Noticias

El paro baja en Galicia un 2.93% en el mes de abril: 7.376 personas encuentran empleo en unas fechas marcadas por la Semana Santa

Según los datos dados a conocer por el Ministeriio de Empleo y Seguridad Social, Galicia tuvo un comportamiento positivo en cuanto al empleo, ya que el paro descendió en 7.376 personas (-2.93%) durante el mes de abril, lo que implica que en comparación con el mismo mes del año 2014 hay 25.383 personas desempleadas menos en la Comunidad gallega. Estos datos están marcados por la coincidencia de la Semana Santa, aunque según la Xunta se consolida la tendencia en caídas interanuales. Los sindicatos advierten de la baja calidad del empleo que se genera.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Galicia registró en el mes de abril un descenso de 7.376 personas desempleadas, lo que supone un 2,93% menos que en el mes anterior, la segunda mayor bajada en tener intermensuais absolutos de toda la serie histórica (desde 1996). De este modo, el número de inscritos en el desempleo se sitúa en un total de 244.761 personas en la comunidad autónoma.

La directora general de Empleo y Formación, Ana María Díaz, explicó que esta bajada sitúa a Galicia por encima del promedio estatal tanto a niveles mensuales (-2,93%), como interanuales (-9,40%). Recordó que ya se acumula “año y medio” de descensos consecutivos a nivel interanual, y que en este mes esta merma se cifra en 25.383 personas menos (-9,40%), la mayor de estos dieciocho meses.

Además, este descenso interanual es el mayor registrado en un mes de abril de toda la serie histórica en tener absolutos, y el mayor desde 1999 se se computa en tener relativos. Gracias a esta evolución, Galicia “se vuelve a situar a niveles de paro similares a los de 2011, esto es, de hace cuatro años”, subrayó Díaz López.

Por sectores, el desempleo baja en todos ellos, pero la principal merma de estos mes se concentra en el sector servicios (-4.651). A continuación se sitúa la construcción (-1.201), seguida por la industria (-897); la agricultura y la pesca (-448), y el colectivo sin empleo anterior (-179). Por provincias, el desempleo bajó en todas ellas, principalmente en A Coruña (-3.037), seguida por Pontevedra (-2.680), Lugo (-882), y Ourense (-777).

En la evolución de los contratos, este mes se registraron un total de 67.180 contratos, 3.338 más que en el mes anterior. De este total, 5.225 fueron indefinidos (7,78%), y 61.955 temporales (92,22%). En el campo de los contratos, también se registra una interanual positiva del 16,12%.

En España, el desempleo bajó en 118.923 personas, un 2,67 por ciento, hasta situarse en los 4.333.016 parados. En términos interanuales, el paro en España bajó en un 7,50%.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de CC.OO. Galicia:

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras (CCOO) considera «positivos» os datos do paro rexistrado nas oficinas do Servizo Público de Emprego no mes de abril. Porén, coida que se trata dun feito «estacional» e advirte sobre a «precariedade e fraxilidade» dos postos de traballo creados, xa que nove de cada dez contratos son eventuais. A secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza, sinala que dos algo máis de 67.000 novos contratos, o 92,22 % son temporais. Se a isto sumamos que a afiliación se incrementou en apenas 6.300 persoas, «observamos que hai unha elevadísima taxa de rotación» no emprego.

Bouza tamén chama a atención sobre un feito: a mellora «puntual» do emprego é menor que a redución do desemprego. Noutras palabras: o incremento da afiliación á Seguridade Social é inferior ao descenso do desemprego. Na súa opinión, isto débese a que continúa o abandono do mercado laboral por falta de expectativas e tamén a que moitas persoas non renovan as súas demandas de emprego porque esgotaron as prestacións.
En resumo, máis afiliación á seguridade social, pero con menor duración dos contratos e tamén menores xornadas. En definitiva, «emprego sen calidade; traballadores e traballadoras pobres, con menos dereitos», ao tempo que a cobertura por desemprego segue baixando (catro puntos menos no último ano, situándose no 53,5 %) e hai máis persoas percibindo subsidios por desemprego (case 60.000) que prestacións contributivas (50.000).

Para CCOO, «o problema de Galicia é o emprego», mais considera que «o Goberno de Feijóo non lle está a dar resposta». Maica Bouza denuncia que con este tipo de emprego «non saímos da crise nin as persoas saen da pobreza», polo que reivindica outras políticas que poñan as persoas «no centro» do seu programa e, ao tempo, promovan a actividade económica e o emprego, mellorando ademais a protección social. «Os gobernos do PP van na dirección contraria», lamenta Bouza, que insiste: «cómpre cambiar o modelo, porque así non saímos da crise e tampouco salvamos as persoas».

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de UGT Galicia:

UGT-Galicia non deixa de ver como positiva a baixada do paro nesta Autonomía, cunha diminución dun 2,9 por cento no mes e do 9,4 por cento no ano, de feito estatisticamente pódese afirmar que non houbo unha baixada similar en toda a serie histórica. Non obstante, UGT-Galicia insiste en que crear emprego non é suficiente, hai que garantir que este é de calidade, co fin de permitir que os traballadores teñan unhas condicións de vida dignas, e que os que xa tiñan un posto de traballo non sigan perdendo dereitos de xeito progresivo como ata o de agora, acompañada esta perda de fortes mermas do poder adquisitivo. Todo isto provoca situacións nas que ter un posto de traballo xa non é suficiente para poder escapar de situacións de exclusión social ou limiares próximos á pobreza.

UGT reclama a prestación de ingresos mínimos como última malla de protección sociolaboral para as familias traballadoras. Sería unha prestación vinculada á Seguridade Social, unha prestación non contributiva dentro dun sistema de acceso universal para todas as persoas que reúnan os requisitos para obtela. Porque cos actuais instrumentos de protección social non se alcanza a protexer a todas as persoas que se atopan en situación de necesidade. Esta prestación, para a cal UGT ven de presentar no Congreso unha ILP, en Galicia tería 90.000 potenciais beneficiarios, fogares que en Galicia teñen uns ingresos inferiores aos 5.400 euros anuais.

Sindicato insiste en que é un bo dato que diminúa o desemprego pero non se pode baixar a garda porque os datos evidencian que o que se xenera é de baixa calidade, sumado isto á perda de dereitos dos que xa tiñan posto de traballo, configura un mercado laboral marcado pola precariedade. UGT-Galicia volve advertir do perigo de asentar a recuperación na precariedade dos traballadores e na precariedade das familias. O Sindicato considera que este non é o camiño. Hai que garantir que a saída da crise se produza dun xeito máis xusto e sostible. Polo que o Sindicato reivindica actuacións urxentes para reforzar a negociación colectiva, crear emprego de calidade, mellorar os salarios, estender a protección social e recuperar e fortalecer a democracia.

R., 2015-05-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma.JPG) O Proxecto Xenoma Galicia, que procura detectar variantes de risco para enfermidades hereditarias graves como o cancro de mama e ovario, a síndrome de Lynch ou a hipercolesterolemia familiar, xa permitiu detectar 42 persoas positivas entre as 2.504 mostras que se levan analizado. Este programa pioneiro de cribado xenético acada 2.504 mostras analizadas ata o de agora dos 4.261 participantes reclutados ata o momento, rexistrando unha taxa de positividade do 1,7 %. En decembro do ano 2024, botaba a andar o programa coa posta en marcha de dúas probas piloto, consistentes na recollida de mostras de sangue e de saliva.
Foto de la tercera plana (festaclown-2026.jpeg) O Festaclown volve a converter Vilagarcía de Arousa nun dos puntos de referencia do circo e das artes de rúa en Galicia, entre o 17 ao 22 de agosto, cunha programación que nesta edición reforza especialmente a súa dimensión internacional e o seu compromiso coa inclusión. Compañías e artistas procedentes de Colombia, Arxentina e Australia compartirán cartel con destacadas formacións galegas e do resto do Estado nun programa para todos os públicos que se desenvolverá fundamentalmente ao aire libre en rúas, parques e prazas da cidade.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corresponde á USC, á Universidade de Cambridge e ó Instituto Colombiano de Antropología e Historia.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES