
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de AGE:
Alternativa Galega de Esquerda (AGE) esixe que o novo tren entre A Coruña e Vigo non conta con todas as medidas de seguridade preceptivas. Así o denuncian os deputados Antón Sánchez e Juan Fajardo nunha proposición non de lei pnl- rexistrada esta mañá no Parlamento de Galicia e na que solicitan da Xunta que demande do Goberno central que o Eixo Atlántico, no seu tramo A Coruña Vigo, se poña en funcionamento coas medidas de seguridade oportunas.
Parece que a traxedia de Angrois non serviu para aprender, explican os parlamentarios na exposición de motivos da iniciativa, e unha vez máis os calendarios partidistas electorais antepóñense á seguridade das persoas. O presunto tren de velocidade alta iniciará a súa actividade sen o sistema de seguridade coñecido como Ertms, cuxa licitación cun ano de prazo- publica hoxe o Boletín Oficial do Estado. Repetir decisións posibelmente ilícitas que tiveron un enorme custo humano, engaden, non parece un modo de exercer o poder racional, senón unha mostra do pouco que importa a cidadanía, apenas interesados en empregar recursos públicos de xeito propagandístico sen importar as consecuencias.
As mentiras do Partido Popular quedan ao descuberto cunha rápida ollada á hemeroteca. O 4 de outubro de 2013, o secretario de Estado de Infraestruturas aseguraba que o tramo en servizo de velocidade alta entre Santiago e A Coruña tería Ertms a finais de 2014. A realidade é teimuda e hoxe podemos observar como, amais de non garantir a seguridade do tramo, utilizouse a mentira, conclúen, todo polo accidente de Angrois. Anos despois esquecen compromisos e volven poñer en risco a seguridade das persoas.
Precisamente no pleno parlamentario da vindeira semana, Alternativa Galega de Esquerda (AGE) volverá someter a votación dos grupos a constitución dunha comisión de investigación sobre o accidente de Angrois. Vólvese falar de tren de alta velocidade nun tramo que non conta con medidas de seguridade, expuxo Antón Sánchez esta mañá na rolda de prensa posterior á xunta de portavoces da Cámara. O Partido Popular xa anunciou que votará en contra.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.