Noticias

El secretario general del PSOE, Pedro Sánchez, continúa en A Coruña su gira por Galicia

Acompañando a la candidata del PSdeG al Ayuntamiento de A Coruña, Mar Barcón, y al secretario xeral de los socialistas en Galicia, Gómez Besteiro, el secretario general de PSOE Pedro Sánchez participó en un acto político para animar a los ciudadanos a propiciar "el cambio" desde la proximidad de los municipios. Sánchez también pasó por Lugo reivindicando mejoras sanitarias.

Nota de prensa del Gabinete del PSdeG:

O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, comprometeuse en Lugo a levar ao Congreso dos Deputados a demanda dos socialistas e veciños da provincia para contar cun servizo de hemodinámica 24 horas e radioterapia no HULA.

Sánchez, xunto ao secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou nun encontro con enfermos afectados pola ausencia do servizo de hemodinámica e os tres puxéronse a camiseta co lema Que non che rouben o corazón! da campaña Pon a Camiseta, na que se demandan tamén unidades de radioterapia e mediciña nuclear.

“O deterioro do estado de benestar provoca unha sociedade desigual, a reivindicación dos lucenses é xusta e os socialistas a levaremos ao Congreso dos Deputados, hai recursos para atender as principais demandas e na sanidade non podemos ter precariedade”, afirmou o secretario xeral do PSOE.

Para Pedro Sánchez, “esta situación provoca cidadáns de primeira e de segunda, as medidas de recurtes na sanidade de Rajoy son dramáticas e o seguidismo de Feijóo aquí en Galicia lévanos a unha sociedade peor, temos que defender os servizos públicos”.
Pola súa parte, Besteiro manifestou que “non hai excusas, o que pasa realmente é que a Xunta de Feijóo non ten nin vontade política nin humanidade, a Deputación de Lugo comprometeuse a colaborar e aínda non tivemos una resposta”.

“O PP é insensible, Lugo non quere ser nin máis nin menos que o resto, levaremos ao Parlamento de Galicia esta causa que une a toda a provincia, e Feijóo e o seu goberno terán que facer pública a súa postura, a saúde está por encima de idearios políticos”, aseverou.

No acto, o alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, recoñeceu que “os enfermos e os veciños moveron o noso corazón desde o principio, pero esta provincia non pode seguir así, esta batalla temos que gañala porque estamos falando da saúde das persoas”.

Por último, José Dono, enfermo de cancro e que sufriu tamén un infarto, relatou como tivo que ir “en coche á Coruña para que me atenderan, eu só quero os mesmos servizos que teñen o resto dos galegos”.

Fotografía: http://www.psdeg-psoe.com

R., 2015-04-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES