Noticias

Elecciones municipales 2015: Feijóo dice que las encuestas sobre intención de voto publicadas por varios medios gallegos no le preocupan

El líder del PPdeG y presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, dice que está "motivado y no preocupado" ante los posibles resultados electorales que cosecharía su formación política en los comicios municipales de mayo, si se confirmaran los datos arrojados por varias encuestas publicadas por diferentes medios de comunicación en los últimos días. Tras presentar el programa marco del PPdeG para el conjunto de municipios, Feijóo se centra en el apoyo a los candidatos, como el otorgado a la exonselleira Elena Muñoz, candidata a la alcaldía de Vigo.

Notas de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que Elena Muñoz comparte rasgos e valores con moitos políticos democráticos que son rigorosos, carecen de estridencias e respectan ao seu pobo. Así se expresaba o dirixente popular na presentación da candidata do PP á Alcaldía de Vigo no almorzo informativo organizado por Nueva Economía Fórum-Tribuna Galicia. Alí, o presidente do PPdeG engadía que, nese tipo de presentacións, adóitase destacar as particularidades do protagonista, aquelas que o fan singular, pero no caso de Muñoz, a súa gran virtude é precisamente a de ter moitos políticos homólogos no mundo democrático.
Deste xeito, Feijóo comparou á candidata popular co tipo de político que construíu o soño da Unión Europea, conciliando libertade, pluralismo e benestar. Segundo engadiu, é imposible atopar entre os grandes pais do europeísmo a persoeiros desgarrados, a demagogos desatados ou a líderes insolentes que utilicen as súas sociedades como cocteleiras que se axitan constantemente. No seu lugar, toma protagonismo o político que fai do rigor o mellor compromiso cos seus cidadáns.

Nesta liña, o líder do PPdeG fixo fincapé en que o perfil de dirixente xestual tampouco tivo lugar na xeración política que protagoniza a Transición democrática. Como matizou, aquel proceso foi posible porque aqueles homes e mulleres deixaron atrás a política falsamente apaixoada. De feito, destacou que palabras como conciliar, aliar, unir, foron os lemas que inspiraron os grandes momentos de Europa, de España e de Galicia e, así, movendo a esas sociedades, transformando a súas inquedanzas en actos e decisións, houbo políticos como Elena Muñoz.

Como destacou Feijóo, Muñoz aporta a Vigo todo aquelo que o Goberno local actual non lle ofrece pero que a cidade merece e que xa é habitual nesa Europa das ciudades que progresan con políticas realistas e eficaces. Con respecto a isto, o dirixente popular destacou que o modelo de político que en Vigo encarna Muñoz, enfróntase en todo o mundo democrático a fenómenos populistas que, en realidade, non nacen do pobo senón que se aproveitan del. Segundo engadiu, este movemento, que se esconde baixo siglas diversas e variopintas ou baixo líderes locais que participan deste furor, ten como común denominador que nunca aportan solucións e son froito da egolatría.

Así mesmo, Feijóo fixo fincapé que ese mal chamado populismo nunca pode ser rendible xa que grandes logros como o hospital público de Vigo, a depuradora, o transporte metropolitano, a ampliación de Rande, a loita a prol do sector naval e as novas iniciativas de PSA non terían sido posibles sen cooperación ou consenso. Pola súa banda, Muñoz encarna, baixo o punto de vista de Feijóo, a política de ideas maduradas en equipo. Ademais, está habituada a practicar un tipo de política que non se esgota nos números, pero que sen os números se reduce a mera palabrería. Para o líder do PPdeG, a súa traxectoria como conselleira de Facenda, subdirectora xeral de Control Financeiro e xefa de servizo de Control Financeiro, é unha garantía de que non fai promesas en balde.

Programa marco del PPdeG

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que o Programa-Marco do Partido Popular de Galicia para as eleccións municipais “é a guía das reclamacións da xente” e apuntou que “ante os únicos que temos que responder é ante os galegos”. Neste sentido, manifestou que este programa “eleva o listón das nosas expectativas económicas, da xeración de novas oportunidades, das esixencias éticas aos representantes públicos e da participación e comunicación cos veciños, porque teñen que ter fío directo cos seus representantes municipais 24 horas e 365 días ao ano”.

Feijóo iniciou a súa intervención lembrando que “desde o día de onte os veciños de Vigo e a súa área metropolitana teñen un novo hospital público, porque rematouse a construción e a empresa construtora entregou a obra a quen sempre dixemos que sería e sería o seu propietario: a administración pública, é dicir, os cidadáns”. “E desde xa, ponse en marcha o proceso de traslado para que se poida prestar un mellor servizo público aos vigueses, polo que só hai un partido que acadou trasladar esta promesa do seu programa electoral á realidade: o Partido Popular”, apuntou.

Ademais desta importante obra en Vigo, o presidente do PpdeG recordou outras actuacións levadas a cabo pola Xunta de Galicia nas grandes cidades galegas nos últimos catro anos, como a Terceira rolda ou o túnel do Parrote en A Coruña; o novo edificio xudicial ou a ampliación do hospital público en Ourense; a restauración da Catedral ou a estrada Brión-Noia na comarca de Santiago; a construción do auditorio ou a restauración da muralla en Lugo, a autovía de Sarria e o equipamento do novo hospital público; a nova Ponte de Correntes, a variante de Marín, ou o proxecto do novo edificio xudicial en Pontevedra; o novo auditorio, o saneamento da ría, o impulso ao Porto Exterior e o proxecto para ‘Abrir Ferrol ao mar’ en Ferrol.

“Mentres outros quedaron nas palabras, outros dixemos que faríamos o que fixemos; mentres outros quedaron na mentira, outros dixemos sempre a verdade da situación económica na que estábamos e estamos; e mentres outros quedaron na comodidade da simple crítica, outros puxemos todo da nosa parte para sobrepasar as dificultades”, indicou.

O presidente do PPdeG recordou que “tivemos que partir desde moi abaixo: desde o subsolo da xestión económica e da nosa imaxe e credibilidade como país”, pero salientou que “fixémolo e agora podemos comprometernos a elevar o listón, porque permíteo a realidade no ámbito económico, a recuperación da confianza e os cidadáns nolo están a pedir”.

“Este programa eleva o listón das nosas expectativas económicas, para seguir reducindo o paro e logrando o crecemento da economía; eleva o listón da xeración de novas oportunidades, que queremos garantir en cada concello e pensando especialmente nos máis novos; eleva o listón da necesidade dunha maior cooperación, tanto mediante as fusións de feito como a través das fusións de dereito que os concellos acorden voluntariamente; eleva o listón das esixencias éticas aos representantes públicos; eleva o listón da participación e comunicación cos veciños; e, en definitiva, eleva o listón do que se fixo nos concellos nestes catro anos”, sinalou.

Feijóo apuntou que se trata dun Programa-Marco “para comprometernos co traballo e o esforzo, para facer, para crecer, centrado en todo o que importa aos cidadáns e para gobernar para todos”. “Non é simplemente un trámite antes das eleccións, senón unha guía de goberno, unha obriga para autoesixirnos máis e unha guía de reclamacións para a xente, porque os cidadáns nos piden máis que aos demais porque poden esperar máis de nós, porque saben que podemos facelo mellor e porque ven que están a mellorar as expectativas”, salientou.

Na súa intervención, o presidente do PPdeG anunciou o compromiso para que “os concellos non sexan un freo senón un impulso para a recuperación económica, contribúan a que os servizos sociais cheguen con maior efectividade e calidade a máis veciños, sexan un espazo de oportunidades para que mozos e mozas poidan desenvolver a súa vida, dispoñan de máis facilidades para formar unha familia, faciliten a apertura dun negocio, sexan máis transparentes e máis abertos á participación dos veciños. En definitiva, concellos para ser vividos e non sufridos, con comunicacións, transportes, impostos e gobernos axeitados”.

Feijóo tamén concretou que “o noso apoio buscarémolo na rúa e non nas sedes doutros partidos, porque o noso equipo de goberno está nas nosas listas e porque a alcaldesa ou alcalde que apoiarán os nosos concelleiros é a persoa que encabeza a nosa lista”. “Nós non respondemos polo que fagan os outros partidos; responderemos polo que faremos nós, porque ante os únicos que temos que responder é ante a xente, ante os galegos”, engadiu.

O líder do PPdeG asegurou que “ninguén discute que o PP gañará as eleccións”, nin tampouco que “o PSOE despois destas eleccións terá a metade das súas forzas”, ou que o BNG “non se sabe se se converterá en círculos ou mareas ou seguirá mareado”. Nesta liña, fixo fincapé en que os populares “non somos só un partido político, somos o partido que interpreta o que o pobo nos pide nas urnas. Somos o partido do pobo”, aseverou.

R., 2015-04-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES