
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:
Deputados e deputadas do BNG permaneceron cunha mordaza durante a sesión de preguntas o Presidente en protesta polos recortes de dereitos parlamentarios e contra o acordo da Mesa que impide que o BNG, por primeira vez, formule a súa pregunta de control a Feijóo. O grupo parlamentario do BNG amosou a súa protesta ante a decisión da Mesa do Parlamento de impedir, por primeira vez, formular a pregunta parlamentaria de control ao presidente da Xunta na sesión plenaria que se está a celebrar na Cámara galega.
Os deputados e deputadas do BNG mantivéronse amordazados durante as preguntas de PsdeG, AGE e Grupo Mixto polo que consideran un novo recorte dos dereitos dos deputados e deputadas a exercer o seu labor parlamentario tras o acordo da Mesa do Parlamento dirixida por Pilar Rojo.
O grupo parlamentario rexistrou, recentemnte no Parlamento un recurso de reconsideración co fin de anular un acordo que incumpriu todas as garantías procidementais e cun cambio de normas modificadas arbitralmente.
Nesa ocasión, o portavoz do grupo parlamentario, Francisco Jorquera cualificou o acordo entre PP e PSdeG de discrecional e discriminatorio por aplicar unhas normas para o Grupo popular e Socialista e outras para o resto dos grupos contrarias o establecido polo Regulamento.
O portavoz do G.p do BNG explicou que o acordo responde a unha decisión do PP, co apoio do PSdeG, ante á nova composición da Cámara por mor da crise e posterior abandono de dúas deputadas de AGE para integrarse no grupo Mixto. O BNG, PP e PSdeG non sufriron alteración algunha no seu número de deputad@s puntualizou e o novo acordo atenta contra o pluralismo e dereitos parlamentares.
O BNG recorrerá ante o Tribunal Constitucional o acordo da Mesa do Parlamento que recorta ás inciativas e intervencións nacionalistas.
Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.