación científica, a colaboración na recepción de estudantes estranxeiros ou o proxecto universitario do Campus da Cidadanía.
Juan Viaño agradeceu a "dispoñibilidade" de Martiño Noriega, coa que "nace unha nova etapa de colaboración". Así o reiterou tamén o alcalde, quen defendeu o carácter "estratéxico" da USC para a cidade e o "valor engadido" que lle achega á mesma.
Fotografía: Gabinete del Concello de Santiago
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.