Noticias

El Valedor do Pobo critica las políticas de recortes, pide que las ayudas sociales sean más rápidas y que se intensifique la atención a los hogares con niños

El Valedor do Pobo presentó su informe anual en el Parlamento gallego y, durante su comparecencia pública, criticó las políticas de recortes y pidió que se "intensifiquen" las actuaciones encaminadas a mitigar la pobreza, especialmente en aquellos hogares con menores. También pide que los trámites para recibir ayudas sociales sean más ágiles y rápidos.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Valedor do Pobo:

O valedor do pobo, José Julio Fernández, completou a tramitación parlamentaria do Informe Ordinario 2014 coa súa comparecencia ante o pleno da Cámara galega. A presentación dos principais resultados do traballo desplegado pola institución no pasado exercicio veu sucedida das intervencións dos voceiros de cada un dos catro grupos representados no Pazo do Hórreo.

Un dos aspectos máis salientables da actividade do ano 2014 ten que ver con que cada vez maís cidadáns se dirixen ao alto comisionado parlamentario para lle expor as súas reclamacións de xeito colectivo. Así, unha das máis numerosas de entre todas as tramitadas na anualidade, veu promovida por 6.700 persoas e facía referencia a prácticas bancarias abusivas. Os medios dixitais desplegados nos últimos tempos polo Valedor do Pobo facilitaron a chegada de máis iniciativas dos galegos, o que, a xuízo de José Julio Fernández “é bo para a democracia”.

O Valedor elaborou o ano pasado dous informes extraordinarios sobre as urxencias hospitalarias e a enfermidade mental. Outros dous atópanse nestes momentos en fase de elaboración e fan referencia á accesibilidade de persoas con discapacidade e á atención socio-sanitaria a cidadanía que padece enfermidade mental. Avogar pola defensa e utilización do idioma galego e pola intensificación das políticas sociais, sobre todo no caso de colectivos máis vulnerables, foron dous dos fundamentos das actuacións expostas polo comisionado ante o pleno. Coa comparecencia de hoxe o Informe Ordinario 2014 conclúe a súa andaina parlamentaria.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O portavoz do Grupo Popular para asuntos relacionados co Valedor do Pobo, Agustín Baamonde, afirmou que “a felicitación unánime por parte de todos os grupos parlamentarios que recibiu o informe de actividade desta institución respecto a 2014 vén demostrar que o Valedor está a facer ben o seu traballo”. Neste sentido, reiterou “o firme apoio e compromiso do Partido Popular cunha institución que consideramos necesaria para o control político e para mellorar o funcionamento da administración pública”.Baamonde indicou que o informe do Valedor do Pobo é “unha ferramenta formidable e unha radiografía fiel do funcionamento dos servizos da administración pública galega”. Neste sentido, contrapuxo a utilización deste informe por parte da oposición “como panca de crítica ao Goberno galego, coa valoración que realizamos desde o Grupo Popular: somos conscientes de que expresa a voz da cidadanía e por isto aparecen recollidas eivas no funcionamento dos servizos públicos”.

O portavoz popular felicitouse porque “a cidadanía acude en masa ao Valedor, o que demostra confianza na institución, pero tamén pon de manifesto que está agromando unha clase social máis participativa e que reclama protagonismo nas cuestións que lle interesan”. Agustín Baamonde tamén fixo referencia á distinta actitude da Xunta con respecto ao informe do Valedor do Pobo. Así, lembrou que “en etapas anteriores era acollido e se lle facía oídos xordos ao que dicía, pero esta situación mudou desde a chegada ao Goberno da Xunta do Partido Popular, que reacciona ás apreciacións do Valedor no referente ao funcionamento dos servizos públicos”. “Mostra desta actitude pola Xunta é a aceptación das suxerencias e recomendacións contidas no informe de 2013, como o incremento de recursos para o Risga, o aumento dos servizos en detrimento das axudas en dependencia ou a posta en marcha dun observatorio galego de violencia de xénero”, apuntou o portavoz popular..Ademais, salientou a pacificación que se da en áreas como medio ambiente ou a Xustiza, así como no eido lingüístico, “que se manifesta nos últimos informes do Valedor a través do recoñecemento de accións positivas para a promoción e defensa da lingua”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión do Valedor, Patricia Vilán, dixo que o informe presentado diante do Pleno do Parlamento constitúe unha “censura á política de austeridade de Feijóo” ao sinalar expresamente que esta non é un principio constitucional. Ademais, o informe constata unha xestión “frívola e desastrosa” das titulares de Sanidade e Benestar que obriga ao seu cese.

Vilán explicou que, de acordo co dito informe, a austeridade implacable do goberno de Feijóo “ten provocado un deterioro evidente dos servizos públicos, especialmente en sanidade, educación e políticas sociais. Ademais aplica un “severo correctivo” á xestión da Sanidade e das políticas sociais, provocando o deterioro imparable en Sanidade e aplicando unha xestión “vergoñenta” da Lei de Dependencia e da Risga.

A Consellería de Traballo e Benestar é unha das peor paradas deste informe, que evidencia os efectos da redución de fondos destinados a servizos sociais, de 535 millóns de euros entre 2009 e 2014, multiplicando o número de expedientes –de 208 en 2013 a 351 en 2014-, e de reclamantes –pasando de 208 en 2013 a 947 en 2014-, en boa parte debido ás trabas na aplicación da Lei da Dependencia.

Galicia é hoxe a Comunidade Autónoma con mais persoas en lista de espera, ata 16.000 segundo o Valedor, e 18.000 coa prestación recoñecida pero sen ser atendidas, chegando ao punto de que mais de 7.000 delas faleceron no limbo da dependencia dende 2012. Vilán sinalou o caso dun procedemento iniciado en 2008 e a persoa falece finalmente en 2014, mais de seis anos despois, sen ter sido atendida.

Cualificou ademais de “absoluto desastre” a xestión da Risga e das axudas de emerxencia social por parte do goberno galego, con “atrasos na concesión, atrasos na reinstauración despois dun traballo, desacordos nas revisións, atrasos en recursos contra resolucións negativas ou na concesión de complementos. Semellante camiño segue practicamente toda a xestión da Consellería, poñendo en cuestión a xestión do Centro San Francisco de Vigo ou o funcionamento do servizo 065.

Vilán salientou as queixas pola diminución e insuficiente dotación do persoal sanitario e con queixas concretas sobre por exemplo a supresión do servizo de atención continuada en cirurxía pediátrica no Hospital de Ourense, que provocou un total de 4.095 queixas. Mentres, sinalou, a Consellería obvia as recomendacións do Alto Comisionado, ao entender que “se están a cumprir tódolos parámetros de calidade e seguridade con recursos humanos e materiais”.

A educación pública tamén suscita boa parte das conclusións do informe, que cuestiona as dificultades impostas pola Xunta ao uso dos comedores escolares ou o incumprimento dos requisitos mínimos de mantemento nos edificios escolares, así como as privacións e atrasos no apoio educativo aos nenos e nenas con dificultades.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del Valedor do Pobo

R., 2015-06-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (20250704-ue.jpeg) EuroPCom, a Conferencia Europea de Comunicación Pública, é a maior reunión anual de expertos en comunicación pública de Europa organizada polo Comité Europeo das Rexións en colaboración coa Comisión Europea, o Parlamento Europeo, o Consello, o Banco Europeo de Investimentos, o Comité Económico e Social Europeo e a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos. O evento ofrece unha plataforma para explorar as últimas tendencias, iniciativas e ideas no ámbito da comunicación pública. O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, participou nesta Conferencia organizada polo Comité Europeo das Rexións, e celebrada baixo o lema 'Máis alá das palabras. Unha historia de confianza'.
Foto de la tercera plana (rapa-bestas-sabucedo.jpg) O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a declaración de Ben de Interese Cultural da Rapa das Bestas de Sabucedo por considerar acreditado o seu valor sobranceiro como patrimonio inmaterial do pobo galego, ao tratarse dunha das festas máis antigas de Galicia que conta, como mínimo, con tres séculos de historia. Este recoñecemento supón a aplicación de inmediato do réxime de tutela da Lei de Patrimonio Cultural e, polo tanto, o maior nivel de protección. Esta distinción, que se suma á de Festa de Interese Turístico Internacional acadada en 2007, chega tras o visto e prace a este decreto por parte do Consello da Xunta este pasado luns, 30 de xullo, e logo de completarse o expediente administrativo, no que constan os dous informes preceptivos dos órganos consultivos favorables.

Notas

Os días 24 e 25 de setembro terá lugar o I Congreso Transnacional do Campus Auga da Xuventude Investigadora (Aquaxi´25). A cita nace “co propósito de ofrecer un espazo de diálogo e difusión de resultados de investigación, promovendo o intercambio de coñecementos, a aprendizaxe compartida e a creación de redes de colaboración entre a nova xeración científica”. Aquaxi´25 celebrarase no edificio Politécnico do campus de Ourense e está organizado polo Campus Auga.
Galicia xa conta co seu 'retrato xenético' máis preciso ata a data, logo de que persoal investigador da USC e do Instituto de Investigación Sanitaria teña desenvolvido un estudo pioneiro de secuenciación completa do xenoma sobre unha mostra representativa da poboación galega. O traballo achega unha base fundamental para entender o diagnóstico xenético de enfermidades, o deseño de estratexias de medicina personalizada e o descubrimento de variantes xenéticas con relevancia clínica.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES