Noticias

Galicia, Pórtico Universal fusiona en Núremberg gastronomía alemana y gallega coincidiendo con la Blaunacht

El área expositiva sobre la actualidad y la calidad gallegas está presente en la ciudad alemana durante la "noche azul", en la que abren museos y otras instalaciones culturales, y en la que es la tercera visita a Alemania con especialistas en turismo, artesanía y gastronomía. Troisdorf y Bonn también conocerán la oferta gallega en gastronomía y turismo.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A área expositiva Galicia, Pórtico Universalvisita a cidade alemá de Nuremberg ata o domingo 3 de maio, co que arrinca o seu calendario internacional para 2015, tras o éxito do seu paso por Burgos. Como sempre que se instala nunha cidade, faino por propia iniciativa das comunidades galegas da zona, neste caso da Coordinadora Federal das Asociacións Galegas en Alemaña, en colaboración coa Xunta de Galicia.

O paso por Nuremberg coincide ademais coa celebración do Día de Galicia este sábado, día 2 de maio, por parte das nove entidades integrantes da citada Coordinadora, e tamén coa Blaunacht (Noite azul), similar á ‘Noite en Branco’ doutras cidades europeas, na que abren os museos e boa parte doutras instalacións culturais e tamén comerciais.

Así, espérase que miles de persoas saian á rúa para gozar das atraccións da cidade, e por tanto achéguense a coñecer a área expositiva sobre Galicia, tendo en conta que a súa localización non pode ser máis céntrica, en pleno corazón do centro histórico de Nuremberg. Ademais, atópase instalada na Jakobsplatz (Praza de Santiago), fronte á Jakobskirche (Igrexa de Santiago), na ruta que a ruta xacobea traza por terras alemás.

Ademais, durante esta xornada do 2 de maio, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, realizará unha visita á propia área, despois de que na xornada previa visite o Club Galicia de Bonn, e o Grupo Cultural Galego de Troisdorf.

‘Galicia, Pórtico Universal’ é unha liña de actuación posta en marcha en 2013 e que quere dar a coñecer a Comunidade Autónoma galega aos cidadáns doutras Comunidades e países, xerando actividades de interese, participativas e lúdicas para a poboación das zonas nas que se asentan as comunidades galegas. A iniciativa pretende cristalizar o afán de colaboración das galegas e galegos de fóra do territorio para a promoción e difusión da terra da que son orixinarios.

A área “supón un magnífico expoñente de coordinación entre distintos departamentos dunha mesma Administración, e tamén entre varias administracións, mediante o cal se coopera e multiplícase o efecto, optimizando así os recursos", segundo destacou na súa inauguración Rodríguez Miranda.

‘Galicia, Pórtico Universal’ é unha infraestrutura sinxela e moi versátil que inclúe unha exposición de artesanía galega, unha mostra de produtos alimentarios galegos non perecedoiros con denominación de orixe ou marca de calidade, unha demostración en vivo dunha actividade artesá galega, área de información de turismo, e unha aula profesional de catas. Ademais, incide no principal referente turístico e de proxección exterior de Galicia como é o Camiño de Santiago, un dos leit motiv da área.

Inclúe ademais un punto de venda de produtos amparados polos consellos reguladores de produtos agroalimentarios con denominación de orixe ou indicativo xeográfico protexido que participan na iniciativa, e como novidade, estrea este ano Centro de Negocios. Tamén cabe destacar que a súa aula especializada contará coa presenza dun dos cociñeiros galegos galardoados este ano cunha estrela ‘Michelin’ e dous soles ‘Repsol’, que será un dos protagonistas no eixo catalizador desta terceira visita de ‘Galicia, Pórtico Universal’ a Alemaña: a fusión entre as cociñas deste país e a galega. A mestizaxe de ambas gastronomías, a través dos puntos comúns e tamén das diferenzas que marcan cada personalidade culinaria, será obxecto de estudo para os especialistas na materia que se dean cita na área expositiva.

En total, a instalación hoxe presentada recibiu xa máis de cen mil visitantes, sesenta mil dos cales se achegaron durante o ano 2014 a coñecela e gozala en Barcelona, Hamburgo, Vitoria, Córdoba (de Andalucía) e Buenos Aires, primeira vez que daba o salto alén do Atlántico. No seu primeiro ano de funcionamento, 2013, ‘Galicia, Pórtico Universal’ xa fora visitada por máis de corenta mil persoas en Frankfurt, País Vasco (Santurce), Sevilla e Barcelona. A área xerou ata a data máis de 150 aparicións en prensa escrita, radios e televisións nacionais e estranxeiras, e 1.700.000 impactos en redes sociais. Ao mesmo tempo, máis de 1.300 especialistas participaron activamente nas accións promocionais de produtos galegos.

Na súa primeira instalación en 2015, na cidade castelá de Burgos, a área xa foi visitada por 11.900 persoas. Tras o seu paso por Nuremberg, áreas expositivas sobre a calidade dos produtos galegos teñen xa confirmada a súa presenza, sempre da man das comunidades galegas deses enclaves, en Londres, en Lisboa, e na segunda edición de “Buenos Aires celebra Galicia”, prevista para outubro.

R., 2015-04-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES