
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora coa Academia Galega do Audiovisual (AGA) para o desenvolvemento dos XII Premios Mestre Mateo, a través dos que se busca recoñecer e estimular o labor levado a cabo pola profesión audiovisual en Galicia.
Mantense así un ano máis o apoio económico á organización deste evento, materializado a través dun convenio asinado entre ambas entidades. No texto deste acordo considérase que toda a traxectoria destes galardóns contribúe a fomentar a calidade dun sector estratéxico e en auxe en Galicia, así como ao recoñecemento a todos os axentes implicados que traballan nos distintos formatos e xéneros audiovisuais, referentes tanto dentro como fóra da Comunidade galega.
Tamén se valora a capacidade da AGA para establecer proxectos de colaboración con outras entidades homólogas do Estado e as proxeccións que se ofrecen para que o público poida visionar as obras premiadas durante todo o ano.
Como referendo aos XIII Premios Mestre Mateo, o director da Agadic, Jacobo Sutil, asistiu ao acto de presentación de finalistas que tivo lugar en Santiago de Compostela, onde amosou o seu apoio aos candidatos ás 26 categorías individuais e colectivas convocadas, ás que optan actores, guionistas, presentadores, técnicos, deseñadores, directores ou produtores, entre outros colectivos profesionais.
Á presente edición dos Mestre Mateo concorreron un total de 111 obras audiovisuais estreadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do pasado 2014. O nome dos gañadores desta edición darase a coñecer no transcurso da gala que se celebrará no Palexco da Coruña o 11 de abril.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.