
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:
O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, expresou a súa confianza en que a Xustiza nos ilustre exactamente sobre o que aconteceu cunhas indemnizacións dos antigos xestores das caixas de aforro galegas, que desde o primeiro momento consideramos fora de toda lóxica, desorbitadas e non coherentes coa situación destas entidades financeiras.
Nese sentido, recordou que o acordo acadado no Parlamento para que, se a Xustiza determina que estas indemnizacións foron cobradas ao marxe do que establecía a normativa, sexan reintegradas á Fundación herdeira da Obra Social das caixas.
Pedro Puy compareceu ante os medios de comunicación para dar conta da xuntanza celebrada polos deputados do Grupo Popular para preparar a sesión plenaria que se iniciará mañá co debate do informe anual do Valedor do Pobo, ao que seguirá o debate para a súa aprobación definitiva os proxectos de lei de mellora da estrutura agraria e de creación do Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia.
Nota de prensa de Adicae:
Personada como acusación popular en el juicio que arrancó el lunes 8 de junio en la Audiencia Nacional contra la antigua cúpula de Novacaixagalicia (NCG), Adicae anuncia que insistirá en los argumentos que ha defendido a lo largo de la instrucción del proceso.
Pese a que el fraude de las participaciones preferentes y la deuda subordinada ha quedado inexplicablemente fuera del procedimiento, la Asociación sigue destacando la estrecha relación entre las distintas irregularidades de la gestión de la entidad.
Pese a las reticencias que desde diferentes sectores se ponen de manifiesto contra la apertura de una 'causa general' a las cajas de ahorros que reclama ADICAE, este Lunes 8 de junio se inicia el juicio contra una de ellas (la entidad resultante de la fusión de Caixa Nova y Caixa Galicia), en el que ADICAE persigue, además de obtener la máxima condena ante unos hechos que deben ser objeto de castigo ejemplar, el esclarecimiento completo de una nefasta gestión de la que han sido víctimas los consumidores y clientes de estas cajas gallegas.
Al inicio del juicio representantes de ADICAE y sus equipos jurídicos expondrán a los medios de comunicación las perspectivas respecto a este proceso y su resultado, y su valoración de la instrucción realizada.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.