Noticias

Francisco Reyes, candidato del PSdeG a la capital de Galicia, asegura que su única meta política está en el Concello compostelano

En un desayuno informativo organizado por Fórum Europa. Tribuna Galicia, el candidato del PSdeG a la Alcaldía de la capital de Galicia por el PSdeG, Francisco Reyes, aseguraba que su propósito es "recuperar un Santiago fuerte y una Compostela capital". Realizaba estas declaraciones ante exregidores como Xerardo Estévez o Sánchez Bugallo, y ante el secretario xeral del PSdeG, Gómez Besteiro.

Nota de prensa Gabinete de Comunicación Grupo Municipal Socialistas de Compostela:

O voceiro do grupo municipal socialista e candidato á alcaldía, Paco Reyes, manifestou que Santiago é a "única meta" da súa carreira política. Na súa intervención no Fórum Europa. Tribuna Galicia declarou que o seu obxectivo é traballar para a súa cidade "con responsabilidade e desde o absoluto respecto ás institucións". Incidiu en que o seu único compromiso é "coa cidade e cos veciños" e amosouse positivo de cara as vindeiras eleccións municipais: "temos potencial da cidade, o proxecto, a memoria e a vontade política de levalo adiante".

Ademais, dixo que a loita contra a corrupción conséguese "con transparencia e participación veciñal", sinalou Paco Reyes, que aposta por unha ordenanza de transparencia, un código ético e un manual de boas prácticas que facilite o control da cidadanía sobre o goberno.

Paco Reyes dixo que Santiago "ten moitos motivos para sentir orgullo de si mesma" e desde a súa "paixón por Santiago", compartida con todos os composteláns, veu como foi medrando ao longo de diversas fases históricas -nas cales se engloban os 25 anos de goberno socialista "caracterizados pola planificación, transformación, modernización, crecemento, progreso e estabilidade"-. Neste sentido, agradeceu aos ex alcaldes alí presentes Xerardo Estévez e Sánchez Bugallo o seu "amor, paixón e traballo" por Santiago e o feito de acompañalo neste acto.

Neste tempo a capital galega foi medrando en infraestruturas e contedores culturais, puxo en valor o seu patrimonio histórico, artístico e cultural e foi exemplo de rehabilitación e centro de comunicacións viarias e aéreas do noroeste peninsular. Tamén foi, á fin, un referente como cidade solidaria, segundo dixo Paco Reyes. Todo isto "grazas ao seu esforzo á cooperación entre institucións autonómicas e estatais, entidades públicas e privadas, veciños e grazas á defensa sen condicións da cidade por parte dos seus gobernos". Un proxecto "claro" que os socialistas seguen a compartir obxectivo claro: "recuperar o Santiago forte e a Compostela capital".

"Santiago mira ao exterior a través do Camiño e cara a Galicia, ao ser a súa capital" indicou o candidato. "Temos que mimar a presenza internacional da nosa cidade porque é unha necesidade a día de hoxe local", manifestou. Considera que o Camiño non pode ser obxecto de confrontación política senón de cooperación e consenso institucional. "Santiago foi quen de conseguir que as sete cidades galegas cooperen", dixo.

A capital galega mira tamén ao seu hinterland, desde o sur do principio da Coruña e o norte da provincia de Pontevedra, que acolle a máis de 450.000 persoas, explicou Paco Reyes, xa que é "a súa referencia universitaria, sanitaria e tamén comercial".

Considera o voceiro importante que os concellos da comarca compostelá cooperen, e neste sentido opina que "a decisión dunha fusión de municipios sería unicamente dos veciños nun exercicio claro de democracia directa".

Avogou Paco Reyes por un proxecto económico común a todos eles: a loita contra o desemprego estruturado na promoción económica. Neste sentido Santiago conta cunha "gran potencialidade ao ser centro das comunicacións e plataforma loxística de referencia do noroeste peninsular e de Galicia".

Outra das potencialidades da capital galega é a USC. Santiago ten que ser "o parque tecnolóxico de referencia", particularmente no sector da saúde aproveitando as sinerxías da propia USC coa facultade de Medicina, "a única facultade de Medicina do sistema universitario galego". Falou tamén o candidato socialista de "promover o biocluster da saúde para xerar empresas no sector da farmacia e da tecnoloxía médica" e de que Santiago volva ser referente de "cidade educadora".

Outro dos eixos importantes sobre os que pivota o proxecto económico é a rehabilitación, "intensiva en man de obra nun sector moi castigado pola crise".

A capital galega, que ten o ratio de empresas por habitante máis alto de Galicia, ten que "promover a economía social e as cooperativas en base a unha liña de microcréditos operada a través dunha banca solidaria", a xuízo do socialista. Ademais, deberá estruturar unha bolsa de emprego para os traballos de mantemento que "priorice os desempregados de longa duración e a xente máis nova".

Paco Reyes falou dun dos problemas que hostalería e turismo está a padecer: a estacionalidade e a diminución da media de noites pernoctadas en Santiago. Apuntou á promoción conxunta de todas as cidades e vilas polas que pasa o Camiño e á organización de eventos relacionados co turismo cultural e de congresos de outubro a abril para atraer a xente en temporada baixa.

Tamén cre que Santiago debe ser referente como cidade turística accesible, sen barreiras arquitectónicas, e que a política aeroportuaria debe mudar. Propón un acordo con Sa Carneiro, loitar pola concesión de lanzadeiras desde outras cidades a Lavacolla e máis frecuencias a Madrid para conectar con destinos internacionais.

En canto ao comercio, avoga Reyes pola creación dunha marca conxunta que promova todo o hinterland e de aproveitar as sinerxias dos centros comerciais, os abertos e os tradicionais.

Comentou o candidato a posibilidade de que a través de microcréditos os comercios podan "seguir adiante", de facilitar a bonificación fiscal e de traballar pola consecución de autolicenzas exprés.

22.000 persoas en risco de exclusión social fan que sexa urxente "un pacto social entre todas as forzas políticas, axentes económicos e sociais para decidir cal é o esforzo que debemos facer desde os concellos".

Como xa ten manifestado, o voceiro do grupo municipal do PSdeG quere cambiar o modelo de caridade polo de servizo público que abarque a "prevención, provisión, prestación e integración creando unha rede de loita contra a exclusión social".

Tamén falou dun plan municipal de saúde, a construción do novo centro de saúde de Conxo e a posta en marcha urxente do plan director do CHUS.

En canto á cultura, o candidato dixo que para el "proxecto social é cultura". "Santiago ten moitos contedores culturais pero nos últimos anos diminuíu o contido dos mesmos e dispersouse", indicou Paco Reyes.

Neste sentido, a súa intención é impulsar o tecido sociocultural para dinamizar a cultura promovendo a co-xestión das compañías e artistas residentes en Santiago dos espazos culturais e a coordinación espazos de exposición que dependen das diferentes administracións.

Paco Reyes aposta pola integración dos barrios composteláns nun tecido común: o casco histórico co Ensanche e o Ensanche coa Pontepedriña, a través da intermodal, e con Santa Marta; o bulevar das Fontiñas, o barrio de Conxo e o proxecto da senda verde das Brañas do Sar.

Outro dos puntos fortes do desenvolvemento urbano é o das ARIs para Pontepedriña, Vite, Vista Alegre e San Ignacio de Loyola. "Faise preciso un plan integral para o casco histórico 2015-2019 máis aló de rehabilitación que mellore a calidade de vida dos residentes do casco histórico", explicou Paco Reyes.

Paco Reyes falou de "priorizar infraestruturas": a estación de mercadorías da Sionlla e sobre todo a intermodal, así como das conexións da AP-9 coa Sionlla e a Cidade da Cultura.

Fixo referencia tamén aos problemas de servizos e de transporte do rural compostelán, que intentará atallar se chega á alcaldía, ademais de recuperar o proxecto da depuradora individual, entre outros proxectos. Por último, o candidato socialista deixou claro que "calquera alternativa de goberno ao PP pasa polo PSOE".



R., 2015-04-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran-calor-ferrol.jpg) Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
Foto de la tercera plana (deporte-remo.jpg) O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corre a cargo dun equipo integrado por persoal investigador da USC, da Universidade de Cambridge e do Instituto Colombiano de Antropología e Historia (ICANH).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES