
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
As diversas posibilidades que ofrecen os videoxogos a prol da aprendizaxe, a comunicación ou a información centran a xornada Xogar tamén é cousa seria. Experiencias na creación de videoxogos en Galicia que ten lugar o 30 de xuño no auditorio da Biblioteca e Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura.
Promovida pola Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Cultura, co apoio da Agadic e do Igape, a iniciativa preséntase como un espazo de encontro para compartir experiencias creativas de empresas e de administracións públicas que utilizan os xogos dixitais para mellorar os seus proxectos e servizos.
A partir de diversos casos encamiñados a acadar diferentes obxectivos, como a produtividade empresarial, as vendas, a formación, a saúde ou a educación, a xornada busca achegarlle a industria do videoxogo en Galicia a novos sectores para dar a coñecer a súa potencialidade, así como contribuír á visibilidade deste sector creativo.
Esta iniciativa, que tamén abordará a situación actual e futuro dos videoxogos en Galicia, está dirixida especialmente a xerentes, directores, responsables de departamentos de comunicación, de recursos humanos ou de publicidade de empresas de Galicia, así como a persoal das administracións públicas, responsables de centros de formación, grupos de investigación ou novos emprendedores de solución tecnolóxicas interesados en coñecer e afondar na potencialidade da tecnoloxía dos videoxogos.
Para realizar unha aproximacións as vertentes tecnolóxico-creativas dos xogos dixitais e aos resultados da súa aplicación na creación de materiais, na xornada presentaranse recursos destinados ao campo sanitario, con programas para exercitar a cognición social e informar sobre hábitos sexuais saudables; ao educativo, con ferramentas vinculadas coa reciclaxe e o cambio climático; ou ao empresarial. Ademais, tamén haberá unha mesa redonda onde profesionais de Ficción Producciones, de Iberian Games, de A Meiga e de imaxin|software ofrecerán a súa visión desde o punto de vista dos desenvolvedores.
O programa da xornada, coordinada por imaxin|software, está accesible na páxina web da Secretaría Xeral de Cultura, en www.cultura.gal, e a inscrición é gratuíta, a través do enderezo electrónico [email protected].
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.