Noticias

Unos 100.000 gallegos con bajos recursos estarán exentos del copago de medicamentos, según la Xunta

Para combatir la desigualdad social, la Xunta de Galicia anuncia que unos 100.000 gallegos que forman parte de unas 36.000 familias de la Comunidad con bajos recursos, se sumarán a otros 123.000 que se benefician de la exención del copago por medicamentos. Hasta ahora, esta exención estaba restringida a los perceptores de la Risga.

El vicepresidente de la Xunta, Alfonso Rueda, y la conselleira de Trabajo y Bienestar, Beatriz Mato, presidieron la primera reunión del grupo de trabajo interdepartamental para avanzar en el paquete de medidas del Plan social contra la desigualdad económica.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Xunta anunciou que ampliará a exención do copago dos medicamentos, de xeito que practicamente se duplicará o número de persoas beneficiarias desta medida. Actualmente, a Xunta asumía o 100 por cento do custo no caso das persoas perceptoras da RISGA (Renda de Inclusión Social de Galicia) ou de desempregados que esgotaran todas as súas prestacións. A partir de agora, esta exención estenderase tamén a aquelas familias con menores a cargo que, a pesares de non estar en ningunha das situacións descritas anteriormente, teñen un nivel de ingresos por renda de traballo iguais ou inferiores aos que se establecen para acceder á RISGA. Isto suporá sumar uns 100.000 novos beneficiarios aos aproximadamente 130.000 que xa non estaban facendo ningún tipo de achega.

Así o explicaron o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, tras participar na constitución e primeira xuntanza do grupo de traballo interdepartamental encargado de avanzar na concreción do Plan social contra a desigualdade económica, anunciado o pasado xoves polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Esta estratexia ten como obxectivo chegar a todos os colectivos en situacións de vulnerabilidade ou risco de pobreza. É dicir, busca ampliar o “colectivo diana” das políticas de inclusión e prestar unha especial atención a aqueles casos que presenten carencias, aínda que conten cun emprego ou mesmo superen os límites de ingresos familiares que establecen prestacións como a Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA).

A partir de agora, esta comisión interdepartamental avanzará “coa máxima celeridade” na concreción do Plan, para o que xa están previstas novas xuntanzas nos próximos días e semanas. Ademais, o diálogo continuará coas entidades sociais e os concellos para seguir definindo novas actuacións e mellorando as existentes.

Ademais da ampliación da exención do copago de medicamentos anunciado hoxe, están especialmente avanzadas outras medidas referidas á vivenda. En concreto, tense decidido ampliar o programa Reconduce a aquelas persoas que están en risco de desafiuzamento por falta de pagamento de aluguer. Para poder atender a esta demanda, crearanse catro novas oficinas provinciais, que se sumarán á que xa está funcionando en Santiago. Actualmente, o programa centrábase nas execucións hipotecarias, un campo no que ten ofrecido asesoramento a máis de 300 familias. Nesta mesma materia está previsto tamén iniciar a tramitación dun decreto que permita crear o rexistro de vivendas baleiras de Galicia.

En definitiva, o obxectivo deste Plan é continuar avanzando na loita contra a exclusión social, facendo especial fincapé na prevención destas situacións. O documento está deseñado de acordo cos obxectivos que establece a Estratexia de inclusión social de Galicia 2014-2020, aprobada en decembro con 300 medidas concretas e un orzamento de máis de 520 millóns de euros.

Precisamente, a Estratexia recollía medidas específicas para familias con menores ao seu cargo en situación de risco, ou monoparentais, que constitúe tamén un dos colectivos prioritarios deste Plan social. Entre outras propostas de actuacións, destaca o establecemento dun anticipo das axudas de inclusión social para adquirir produtos de primeira necesidade destinado a axudar a estas familias.

R., 2015-06-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES