Noticias

Feijóo dice que retirar a Ence de Pontevedra implicaría su cierre y el BNG recuerda que el PPdeG proponía su traslado en el año 2009

El presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asume de que la decisión sobre el traslado o no de Ence de Pontevedra implica una "encrucijada", ya que exigirle a la empresa su salida de esta ría implicaría el cierre de la factoría y que Galicia se quede sin industria transformadora de papel. El portavoz del BNG en el Parlamento de Galicia, Francisco Jorquera, recuerda a Feijóo que el PPdeG proponía el traslado de la empresa pastera en su programa electoral de 2009 para las autonómicas.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

O parlamentario formulou unha pregunta, na sesión de control, sobre o futuro da pasteira e lembrou que no ano 2009 o Partido popular en Galiza prometía recuperar, para o disfrute dos cidadáns e para a súa recuperación ambiental, a fachada marítima esquerda da ría de Pontevedra confirmando a súa aposta para o traslado do emprazamento de ENCE.

Unha vez máis, o Presidente da Xunta converteu hoxe a sesión de control nun discurso electoral contra os éxitos urbanísticos do concello de Pontevedra gobernado polo nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores que recentemente recibiu dous premios internacionais , Dubay e Nova York, ao mellor modelo urbano.

O futuro de ENCE e o seu posible traslado fóra da ría de Pontevedra foi o centro da pregunta do portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera a Feijóo.

O deputado preguntou ao presidente sobre as súas prioridades e compromisos tras anunciar a súa intención de manter ENCE en Pontevedra e lembroulle que no ano 2009, o PPdG prometía “recuperar para o disfrute dos cidadáns e a súa recuperación ambiental, a fachada marítima da marxe esquerda da ría de Pontevedra, garantindo o seu traslado dentro da comarca”.

Vostede, dixo, “non ten palabra” e non cumpre o que afirmaba no ano 2012 cando declarou que o PPdG mantiña a súa aposta “para que ENCE abandone o seu actual emprazamento”. ENCE, afirmou Jorquera “ocupa terreos públicos” e por riba ten unha rebaixa do 95% no canon da auga e a súa presenza en Pontevedra “destrúe máis postos de traballo dos que crea”.

Neste sentido, asegurou que ENCE impón os prezos da madeira que “arruínan” aos produtores e se o Goberno quere poñer en valor a industria forestal debe cuestionar un modelo ónde “nós poñemos a materia prima e outros as actividades que xeran valor engadido”. Non sigan vostedes apostando polo monocultivo forestal, por un modelo oligopolio e depredador dos nosos recursos públicos e naturais. “Abandone as portas xiratorias e actúe como presidente do Goberno e non como o delegado de ENCE”, recalcou Jorquera.

O deputado tamén lembrou que na última sesión de control, Feijóo respondeu sobre a situación económica de Galiza, “a cola” no ano 2014 que “ningunha das causas dependen do seu goberno” polo que o nacionalista preguntou para que serve entón o Goberno galego a non ser que faga súa a frase da secretaria xeral do Partido popular: “Estamos trabajando mucho para saquear este país”.

Sr. Feijoo, vostede nin exerce nin reclama competencias e ante a crise que estamos padecendo, limítase a dicir que “a industria comportase de forma incorrecta”, acaso non é vostede responsábel e o seu goberno?. Non acepta reformas legais contra a morte das renovábeis, oponse á tarifa eléctrica galega e non pon en valor a industria forestal ofrecendo como grande solución, que “ENCE siga contaminando a ría de Pontevedra”.

Coa súa postura, dixo, intenta devolver o favor a ENCE por colocar no seu Consello de Administración a “unha longa nómina de cargos do PP” entre os que destacou a Carlos del Álamo, Isabel Tocino e Fernando Abril Martorell.

Di que non a haberá informes favorábeis se non hai garantías ambientais pero aceptou unha modificación da lei de Costas que prorroga durante outros 75 anos as concesión en terreos públicos e aínda que sexa preceptivo un informe favorábel do Goberno galego, “o goberno central resérvase o dereito a non consideralo”, concluíu o parlamentario.

Durante o debate cidadáns de Pontevedra manifestáronse nas inmediacións do Parlamento esixindo a retirada de ENCE da ría e mesmo unha persoas foi desaloxada da tribuna de convidados por protestar tras a intervención de Núñez Feijóo e lanzar pasquíns ao hemiciclo baixo o lema: “Por un futuro de calidade!Impidamos a prórroga de ENCE en Lourizán.

R., 2015-04-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES