
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del PSdeG:
Grupo SocialistaO portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Asuntos Europeos, Pachi Vázquez, acusou ao PP de renunciar ao Plan Junker de estímulo económico porque a súa relixión non llelo permite. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei para que a Xunta se sume a esta iniciativa para mobilizar 300.000 millóns de euros en 3 anos e que foi rexeitada polo PP.
Censurou a tibia acollida do PP a este programa, obsesionado en persistir no austericidio que converte ás vítimas en responsables da crise e aos responsables nos principais beneficiarios. O responsable socialista reclamoulle ao goberno galego que cambie sufrimento por crecemento e comece a senda do estímulo económico e do impulso da creación de emprego.
Advertiu que ou xogamos a participar do futuro ou agardamos a ver qué pillamos cando xa estea todo o pescado vendido e apelou ao sentido común para apoiar esta iniciativa transversal que só tería beneficiarios: os cidadáns deste país.
Sen embargo, lamentou que a relixión do PP lles impida ver mais alá da austeridade nin apoiar unha soa proposta da oposición, xa que, resumiu, aínda que lles propuxera votar que son as 18,22 h. tamén votarían en contra.
O PP rexeitou así pedirlle ao goberno que se dirixa ao Consello Europeo para solicitar unha nova orientación económica baseada fundamentalmente no estímulo do emprego e no crecemento económico, abandonando as políticas dunha suposta austeridade mal entendida e baseada nos recortes sociais.
Pachi Vázquez lembrou ademais que a Xunta vai provocar que os galegos e galegas perdan 421 millóns de euros dos fondos Feder que caducan a 12 de decembro porque non os van executar. Lembrou que a día de hoxe só teñen executado o 65 por cento dos 1.185 millóns de euros dese programa, que deixan escapar por non dar executado miles de millóns.
Así o dixo logo de que o PP anunciara o seu voto en contra de tomar as medidas precisas para que o cen por cen dos fondos europeos destinados á nosa Comunidade sexan investidos e xustificados dentro dos prazos establecidos, garantindo a disposición de crédito suficiente para facer fronte ao cofinanciamento correspondente.
Tamén rexeitaron levar a cabo o control necesario para garantir unha utilización correcta de fondos europeos, poñendo en coñecemento da Oficina Europea de Loita contra a Fraude cantas irregularidades se poidan detectar.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.