Noticias

El Colexio Oficial de Xornalistas de Galicia (CPXG) se ofrece a organizar los debates entre candidatos a las elecciones municipales

Los periodistas gallegos colegiados se posicionan a favor de organizar los debates electorales entre representantes de las distintas fuerzas políticas que concurren a los comicios de mayo, al considerarlos un instrumento fundamental de la democracia.

Nota de prensa remitida por el Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG):

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), entidade de dereito público creada pola lei 2/1999 do Parlamento de Galicia, que ten a representación legal dos xornalistas galegos, fai un ofrecemento a todas as formacións políticas para organizar debates entre os candidatos que optan a gobernar as principais cidades galegas.

O Colexio de Xornalistas manifestouse sempre a favor dos debates entre os diferentes candidatos en período electoral como un instrumento fundamental da democracia.

Deste xeito, o CPXG poñerase en breve en contacto coas oficinas dos distintos candidatos para poder materializar a proposta. Os encontros iranse organizando a medida que os candidatos confirmen a súa participación. Algúns xa mostraron nas redes sociais a súa disposición a participar incondicionalmente.

Más información en: http://www.xornalistas.com/

R., 2015-04-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES