Noticias

Las entidades de crédito deberán comunicar las viviendas que tengan vacías en Galicia, en los municipios de más de 10.000 habitantes

A través de un decreto, la Xunta de Galicia establecerá la obligatoriedad de que las entidades de crédito, sus filiales inmobiliarias y las instituciones de gestión de activos (incluídos los que proceden de la reestructuración bancaria) comuniquen las viviendas vacías que poseen en los municipios de más de 10.000 habitantes. Se estima que el parque de viviendas vacías en Galicia es del 18.6%, según el INE. Esta medida se enmarca en el Plan social de lucha contra la desigualdad económica del Ejecutivo gallego.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas asegurou que a creación do Censo de Vivendas Baleiras de Galicia contribuirá a unha axeitada planificación social da política de vivenda e a reforzar o apoio e a protección das persoas con dificultades para afrontar o pago da hipoteca ou o aluguer. Trátase dunha actuación enmarcada no Plan rehaVita, o primeiro plan autonómico de vivenda, aprobado pola Xunta de Galicia a comezos deste ano.

Ethel Vázquez Mourelle, xunto co director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García Porto, presentou o Anteproxecto de decreto polo que se crea o Censo de Vivendas Baleiras da Comunidade Autónoma de Galicia a efectos da planificación social da política de vivenda. Segundo concretou, o borrador do texto normativo que hoxe inicia o proceso de participación pública, pode consultarse xa en internet (http://www.cmati.xunta.es/disposicions) e a previsión é que estea aprobado no último trimestre do ano.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas manifestou que o obxectivo é crear un rexistro “que facilite datos fiables das vivendas baleiras propiedade das entidades de crédito e sociedades de xestión de activos”. Segundo explicou, o obxectivo é dispor de información adecuada que permita a planificación social da política de vivenda que se concretará en posteriores plans e programas de actuación.

Consonte o Anteproxecto de decreto presentado, a inscrición no Censo será obrigatoria para as vivendas desocupadas situadas en concellos de máis de 10.000 habitantes que son propiedade das entidades de crédito e das entidades de xestión de activos, incluídos os procedentes da restruturación bancaria. É dicir, para as vivendas baleiras dos bancos e as súas inmobiliarias e doutras sociedades dependentes delas, como a Sareb.

Ademais, pero xa de forma voluntaria, calquera propietario de vivendas desocupadas poderá inscribilas no Censo, con independencia da poboación do concello no que estean situadas.

Ethel Vázquez explicou que para realizar o procedemento de inscrición, os propietarios simplemente deberán presentar unha comunicación previa a través dunha plataforma informática, na que deberán incluír datos sobre o titular do inmoble, enderezo, superficie, a data da última ocupación (se é o caso), a data de licenza da primeira ocupación, o certificado de eficiencia enerxética e calquera outra información que se considere de interese. As entidades estarán obrigadas a manter actualizada a información.

No caso de vivendas protexidas inscritas voluntariamente, deberá incluírse información relativa á certificación da promoción.

O prazo para efectuar a inscrición variará en función do tipo de inmoble. Así, para as vivendas de nova construción, a inclusión no Censo deberá efectuarse nun prazo máximo de seis meses desde a emisión da licenza de primeira ocupación; e para as vivendas usadas, o prazo será de 4 meses desde que queden baleiras. No caso de inscrición voluntaria, o rexistro poderá realizarse en calquera momento.

Ademais, na disposición transitoria do anteproxecto, de regúlase que as vivendas que estean baleiras á entrada en vigor do decreto poderán ser inscritas nos 4 meses posteriores.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas enfatizou que con este Censo de Vivendas Baleiras, obrigatorio para as entidades de crédito e voluntario para todos os demais, a Xunta pretende “seguir dando respostas que nos permitan garantir o dereito constitucional a unha vivenda”.

Por ese motivo o Anteproxecto de decreto recolle un conxunto de medidas destinadas a impulsar a ocupación das vivendas baleiras. Trátase de impulsar acordos de colaboración coas entidades bancarias para que as vivendas inscritas se poidan destinar a atender a persoas afectadas por desafiuzamentos derivados de execucións hipotecarias ou de impago de aluguer. Ademais, a Xunta poderá intermediar para favorecer a venda ou aluguer destas vivendas, que mesmo poderán ser empregadas como vivendas sociais.

