Noticias

Compostela Aberta inicia el diálogo con las demás fuerzas políticas para asegurar la gobernabilidad en la capital de Galicia

El candidato a la Alcaldía de la ciudad compostelana por Compostela Aberta, Martiño Noriega, anunció el inicio del diálogo político con las restantes fuerzas con representación en el Ayuntamiento de Santiago para garantizar la gobernabilidad en la capital de Galicia tras las elecciones municipales del 24-M. El PPdeG augura que el PSdeG enviará a Orozco al Senado para garantizar su aforamiento y gobernar en Lugo.

Nota de prensa del Gabinete de Compostela Aberta:

Martiño Noriega e Xan Duro foron os encargados de presentar o resultado da asemblea celebrada por Compostela Aberta na tarde­noite de onte. Na mesma informouse do resultado da campaña eleitoral e do formato de campaña que se levou adiante. “Conseguimos levar adiante unha campaña diferente e que marcará un antes e un despois en Santiago, non temos dúbidas” resaltou Xan Duro, “coa implicación de centos de voluntarios e varios actos que foron realmente diferentes”.

O concelleiro eleito, explicou e deu conta de todos os detalles e informacións relativas á campaña que se poden consultar neste documento que foi presentado á asemblea e que estará a disposición de toda a cidadanía.
Inicio das conversas

Pola súa parte, Martiño Noriega informou dos contidos máis políticos da asemblea na que se aprobou un mandato político para iniciar conversas co resto de formacións políticas. “Na asemblea de onte autorizouse ao futuro grupo municipal e á coordinadora de Compostela Aberta para abrir unha rolda de contactos, nomeadamente con PSOE e BNG, a explorar fórmulas de gobernabilidade” e “pór en común as propostas programáticas, e sobre todo exporlles o noso código ético como liña vermella para chegar a acordos”, resaltou.

“Tamén se informou do que vai ser o proceso de traspaso de poderes, no que xa existíu un contacto con Agustín Hernández para pedir un informe do estado de cada unha das áreas” informou Noriega. “Xa para rematar, na asemblea tamén tratamos da deputación provincial e na posibilidade de sumar sinerxias entre o noso deputado provincial e os da Marea Atlántica, e promover unha mudanza de liña política na propia Deputación”.

Nota de prensa del Gabinete del PPdeG:

O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, afirmou dar por feito que o PSdeG enviará a Orozco ao Senado por garantirlle o aforamento e gobernar con Podemos en Lugo en contra da lista máis votadaAnte os primeiros coqueteos entre Lugo Novo, filial lucense de Podemos, e o PSOE, Rueda da por descontado que Besteiro “botará a un lado” ao número un da lista en Lugo para formar novamente un goberno de perdedores. “Se o PSdeG está disposto a cambiar ao seu número un en Lugo que non o tivera presentado”, aseverou. “É un clarísimo engano”.

Neste senso dixo que “ao final o que era innegociable vai ser negociable con tal de poñer a un alcalde en Lugo que non gañou as eleccións”, aínda que “estamos afeitos a que cando Besteiro di unha cousa podemos estar seguros de que fará a contraria”, concluíu. Segundo afirmou durante a súa entrevista no programa ‘Bos Días’ da TVG, esta situación “é un fiasco para aqueles cidadáns que votaron ao Partido Popular”, pois unha vez máis os perdedores están negociando para que non goberne a lista de Jaime Castiñeira, que foi a máis votada.

Preguntado acerca dos resultados dos comicios do pasado domingo, Rueda manifestou o respecto máximo por estes. “A xente non se equivoca nunca cando vota e iso é perfectamente respectable”. Con respecto ás Mareas anunciou que o PP vai pedirlles que, alí onde gobernen, teñan moi en conta que “unha cousa é predicar e outra dar trigo” e advertiu de que “non sería razoable gobernar en contra do partido que gañou as eleccións”. No tocante ás deputacións provinciais lembrou que o PP gañou as eleccións nas catro provincias e ten máis deputados provinciais que o resto de forzas políticas, aínda que “outra vez unha xuntanza dos que non gañaron as eleccións pode levar a que o PP non teña tres deputacións”.

Neste novo escenario afirmou agardar que as deputacións que pasaría a controlar o PSOE “muden a actitude mantida desde a que gobernaban ata agora, a de Lugo”. Con respecto a isto dixo que “Besteiro deulle a inmensa maioría dos recursos da Deputación de Lugo a moi poucos concellos que , casualmente, eran os que gobernaba o PSOE. A maioría do PP non tivo practicamente nada da Deputación de Lugo”. Concluíu advertindo que “estaremos moi atentos por se isto se produce”. A pesares de ter sido o partido vencedor das eleccións en Galicia cunha ampla diferenza de preto de dez puntos con respecto ao PSdeG, Rueda recoñeceu que “esperábamos máis apoios e iso tennos que facer pensar”. Polo que amosou o compromiso do partido de “volver á rúa para recuperar a frescura que nos levou a gañar as eleccións autonómicas de 2009”.

O dirixente popular afirmou que “a labor de Goberno nestes anos, que foron moi difíciles e de moitísima dedicación para afrontar a crise económica, restou tempo para ese contacto que é tan necesario para un partido que aspira a gobernar”. Por último, afirmou que “nós aspiramos a gobernar” e cremos que “o apoio e o contacto son recuperables”, polo que informou acerca da intención do PPdeG de voltar á rúa, de levar a cabo cambios de equipos a todos os niveis territorias e de facer unha renovación e actualización de ideas e propostas políticas.

R., 2015-05-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES