Noticias

Núñez Feijóo defiende que los pactos queden en manos sólo de la lista más votada y el PSdeG le critica por demonizar las coaliciones

El presidente de la Xunta de Galicia y líder del PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, defendió la legitimidad y la "ética" de los pactos cuando quienes los encabezan son los ganadores de las elecciones, pero criticó aquellos acuerdos que se unen "contra" la lista más votada. Durante su comparecencia en el pleno del Parlamento gallego, Feijóo respondía de esta forma al portavoz socialista, José Luis Méndez Romeu, que reprochó al PPdeG su actitud demonizadora de las coaliciones.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, criticou a “inconsistencia” do presidente da Xunta, que pasou de estar 6 anos “demonizando as coalicións de goberno e os bipartitos” a ofrecer pactos “a quen se deixe”. Na sesión de control ao presidente celebrada no Parlamento, dixo que Feijóo é responsable da inestabilidade do goberno ao utilizalo “ao servizo do partido”.

Méndez Romeu ironizou coa “coherencia programática” de Feijóo, “no mais puro estilo Groucho Marx” –estes son os meus principios, se non lle gustan teño outros-, e criticou o xiro copernicano dende a censura ás coalicións a dicir que os pactos están “no ADN do PP”. Preguntoulle se “ía camiño de Damasco e caeu como Saulo do cabalo” para rematar de “decatarse de que viviu enganado e de que estaba enganando toda a súa vida”.

O responsable socialista sinalou que este “síndrome do converso” afecta a todo o PP, como demostrou o presidente saínte da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, “ofrecendo un pacto a quen ata a véspera era o representante das políticas cubanas ou venezolanas”.

O mesmo sucede con Aguirre, dixo, que mentres está “afogada pola corrupción” preséntase “erixida en centinela de occidente contra os bárbaros” reproducindo unha “pura escenografía franquista: absolutamente grotesco”. O tamén presidente saínte de Estremadura, José Antonio Monago, ofrecíase a pactar con Podemos “e vostede, que estaba diante, aplaudiu ese xesto gallardo”.

Rematou a radiogragfía do xiro do PP co propio Feijóo, que “en campaña ofreceu pactar un día con Cidadáns e ao seguinte co socialismo moderado”, para observar que “non atopan socios” porque están “recollendo o que sementaron”. Reprochoulle “anos de rexeitar calquera tipo de diálogo sobre políticas económicas en España e Galicia, cando lles advertíamos que eran profundamente reaccionarias e fundamentalmente inútiles”.

Advertiu que tanto Feijóo como Rajoy permanecen “instalados na soberbia” sen asumir que nas eleccións do pasado día 24 “se algo tiveron en común en toda España foi o rexeitamento a unha política económica destrutora contra a mínima igualdade de oportunidades”. Tamén coincidiron en que “están fartos da corrupción que se enseñorea das institucións nas que vostedes levan gobernando anos”.

NoticiaMéndez Romeu esixiulle ao presidente da Xunta que “sexa demócrata e respecte o resultados das urnas, deixe que os cidadáns tomen decisións e constitúan gobernos”. Sinalou que “para ser presidente ten que ter a maioría da Cámara e os alcaldes teñen que ser elixidos polos concelleiros”, como resposta a “15 días de campaña apocalíptica ameazando aos cidadáns”. Esixiulle a Feijóo que “respecte a legalidade ou busque consensos para modificala, pero deixen de facer o ridículo ameazando aos cidadáns”, como resposta ás ameazas fronte a acordos entre forzas progresistas.

Preguntoulle directamente se “vai seguir demonizando ou vai empezar a gobernar, continuará coa autopropaganda en Madrid ou se vai ocupar por fin dos problemas tan graves que hai en Galicia e que con vostede é imposible abordalos”. Responsabilizou ao presidente da Xunta de “desestabilizar ás institucións cando está todo o día de campaña de autopromoción en Madrid mentres mantén á Xunta paralizada”.

Acusou a Feijóo de utilizar a Xunta “ao servizo do partido” forzando cambios nos equipos de goberno “non para cambiar políticas ou políticos fracasados, senón unicamente para tapar buratos nas listas electorais”. Mentres, persiste en “políticas sociais destrutoras” e políticas económicas erradas que “deixan un país arrasado, sen futuro nin horizonte”.

Criticou finalmente que o PP achaque a súa situación a “un problema de comunicación”, cando “non é que comuniquen mal, é que menten cando falan”. Puxo como exemplo que “dixeron austeridade e foi desigualdade, publicitaron a recuperación pero omitiron que era para a minoría, prometeron rigor e deixan corrupción”.

R., 2015-06-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran-calor-ferrol.jpg) Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
Foto de la tercera plana (deporte-remo.jpg) O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corre a cargo dun equipo integrado por persoal investigador da USC, da Universidade de Cambridge e do Instituto Colombiano de Antropología e Historia (ICANH).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES