
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, cualificou de exercicio de autoritarismo sen precedentes o veto de Feijóo e do PP á designación do secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, como senador por representación autonómica. O PP suspendeu hoxe un Pleno Extraordinario convocado oficialmente só para boicotear a capacidade de representación do Grupo Socialista.
O responsable socialista lembrou que ao Grupo Socialista correspóndelle designar ao senador autonómico para suplir a baixa da tamén senadora socialista por designación autonómica Paula Fernández Pena. Hoxe, sorprendentemente, -engadiu- o Grupo Maioritario vota a supresión dese punto na orde do día, que era o único dun Pleno Extraordinario celebrado antes do Pleno ordinario.
Subliñou que estamos en actitude de diálogo, e non podemos aceptar autoritarismo de parte nin caprichos de Feijóo derivados de non saber aceptar os resultados electorais. Méndez Romeu acusou ao PP de acudir a unha triquiñuela legal para impedir o dereito deste grupo a contar cun senador por representación autonómica e obstaculizar e boicotear a capacidade de representación do Grupo Socalista.
Subliñou que se se engade que o candidato era o propio secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, queda claro que estamos diante dun ataque á posibilidade de que o secretario xeral exerza un escano no Senado en representación de Galicia. Cualificou este veto do PP de manobra infantil, caprichosa e inútil, ademais de autoritaria e despótica coas normas.
O portavoz socialista lembrou, en declaracións aos medios de comunicación, que este boicot é semellante ao que o propio PP mantivo en Valencia para impedir durante moitos meses o nomeamento dun senador por designación autonómica. Resumiu que se trata duns usos infantís incompatibles coas conviccións democráticas.
José Luis Méndez Romeu apelou á honestidade de Feijóo para restaurar o funcionamento normal das institucións galegas e lembrou que logo do Pleno ordinario de esta semana terá lugar un novo pleno extraordinario previsto para o mes de xullo.
Méndez Romeu confirmou que non hai relación causa efecto da designación do senador que lle corresponde ao Grupo Socialista con outros asuntos como a renovación do Consello de Contas, que seguen a súa propia dinámica: non hai acordo e adíase a elección ata que exista dito acordo.
Acusou así ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, de faltar á vedade e mezclar churras con merinas para tentar de confundir á opinión pública ao apelar a un suposto pacto que incluiría a designación do senador coa renovación de outros órganos que o PP mantén bloqueados.
Lembrou que hai tres órganos pendentes de renovación, que son o Consello de Contas, onde non existe acordo por unha discrepancia sobre o perfil das propostas, e mentres o PP veta ao candidato socialista polo seu perfil político, ao tempo que presentan como candidato propio unha persoa con practicamente o mesmo perfil político
Outro dos órganos pendentes é o Valedor do Pobo, un proceso de renovación adiado dende hai 3 anos e que ven de ser iniciado con normalidade. Mentres, o PP mantén paralizada a aplicación da Lei de medios públicos de comunicación para impedir a renovación da CRTVG e porque o goberno non quere deixar de continuar tendo un órgano o Consello da CRTVG- politizado de costas ás necesidades informativas do país.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.