
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
O Parlamento de Galicia aprobou unha proposición non de lei dos socialistas galegos para demandar ao Goberno de España e a Comisión Europea a necesidade de abordar de forma urxente a posta en marcha dun sistema de etiquetado que reflicta o país de procedencia da produción, e non só do envasado, do leite de consumo e do leite usada como ingrediente en produtos lácteos.
Na presentación da proposición, o portavoz de Medio Rural dos socialistas, Pablo García, lembrou que esta normativa de etiquetado xa se aplica en infinidade de produtos como son as carnes de vacún, porcino, aves, ovino e caprino.
Acabamos de coñecer un informe elaborado polo Comisario de Agricultura da Comisión Europea para dar resposta ao Regulamento 1169/2011, que require que a comisión avalíe a posibilidade de introducir o etiquetado obrigatorio da orixe para o leite de consumo e o leite usado como ingrediente en produtos lácteos, apuntou García.
Segundo explicou o deputado socialista, en dito informe se vén a reflectir que a indicación da orixe no etiquetado de produtos lácteos sería custosa e que é algo pouco demandado polo consumidor, engadindo que nin a Xunta non o Goberno central fixeron nada tras coñecer este documento.
Sería custosa para a industria xa que tería que cambiar o sistema de trazabilidade cando usara leite de diferentes orixes, isto é algo que xa ten manifestado en numerosas ocasións a Asociación de Industrias Lácteas Europea, que segundo a súa diagnose iso redundaría en maiores custos que tería que pagar o consumidor e que implicaría que o gandeiro cobraría menos, explicou.
En opinión de García, resulta obvio que o etiquetado en orixe promove o consumo da produción doméstica, e que polo tanto adoita beneficiar ós produtores dos países deficitarios como é o caso do mercado español, e prexudicar aos países excedentarios.
Fotografía: Carlos Rodríguez Arias
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.