Noticias

El CGAI profundiza en la relación entre cine y pintura a través de la muestra O primeiro Picasso

El programa se desarrolla hasta mediados de abril con alrededor de una decena de títulos, a través de los que se proponen diferentes vías de acercamiento al universo pictórico más allá de las películas biográficas más convencionales. Comienza en la sede de la Filmoteca de Galicia con el filme de Orson Welles, Fraude: un falso documental sobre Picasso que narra la historia del falsificador de cuadros Elmyr de Hory.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del CGAI:

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) desenvolve ata mediados de abril o ciclo ‘Cine e pintura’ que, coincidindo coa exposición ‘O primeiro Picasso’ no Museo de Belas Artes da Coruña, busca achegarlles aos espectadores diferentes visións do universo pictórico baixo o prisma cinematográfico. Con tal fin, a filmoteca da Consellería de Cultura e Educación seleccionou unha decena de títulos que propoñen unha reflexión sobre a relación entre estas dúas artes, máis alá das películas biográficas habitualmente asociadas a esta temática.

O especial dará comezo o martes, 10 de marzo, na sede coruñesa do CGAI cunha dobre sesión ás 18.00 e ás 20.30 horas de ‘Fraude’, última película acabada por Orson Welles, na que o director xoga coa ficción e a realidade nunha demostración da natureza manipuladora do cinema. Neste documental arredor do falsificador de cadros Elmyr de Hory e do seu biógrafo, Clifford Irving, autor ademais da fraudulenta biografía de Howard Hughes, insírese un falso documental sobre o propio Pablo Picasso.

Xunto co filme de Orson Welles, que é así mesmo un anticipo da retrospectiva que se lle dedicará en abril ao gran cineasta estadounidense con motivo do centenario do seu nacemento, mañá exhibirase a curtametraxe ‘Lluvia’, asinada en 1961 polo pintor surrealista galego Eugenio Granell nun exercicio que converte cinema e pintura nun todo.

De seguido, o mércores día 11 de marzo, o ciclo programará tamén en sesión dobre (18.00 e 20.45 horas) o filme de Mike Leight ‘Mr. Turner’, que ademais de ofrecer unha biografía do pintor J.M.W. Turner, suxire a través da súa dirección de fotografía unha translación á pantalla da luz do mítico paisaxista inglés. Nesta mesma liña sitúanse outros dous títulos desta escolma: ‘Shirley: visiones de una realidad’ (24 de marzo), onde o realizador austríaco Gustav Deutsch converte os cadros de Edward Hopper en fragmentos da biografía dunha actriz norteamericana, e ‘The Seventh Walk’ (21 de abril), do cineasta indio Amit Dutta, filmado nos mesmos escenarios que serven de inspiración ao pintor Paramjit para procurar equivalencias visuais entre pintura e cinema.

Diferentes son as perspectivas sobre a relación entre estas artes que nos achegan as dúas películas do matrimonio Straub-Huillet que poderán verse no Centro Galego de Artes da Imaxe o 14 de abril. Tanto ‘Cézanne’ como ‘Una visita al Louvre’ parten de textos de Joachim Gasquet, pero mentres a primeira delas se centra no proceso creativo, a segunda detense no acto mesmo de contemplar un cadro pendurado nas paredes dun museo.

Tamén o documental de Frederick Wiseman ‘National Gallery’, programado para o 25 de marzo, se interroga sobre a posición do público e, especialmente, sobre a función dunha grande institución museística na transmisión e difusión das obras do pasado que han de superar a barreira do tempo para seren comprendidas polos espectadores de hoxe en día.

O programa ‘Cine e pintura’ complétase coas dúas sesións do 17 de abril dedicadas ao cineasta norteamericano Stan Brakhage, quen desde primeiros de 2014 vén sendo obxecto de atención continuada por parte do CGAI dentro da sección Desencadres. Desta volta, exhíbense as súas películas pintadas a man, nas que se centrou de maneira significativa durante os últimos quince anos da súa vida.

A programación completa pode consultarse na web www.cgai.org.

R., 2015-03-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma-galicia.jpg) O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
Foto de la tercera plana (womex-2026.jpg) A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.

Notas

A Universidade de Vigo acollerá os días 4, 5 e 6 de novembro a 5th European School on Environmental Applications of Advanced Oxidation Processes (5thEPS-AOPs), un encontro científico internacional que reunirá expertos, persoal investigador, estudantes de doutoramento e representantes do sector empresarial para abordar os últimos avances en tecnoloxías de descontaminación ambiental e tratamento sostible da auga.
A UDC pon en marcha InPacto, unha iniciativa que busca achegar a investigación de excelencia á cidadanía e fortalecer a conexión entre universidade, empresa e sociedade. Este programa reúne por primeira vez nun proxecto común ao persoal investigador Ramón y Cajal (R&C) da UDC para desenvolver unha programación de actividades de divulgación, transferencia de coñecemento e participación social.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES