Noticias

Galicia se suma a la conmemoración del Día de Europa con el izado de la bandera en Compostela

La Xunta de Galicia se suma a la conmemoración del Día de Europa, el 9 de mayo, promoviendo un acto institucional de izado de la bandera en la sede del Gobierno autonómico en la capital gallega. La Xunta destaca el papel y la alta implicación de Galicia en la construcción europea fomentando una relación cada vez más estrecha y sólida con Bruselas, tanto desde el punto de vista político como económica y socialmente. Los fondos estructurales, la cooperación transfronteriza o las políticas pesqueras y agrícolas, principales focos de las últimas negociaciones institucionales.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, participou no izado da bandeira da Unión Europea con motivo da conmemoración do Día de Europa, nun acto que se celebrou diante da fachada principal das instalacións centrais da Xunta de Galicia, en San Caetano. A celebración, que se desenvolve cada 9 de maio, tivo que ser adiantada para hoxe venres, ao coincidir a convocatoria neste caso en sábado.

A Comunidade galega, pese ao seu carácter periférico xeograficamente, tense convertido nunha das rexións que máis se ten implicado na construción europea, cunha relación cada vez máis sólida con Bruxelas tanto política, como económica e socialmente.

A política pesqueira e agrícola, os fondos estruturais e a cooperación transfronteiriza son algúns deses asuntos comunitarios nos que a implicación de Galicia con Europa queda patente día a día. Ademais, a solidariedade comunitaria, como parte esencial da UE desde o seu inicio, ten contribuído de xeito decisivo ao crecemento autonómico desde a súa adhesión.

O Día de Europa celébrase xa desde hai máis de dúas décadas, para homenaxear a Jean Monnet e a Robert Schuman, os cales un 9 de maio de 1950 lanzaron a idea de integrar a todas as nacións europeas para poder desterrar para sempre a guerra deste continente, sendo a orixe e semente da creación da actual Unión Europea.

O acto realizado hoxe nas instalacións da Administración autonómica está previsto na normativa europea de fondos estruturais da política de cohesión.

Declaración institucional

O 9 de maio de 1950 nacía o primeiro proxecto que ansiaba crear unha Europa unida. Cinco anos despois dunha das peores guerras vividas ata o momento no vello continente, Robert Schuman, ministro de Asuntos Exteriores francés, pronunciaba en París un discurso polo que se creaba un novo modelo de cooperación política, indispensable para o mantemento das relacións pacíficas entre os distintos pobos de Europa. Este discurso, que sería coñecido posteriormente coma Declaración Schuman, pretendía crear unha organización supraestatal a través de realizacións concretas que serían o punto de partida da actual Unión Europea.

Seis décadas máis tarde, Europa volve a vivir tempos difíciles que fomentan a incredulidade e que nos recordan a tempos que xa parecían esquecidos. Vivimos un período no que os efectos da crise financeira que tanto golpeou as economías nacionais nestes últimos anos aínda condicionan as percepcións que os cidadáns teñen da UE.

Unha tímida recuperación das economías europeas, o persistente problema da débeda grega, as dificultades xeopolíticas nas relacións con Rusia ou unhas negociacións comercias complicadas con Estados Unidos constitúen os principais retos que a nova xefatura europea deberá abordar nos vindeiros cinco anos. Unha nova Comisión e Parlamento Europeos que traen consigo axustes, cambios e modificacións significativas nas políticas internas e externas da UE e que deberán ter en conta os intereses individuais e colectivos desta gran asociación que forman os 28.

Un período de dificultades non pode desbaratar sesenta anos de historia. Necesitamos volver a confiar nas institucións europeas de xeito que o proxecto ideado por Schuman non quede nunha oportunidade perdida. Para elo, cómpre recordar todas as liberdades e vantaxes das que desfrutamos polo feito de ser cidadáns europeos e que van desde a liberdade de circulación de persoas, servizos, bens e capitais ata o emprego dunha moeda común para os 19 países que constitúen a eurozona.

Comeza, por tanto, neste 2015, un novo período con esperanzas renovadas e oportunidades de mellora que precisan dun pulo político axeitado. A existencia de grandes desafíos implica a creación de respostas e de mecanismos ambiciosos como é o Plan de Investimentos da Comisión Europea, tamén chamando Plan Juncker, que desexa incentivar a economía a través fundamentalmente dun Mercado Único Dixital e da articulación dunha verdadeira Unión Enerxética, que supoña o punto de partida dun novo período de crecemento e de creación de emprego en Europa.

Os poderes públicos temos a responsabilidade de consolidar unha Europa de todos, na que a suma de diferenzas contribúa a fortalecer os mecanismos de cooperación entre Estados. Para iso, é necesario ter como meta o que Jean Monnet, outro dos pais fundadores xunto con Schuman, definiu como “unha fusión dos intereses dos pobos europeos e non só un esforzo para manter o equilibrio destes intereses". Feito que, dende logo, non poderemos acadar se non consideramos a Galicia como peza fundamental do entramado de toma de decisións comunitario.

A Xunta de Galicia participa en defensa dos intereses da nosa Comunidade Autónoma en Bruxelas así coma na difusión da idea de Europa en Galicia e dos seus beneficios para toda a sociedade.

Froito do traballo levado a cabo durante os últimos anos é o resultado das negociacións do Marco Financeiro Plurianual da Unión Europa 2014-2020, período no que Galicia seguirá recibindo unha importante cantidade de fondos comunitarios para realizar investimentos a partir deste ano. Malia situarnos xa no grupo de rexións máis desenvolvidas da UE, Galicia conseguiu manter o 81% dos fondos percibidos no período anterior a modo de axuda transitoria por abandonar por primeira vez o grupo de rexións menos desenvolvidas da UE.

A aprobación dos distintos programas operativos neste 2015 permitirán a Galicia comezar a executar estes novos fondos estruturais e de investimento que, se os engadimos as posibilidades de captación de fondos centralizados a través de programas coma Horizonte 2020, Life ou COSME permitirán á nosa Comunidade Autónoma converxer con Europa no obxectivo común dun crecemento intelixente, sostible e integrador que dea resposta a problemas reais da nosa sociedade como o desemprego ou a crise demográfica.

Os beneficios da pertenza a Unión Europea son incuestionables, polo que a Xunta de Galicia seguirá a traballar comprometida e con convicción neste proceso de construción europeo no que vimos participando desde 1986.

R., 2015-05-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES