
Para ser presidente de la Xunta es para lo que estoy en política. Con estas palabras, el presidente del Ejecutivo gallego, Alberto Núñez Feijóo, insistía en su permanencia en Galicia, frente a los rumores que lo situaban entre los candidatos a entrar a formar parte del Gobierno central en la remodelación planteada por Mariano Rajoy. En este sentido, Feijóo también recalcó que, Galicia es su objetivo y si hay un político que lo sabe es el presidente Rajoy.
Ante las preguntas de los periodistas sobre si se quedará en Galicia, Feijóo asegura que Rajoy conoce que su objetivo político está en ser presidente de la Xunta, y asegura: "es muy coherente que Galicia es mi compromiso, mi realidad.
Considera que los cambios que plantee Rajoy en el Gobierno y en el partido serán coherentes. Aunque negó un posible adelanto electoral de los comicios autonómicos para garantizar la "estabilidad" de su Gobierno hasta octubre de 2016, Feijóo aún no aclaró si optará a un posible tercer mandato.
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:
O portavoz do PPdeG, Miguel Tellado, afirmou que os populares fomentarán a bidireccionalidade da súa comunicación para achegarse á rúa. Por iso, a primeira medida de cara a Ponencia política do mes de xullo será recabar a opinión de aqueles que os votaron pero tamén dos que deixaron de facelo porque queren escoitar a todo o mundo, e para isto establecerán novas ferramentas de participación política e de comunicación do partido coa cidadanía.
Na súa comparecencia en rolda de prensa, Tellado dixo que o PPdeG quere e establecer contacto directo cos cidadáns, pedir os seus datos para interactuar, para intercambiar información e opinións en tempo real. Queremos transformar a relación do partido coa cidadanía, non pode ser que o partido fale e a cidadanía escoite senón que a relación ten que ser de igual a igual porque é o que esixen os cidadáns e os novos tempos nos que vivimos, que obrigan a que desaparezan os discursos e estrean as conversas incidiu.
Unha desas ferramentas é a creación dun correo electrónico, [email protected], para recibir propostas, suxerencias e opinións en relación coa Ponencia, ademais de afirmar que, nos próximos días, tamén se abrirá un espazo web co mesmo propósito.
Segundo Tellado, a participación ten que ser un eixo básico para lograr ser un partido a pé de rúa, que escoita, dialoga e que é accesible. Para isto a accesibilidade ten que ser unha filosofía e unha forma de traballo non só para aplicar na Ponencia senón para aplicar nesta nova etapa política que se abre para o PPdeG.
O portavoz asegurou que o PPdeG parte dunha folla en branco e coa premisa de que todo é susceptible de cambio e análise para recuperar a confianza de aqueles que non nos votaron nas pasadas eleccións municipais.
O voceiro dos populares tamén comunicou que este venres reuniranse por primeira vez os encargados de redactar a Ponencia para establecer a metodoloxía de traballo, o plan de actuación, o esqueleto de texto, e os seus bloques temáticos.
Esta xuntanza contará coa presenza do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, o que en palabras de Tellado é unha mostra inequívoca da importancia que para o PPdeG ten a Ponencia neste proceso de renovación de ideas, políticas e actitudes.
Fotografía: archivo GD/Xunta de Galicia
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.