Paralelamente, nos lugares nos que estea constatada a necesidade de vivenda protexida e haxa vivendas rexistradas no Censo, o Instituto Galego de Vivenda e Solo poderá facer unha oferta de adquisición a favor dun demandante de vivenda protexida. Así mesmo, o Decreto habilitará á Xunta a establecer colaboracións coas administracións locais para o apoio de desafiuzados por impago do aluguer.

Finalmente, a disposición adicional derradeira primeira faculta ao Goberno galego a ampliar a obriga de inscrición a outros concellos de menos de 10.000 habitantes, no caso de que sexa necesario.

Vázquez Mourelle insistiu en que o Goberno galego quere someter a tramitación do Decreto de creación deste rexistro ás consideracións de todas as persoas e axentes que queiran participar, polo que explicou que o texto do Decreto estará dispoñible no portal web da Consellería durante un mes.

A conselleira lembrou que o Goberno galego leva anos traballando na protección do dereito á vivenda e asegurou que “non podemos darnos por satisfeitos mentres unha soa familia estea en risco de perder o seu fogar”.

Nese sentido, lembrou que en coordinación coa Consellería de Traballo e Benestar, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas puxo en marcha o programa “Reconduce”, co obxectivo de ofrecer asesoramento e mediación con carácter previo ao lanzamento da vivenda e previr que unha familia teña que abandonar o seu fogar.

Así mesmo, activouse o programa de realoxo a afectados por execucións hipotecarias que permitiu dar unha solución ao 100% das familias que solicitaron axuda e que cumprían os requisitos.

Posteriormente, e para reforzar estas políticas, a Xunta puxo en marcha, neste ano 2015, o Plan rehaVIta, o primeiro plan autonómico de vivenda, co obxectivo de facilitar o acceso a un fogar ás persoas que máis o necesitan. Nese marco recóllese a rede de vivendas de inserción, que permitirá adxudicar de forma áxil a persoas en risco de exclusión social.

E, tamén en cumprimento do Plan rehaVIta, Ethel Vázquez avanzou que a Xunta agarda activar xa en verán o Bono Alugueiro, unha medida pioneira que consiste nun apoio urxente a persoas que precisen de axuda para asumir o custo do arrendamento da vivenda.

R., 2015-06-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260605-xunta.jpg) A artesá especializada en cestería e téxtil Idoia Cuesta (Outeiro de Rei) foi recoñecida como mellor artesá de vangarda na quinta edición dos Premios Maestro Artesano do Círculo Fortuny, nun acto celebrado en Madrid. O galardón foille concedido pola súa cestería 'aberta a todas as posibilidades pola súa formación de bióloga, a súa inmensa creatividade e a súa mestría cesteira', tal e como sinalou a presidenta do Círculo Fortuny, Xandra Falcó, durante a cerimonia. 'Calquera téxtil, coiro ou material vexetal tecido con mil combinacións e de mil novas formas é posible neste taller impregnado de maxia e do campo galego', engadiu.
Foto de la tercera plana (rural-pac.jpg) A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, destacou que o Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2022, que tivo aplicación ata 2025, mobilizou máis de 1.600 millóns de euros de investimento público e acadou unha execución do 99,3 %, por riba da media española e europea. Foi no acto de peche formal do PDR, que tivo lugar en Santiago de Compostela e no que a conselleira estivo acompañada dos altos cargos do seu departamento.

Notas

A investigadora e catedrática da UVigo África González reuniu en Santiago çalgunhas das figuras máis destacadas da investigación internacional en terapias celulares avanzadas e inmunoterapia. O encontro científico, organizado polo consorcio Terav+ Galicia que dirixe desde a UVigo a través do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, converteu a capital galega nun foro de debate sobre os principais avances e retos deste ámbito.
O Arquivo Histórico Universitario da USC celebra do 8 ao 14 de xuño a Semana Internacional dos Arquivos cunha exposición temporal e unha xornada científica o martes 9 en colaboración co Grupo de Investigación do Departamento de Historia Moderna da USC que leva por título 'Galicia e Portugal: vínculos históricos e fontes documentais para o seu estudo'.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES